Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixos galegos, sabor do Nadal

26/12/2020

0 Comentarios

 
queixos galegos / quesos gallegos / queixosdegalicia.comImagen
San Simón da Costa, Arzúa -Ulloa, Cebreiro e Tetiila,queixos para este Nadal
​
Gonzalo Soto

Pode que coa chegada do novo ano e coa festividade de Reis toque un cambio de proposta e que suxiramos poñer na cesta das viandas para estas festas tamén uns queixos ecolóxicos, incluídos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Hai moito onde escoller e moito do que poder desfrutar, pero a invitación destes días é a de levar  ás nosas mesas non xa queixos galegos -moitos e moi bos-, senón os que que están acollidos a Galicia Calidade, un selo e unha marca de garantía da Xunta de Galicia con  máis de 120 empresas, máis de 400 produtos amparados e un cuarto de século  percorrido.

En Galicia Calidade hai queixos acollidos das catro denominacións de orixe protexida (DOP) -Cebreiro, Arzúa-Ulla, Tetilla e San Simón da Costa. Sexa cal sexa elección, será boa. Velaquí as propostas.

Arzúa-Ulloa Anzuxao

Trátase dun queixo de pasta branda, de sabor suave e poucos ollos. Atendendo ás demandas dos consumidores, Lácteos Anzuxao  (Lalín,Pontevedra / lacteosanzuxao.com) elabora os seus produtos con menos sal do habitual.O leite de vaca utilizado procede de produtores rexistrados da comarca de Lalín e dáselle prioridade ao gando de pastoreo, o que resalta o fabricante que "non fai máis que darlle valor engadido ao producto final". O resultado son uns queixos cunha cor máis amarela que melloran a súa textura e  seu sabor.

Tanto a cremosidade como a suavidade son dúas das principais características deste queixo, en liña co que esixe a DOP Arzúa-Ulloa. Esas dúas características fan que o produto  sexa do gusto de todo tipo de padales. Xa que logo estamos a falar dunha denominación que, despois da DOP Queixo Manchego, é a que  vende máis en España.

O Arzúa-Ulloa Pazo de Anxuxao ten múltiples recoñecementos e galardóns e, desde finais de 2016, dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta  de Galicia. Esta certificación supón para a queixería lalinense un recoñecemento máis para o seu produto e un plus de prestixo cara ao consumidor. Dese mesmo recoñecemento goza o seu queixo Tetilla.
​
Arzúa-Ulloa de Anzuxao / queixosdegalicia.com
Un bo exemplar de queixo Arzúa-Ulloa da factoría 'Anzuxao'

Tres queixos  Tetilla: Feijoo, Daniberto e Anzuxao


Feijoo.- Desde marzo de 2016, Quesos Feijoo (Celanova, Ourense) ten amparado o seu queixo Tetilla baixo o paraugas de Galicia Calidade, marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración na comunidade autónoma, pola súa materia prima ou deseño galegos, merecen esta distinción, unha vez contrastada mediante os controis establecidos.

É un recoñecemento que a esta empresa lle aporta aspectos tan interesantes como poder contar con clientes en Madrid, Barcelona ou Alacante. O feito de ter este selo oficial da Xunta de Galicia sinala o fabricante que lle dá un "plus" ao seu queixo Tetilla e que aos consumidores "gústalle velo".

Para este Nadal, o queixo Tetilla de Feijoo pode atoparse nos habituais punto de venda e, en todo caso, facendo os pedidos directamente a quesos_feijoo@hotmail.com.
​
Tetiila de Feijoo / queixosdegalicia.com
Desde Celanova, coa factura Feijoo,un queixo Tetiila para disfrutar
​Anzuxao.- O queixo Tetilla de Lácteos Anzuxao    é de pasta cremosa e uniforme, con poucos ollos e sabor lácteo. En liña co resto dos produtos desta queixería, e tamén coas demandas dos consumidores, ten algo menos de sal que a maioría dos queixos do mercado.

Este queixo conta con diversos recoñecementos e premios e,desde finais de 2016, dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta un prestixio cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o produto.

Lácteos Anxuzao é unha empresa que converteu en exelencia a súa venta 'porta a porta'. A actualidade manda, e hai que dicir que o queixo tetilla Pazo de Anzuxao recibiu  o pasado 22 de outubro o galardón acreditativo de Mellor Queixo Madurado de marca de España. Ao certame presentáronse máis de 220 propostas.




Anzuxao, queixo Tetila / queixosdegalicia.com
'Anzuxao' fai tamén un queixo Tetiilla amparado baixo o selo de Galicia Calidade

Daniberto.- A queixería Daniberto (Vilalba, Lugo), que abríu no ano 1992, fai un queixo Tetilla  de leite pasteurizada de vaca, suave,  moi cremoso e cun exquisito sabor que lembra un pouco a manteiga. Este queixo, que acumula recoñecementos,  como o primeiro premio da DOP Tetilla na cata dos queixos e meles de Galicia, ofrécese  nos formatos de 900 e 1.200 gramos.
​
Para esta queixería, como para as restantes de Galicia, é importante darlle saída a moitos dos seus produtos, que quedaron no almacén despois da crise continuada a que, como o resto da economía, se viron sometidas. Esta é unha razón dabondo para que nestas festas se consuman queixos galegos.

