Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Goente, queixo e mel para 4.000 visitantes

14/10/2019

0 Comentarios

 
Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
O concello estima que os visitantes puideron pasar de 4.000
Despois das horas previas á celebración o pasado domingo da XI Feira do Queixo do Eume e o Mel de Goente -con choivas abundantes durante a madrugada, que afectaron ao pavimento de cemento do  recinto cuberto- á actividade  comercial e a trasfega de visitantes e mercadorías foron xenerosas nas horas previas ao xantar,  e pola tarde. As estimacións, sen afán de ser exhaustivos, poderían estar en máis de 4.000 visitantes, segundo os cálculos aproximados da conselleira delegada especial de Turismo, Comercio e Hostalería do concello das Pontes (A Coruña), Elena López.

Nesta undécima edición, coincidiu a representante municipal coa opinión de boa parte dos vendores: houbo unha maior proxección do feiral, ao quedar libre moito do espazo da carpa, que antes se reservaba na parte central para xantar. O domingo, neste espazo, presentábanse moitas propostas, como as de queixos e meles de diversa procedencia, e máis da metade de trintena de postos de venta que asistiron.

Entre as ofertas da xornada dominical na pontesa parroquia de Goente, trunfou especialmente, a mostra de 'Xantares', con diferentes degustacións, que incluiron unha maridaxe coa única raza autóctona de porco, o celta. Voaron as bandexas coas propostas culinarias a partir de tostas co queixo local -do Eume-, mel de Goente e touciño entrefrebado. E non faltaron 'bolos preñados', amburguesa con queixo do Eume  e carne porco, e sobremesa co requeixo local. E, como sempre, houbo freixós.

Estima Elena López -a partir de datos de 2018, no que se podería  estar a falar de arredor duns 4.000 visitantes-, que tendo en conta a fluencia de xente da mañá do domingo  e das previsións da tarde, o número de asistentes podería ir camiño dos 5.000, pero o tempo tampouco axudou moito despois do xantar.

Entre as novidades, destacou a concelleira de Turismo, Comercio e Hostalería esta mostra de 'Xantares', na que se lle fixeron aos visitantes propostas intesantes, como a maridaxe de produtos co queixo e mel  locais.  A degustación tivo unha excelente acollida e puxéronse en bandexa para os asistentes uns cincocentos pinchos. 
​
Feira do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
Os asistentes degustaron unhas cincocentas tapas con touciño entrefrebado de porco celta e requeixo e mel locais agasallo dos organizadores
0 Comentarios
    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia