Nesta undécima edición, coincidiu a representante municipal coa opinión de boa parte dos vendores: houbo unha maior proxección do feiral, ao quedar libre moito do espazo da carpa, que antes se reservaba na parte central para xantar. O domingo, neste espazo, presentábanse moitas propostas, como as de queixos e meles de diversa procedencia, e máis da metade de trintena de postos de venta que asistiron.
Entre as ofertas da xornada dominical na pontesa parroquia de Goente, trunfou especialmente, a mostra de 'Xantares', con diferentes degustacións, que incluiron unha maridaxe coa única raza autóctona de porco, o celta. Voaron as bandexas coas propostas culinarias a partir de tostas co queixo local -do Eume-, mel de Goente e touciño entrefrebado. E non faltaron 'bolos preñados', amburguesa con queixo do Eume e carne porco, e sobremesa co requeixo local. E, como sempre, houbo freixós.
Estima Elena López -a partir de datos de 2018, no que se podería estar a falar de arredor duns 4.000 visitantes-, que tendo en conta a fluencia de xente da mañá do domingo e das previsións da tarde, o número de asistentes podería ir camiño dos 5.000, pero o tempo tampouco axudou moito despois do xantar.
Entre as novidades, destacou a concelleira de Turismo, Comercio e Hostalería esta mostra de 'Xantares', na que se lle fixeron aos visitantes propostas intesantes, como a maridaxe de produtos co queixo e mel locais. A degustación tivo unha excelente acollida e puxéronse en bandexa para os asistentes uns cincocentos pinchos.