Para os que mercar o queixo Tetilla  deste fabricante poidera representar algunha dificultade, sempre poderán atopar resposta en https://www.daniberto.com/tienda/.
Queixo Tetilla Daniberto / queixosdegaicia.comImagen
'Daniberto', un clásico dos queixos San Simón da Costa, elebora tamén un 'Tetilla' incluído en Galicia Calidade

​Dous San Simón: Daniberto e Casleiras

Daniberto.- Quexería Daniberto naceu en 1992. Coa incorporción da segunda xeración ao negocio familar, comezaron a producirse  novos produtos, así como a mellora das instalacións e o incremento da produtividade. Desta factoría sae o seu San Simón (45 días de curación), de aproximadamente un quilogramo, e o 'bufón', duns 800 gramos (30 días de curación).

Está logo o San Simón Reserva, que inclúe modalidades como 'Carmen Chao', 'Monseivane' e 'Vilar de Lagares' todos eles rexistrados na marca Galicia Calidade.

O San Simón da Costa Daniberto afúmase en labras de vidueiro, o que lle dá un característico e diferenciado sabor que, segundo resalta o fabricante, convérteo nun produto "exclusivo"que o diferencia de todos os queixos galegos e, practicamente, de todos os queixos do mundo.

Elabórase con leite de vaca, pasteurizado e pode encontrarse en moitas tendas de Galicia e de España, así como en todo tipo de feiras anuais por todo o territorio español. Tamén pode solicitarse ao propio fabricante (daniberto@daniberto.com), xa que conta cunha tenda virtual plenamente operativa.
Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com
'Daniberto', un San Simón da Costa acollido en Galicia Calidade

​Casleiras.- Sen desmerecer a outros fabricantes, Casleiras é outra das queixerías chairegas que elabora un San Simón codiciado por moitos consumidores. Trátase dun queixo curado, con matices a manteiga, abelá e co característico toque do fume. A maduración parte dun mínimo de 45 días, no formato grande, que se reduce a 30 días no caso do pequeno (bufón).

Casleiras (casleiras.com)  garantiza unha curación mínima destes queixos que, de feito, duplica a estipulada polo Consello Regulador da DOP San Simón da Costa. Conta con laboratorios propios  para someter aos seus queixos a controis nas distintas etapas de elaboración. E está baixo a supervisión de Galicia Calidade, marca que certifica a calidade do produto. 

Trátase da primeira queixería de Galicia en conseguir o selo de Galicia Calidade, recoñecemento que ten unha especial forza nas vendas cara ao exterior, sen esquecer o apoio recibido en todo o relacionado coa promoción.

Non fai falla abundar nos galardóns deste queixo que, como no resto dos da DOP, conta cun amplo abano de recoñecementos. O máis importante: a medalla de ouro, en 2012, na Word Cheasse Awards.
Queixería Casleiras / queixosdegalicia.com
'Casleiras' é o primeiro queixo incluído no selo Galicia Calidade
​
​Un Cebreiro: Santo André

Queixo fresco, queixo curado.- O fresco da DOP Queixo Cebreiro de Santo André, de fabricación natural, está listo para o consumo ás poucas horas do proceso de elaboración. Non se utiliza ningún tipo de aditivo nin conservante e preséntase en unidades etiquedas, cunha contraetiqueta na que se fai referencia a súa condición de Denominación de Orixe Protexida.

O proceso de fabricación do queixo curado desta fábrica lucense está contemplado igualmente pola denominación, que fixa un tempo mínimo de maduración de 50 días (Santo André chega ata os 70 días). O resultado é un produto dunha gran aceptación, que se vende por pezas ou en cuñas, cun sabor e singularidades especiais que, segundo os padales, dalle valor engadido ao fresco, xa de seu un queixo moi especial.

O 'Santo André', como os dos outros tres fabricantes acollidos actualmente a DOP Queixo Cebreiro (Castelo, Marqués de Cernadas e Queixos Fonchave) elabórase con leite pasteurizado de vaca. Ten unha feitura fácil de distinguir, semellante á dalgúns fungos ou á do tradicional gorro de cociñeiro, de formato cilíndrico e a parte superior máis ancha. Trátase dun queixo brando, de pasta branca e granulada, que no caso do curado que elabora 'Santo André' precisa -por esixencias da DOP- ese mínimo de 50 días madurando. Ese tempo de espera paga a pena.
Bo Nadal.

Queixería Santo André / queixosdegalicia.com
'Santo André' é a última queixería en incorporarse a Galicia Calidade
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia