Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

A Capela, requeixo para comer e cantar

27/8/2023

0 Comentarios

 
XXXIII Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.comFoto
Os visitantes tiveron que facer cola para mercar o requeixo da Capela
​
A.S.Rocha

Pola parte que lle toca ao nome común e ao xentilicio, o requeixo da Capela é produto para comer e para cantar. Para trasfegar -iso si, como mandan os canons do bo gourmet-, un requeixo coma este precisa de culler; e para os que lles vaia o sabor cara a fruición  -que parece que son moitos tamén- o de cantar ten que ser, de sempre e moi natural:  a capela. Con vimbios coma estes  volveu brilar hoxe unha festa con 33 anos vida, que teñen escaparate na Cooperativa do Campo Capela e no concello local. Milleiros de visitantes, arredor de 7.000 racións de beberaxe medio-sólida vendidas  e un mercadiño de 'case todo' complementaron
o  cartel anunciador.

 O pregón foi obra do humorista, monologuista e, en definitiva, artista galego Xan Veiga, un arzuán que fixo unha particular loanza gastronómica do produto anualmente ensalzado. Amagos de choiva incluídos, a presenza de visitantes medrou pola tarde.

E a ameaza de choiva non foi impedimento, segundo Vanesa Seco Franco -administrativa e voceira da Cooperativa do Campo Capela- quen cifra en arredor de 90.000 litros os utilizados mensualmente na produción dos distintos queixos que se ofertan.

Onde mercar

Os queixos da Cooperativa do Campo Capela - a según dos que se trate- pódense atopar no Corte Inglés, en Gadisa ou en Carrefour. O requeixo, en concreto, véndese en Gadis e en Carrefour.

Pero a venda de todos os produtos desta marca, búscase que estean en pequenas tendas que atendan a "filosofía e tradición" da marca, sen esquecer puntos de venda en Madrid ou Valencia, engade Vanesa Seco. Esta marca fai envíos e conta tamén coa atención de venda por internet.

XXXIII Festa do Queixo / queixosdegalicia.comFoto
Un queixo de 20 quilogramos de Campo Capela, para degustar anaquiño a anaquiño
Vanesa Seco / queixosdegalicia.com
Vanesa Seco, de Campo Capela, cifra nunhas 7.000 terrinas a venda de requeixo neste feiral
Xan Veiga / queixosdegalicia.com
O arzúan Xan Veiga, vendeu con esmero o seu amor polo requeixo da Capela
Queixos de Campo Capela / queixosdegalicia.comFoto
A pé de campo, tres das propostas da queixería local, todo en leite crú
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia