Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

En marcha os cursos de análise sensorial dos queixos galegos

9/9/2021

0 Comentarios

 
Análise sensorial dos queixos galegos / queixosdegaliciacom
A catadora Salomé Beiroa nunha das xornadas formativas de análise sesorial dos queixos galegos con DOP
QdeS
Xa se están desenvolvendo as xornadas formativas complementarias sobre a análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP), impartidas pola experta catadora Salomé Beiroa. son catro xornadas formativas dirixidas  a aqueles que  teñen coñecementos na materia. As prazas están cubertas, pero tamén se celebran seis xornadas máis de iniciación para as que aínda se admiten inscricións. A formación é -en todos os casos- gratuíta, e está dirixida ao sector e industria agrogandeiros.
 
A primeira das sesións complementarias celebrouse  xa no Centro de Formación e Expermientación Agroforestal (CFEA), en Sergude, Boqueixón ( A Coruña). A segunda desenvolveuse os  días 6 e 7 de setembro en Vilalba (Lugo). O  13 e 15 deste mes repítese a actividade  en Lamas de Abade (Santiago/A Coruña)  e os días 20 e 22 en Lalín (Pontevedra). O horario é, en todos os casos, de cinco da tarde a nove do serán.
 
Estas catro sesións están dirixidas a aquelas persoas que ou ben cursaron o ano anterior a formación inicial, ou ben xa posúen coñecementos previamente ao curso.
 
O obxectivo desta actividade formativa -que conta con dez sesións (seis de iniciación e catro complementarias)- é  “achegar a industria e o sector agroalimentario a uns produtos excepcionais” como son os queixos galegos con DOP (o queixo San Simón da Costa, o queixo do Cebreiro, o queixo Arzúa-Ulloa e queixo Tetilla).  Son as catro Denominacións coas que conta Galicia en materia queixeira.
 
Prazas libres na formación de iniciación
 
Calquera persoa vinculada ao sector pode inscribirse gratuitamente nas actividades e non só quen se dedica directamente á fabricación de queixos, senón tamén aquelas produtoras e produtores lácteos, comercializadores e outros.
 
Resalta Salomé Beiroa que “malia que o leite chega ás queixerías desde o sector primario, os queixos galegos aínda precisan ser moito máis coñecidos entre as persoas que todos os días abastecen del á industria”.
 
Como xa queda dito, para as catro primeiras xornadas -as de formación complementaria- o prazo está pechado-. Pero queda algunha praza para as de iniciación, para o que é preciso escribir a formacion.queixos@beiroa.org ou ben cubrir o seguinte formulario en liña (https://i.gal/formacionqueixos2021)
 
Nas sesións formativas abórdanse cuestións como a degustación do produto, saber apreciar as súas características ou como dar valor aos parámetros que garanten a súa calidade. Do labor encárgase Salomé Beiroa,  que conta cunha longa traxectoria como catadora destes produtos no Panel de Cata da Xunta de Galicia desde hai 15 anos.
 
Os colaboradores
 
A formación en análise sensorial dos queixos galegos con DOP conta co financiamento de fondos europeos (Feader), da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), así como coa colaboración dos Consellos Reguladores do Queixo do Cebreiro, Queixo Tetilla, Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo San Simón da Costa, entre outras entidades e institucións.
 
0 Comentarios

Arzúa-Ulloa: medrar en tempos de crise

2/9/2021

0 Comentarios

 
Produción do queixo Arzúa-Ulloa /queixosdegalicia.com
Produción do queixo Arzúa-Ulloa (2010-2020) // Fonte: elaboración propia a partir dos datos da Conselleria do Medio Rural
​
QdeG
​

A Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa mantén a consolidación do crecemento da produción dos seus queixos, cun 2,10 por cento máis en 2020 en relación co ano anterior, no que mandou na economía un desconcerto xeral  que en maior ou menor medida chega ata hoxe. Non obstante, "a situación está ben; non hai queixa", segundo o balance resumido do presidente do Consello Regulador da DOP, Xosé Luis Carrera Valín, quen recorda que durante a última década "crecemos un pouco. Estivemos estabilizados un anos pero, precisamente, o ano pasado, que foi o ano da pandemia, medramos".

Xosé Luis Carrera apunta que os produtos de proximidade, como é o caso do Arzúa-Ulloa - chámalle  de proximidade porque este queixo prodúcese en Galicia, onde se vende o  80 por cento do total-, foi ben acollido nunhas circunstancias como as da pandemia. E  aínda que se baixou algo na hostalería, o groso das vendas estivo na relación das familias coas tendas, mercados e supermercados, e "aí,  aumentamos"recalca.

Sobre como vai 2021, sinala que  "está máis tranquilo" e que , non se creceu aínda. Con todo, recoñece que é difícil poder facer balance agora, á metade de ano, no que   "imos por o momento un pouquiño por debaixo do 2020". Haberá que esperar a que remate o 2021. "Pero estamos ben".

O valor económico estimado da produción certificada en 2020 supón un total de 22,65 millóns de euros, fronte aos 21,11 millóns do ano 2019, segundo os datos da Consellería do Medio Rural. A produción pasou dos 3,6 millóns de quilogramos (3.606.707), case 75.000 quilogramos máis que en 2019 (3.523.475),con arredor do 2,1 por cento de crecemento.

Datos da década

Desde 2010, o Arzúa-Ulloa pasou de 3,2 millóns de quilogramos producidos a eses algo máis de 3,6 millóns en 2020. As estimacións reflicten tamén unha valoración económica de vendas crecente,que no período pasou dos 19,22 millóns de euros (2010) aos 22,65 millóns (2020). Neste tempo, as queixerías pasaron de 21 a 19.

Hai que dicir, sen embargo, que en 2011 había 24 fábricas de queixo en produción, que se mantiveron en 2012, para baixar ata as 23 en 2013. A partires desta última referencia, o dente de serra tivo a cota máis elevada nas 22 queixerías de 2015, para ir baixando logo ás 19 do último exercicio pechado. Aínda así, matiza Xosé Luis Carrera que algunha hai que non está producindo neste momento, pero débese a un cambio de titularidade.

En 2020, segundo os datos da DOP Arzúa-Ulloa e da Consellería do Medio Rural, as unidades certificadas pola denominación supuxeron un incremento de máis dun 6,3 por cento sobre o exercicio anterior, con 3.871.000 queixos contraetiquetados.

Se hai un crecemento global na produción do 2,10 por cento e o  número de pezas supón un 6,3 por cento máis, explica o Consello Regulador da DOP que se debe a que funcionou a tendencia das crisis económicas: decantarse pola compra de pezas de menor tamaño e, polo tanto, a un prezo máis acaído.

Pero é significativo que este queixo manteña os seus incrementos ano a ano. Unha razón de peso é, sen dúbida,  que se trata dun producto  de moita calidade e a un bo prezo. Non en balde é a segunda denominación de orixe protexida española que máis vende, despois doutro clásico do  mercado español como é a  DOP Queixo Manchego.
​

Arzúa-Ulloa, valor económico estimado / queixosdegalicia.com
Queixo Arzúa-Ulloa, valor económico estimado // Fonte: elaboración propia a partir dos datos da Consellería do Medio Rural
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia