Das 66 mostras participantes, 27 corresponden á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa (18 de queixo fresco e 9 de queixo curado 9), outras 24 pertencen a DOP Queixo Tetilla; dez son da Denominación de Orixe San Simón da Costa e cinco da DOP Cebreiro.
Segundo informou a Conselleria do Medio Rural, o panel de catadores está composto por expertos en análise sensorial como o persoal do Panel de Cata dos Queixos de Galicia, mestres de hostalería, recoñecidos escritores expertos en gastronomía como Xosé Manuel García, director do programa 'Come e Fala' da Radio Galega; blogueiros como Alfonso López Alonso, de 'Cocina de Rechupete'; cociñeiros de recoñecido prestixio, como os chefs dos restaurantes Casa Solla, Pepe Solla, e A Quinta da Auga, Federico López Arcay, e outros colaboradores.
A cata dos queixos comeza o luns pola tarde, coa coa selección dos queixos das DOP Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla, e remata coa cata final dos queixos o martes pola mañá.
Cata dos Meles
Cada ano, igualmente por estas datas, Medio Rural convoca tamén a Cata dos Meles de Galicia, que entra neste caso na súa decimoquinta edición, e que dará comezo igualmente o luns, no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Son en total 29 as mostras que concurren.
clic aquí para editar.