Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Lácteos Anzuxao, o segredo da venda directa 

8/12/2015

0 Comentarios

 
Pazo de Anzuxao / queixosdegalicia.com
Os fins de semana son numerosas as persoas que se achegan de visita ao Pazo de Anzuxao
Que non che poida nunca o desánimo. Ese tivo que ser o cerne da idea comercial inicial que levou ata hoxe á fábrica de queixos Lácteos Anzuxao (Madriñán/Lalín/Pontevedra). A venda directa, ao consumidor final, nos primeiros momentos, desanima, e fai falla unha boa dose de perseverancia e ganas de saír adiante para trunfar.

Antano como hoxe en día, a empresa utiliza a venda porta a porta con notable éxito. Pero non foi algo elixido, senón por que as circunstancias obrigaron a iso. "nós pechamos a fábrica dúas veces, unha por falta de pago de clientes, sobre todo un que tiñamos en Ferrol, e outra cando Sanidade quería  que fixeramos obras estructurais na fábrica, cando fora para o selo de homologación do ano 1991", lembra Javier Sampayo, xerente-administrador de Lácteos Anzuxao.

Entre que a xente non pagaba e verse na obrigación de pagar as obras esixidas por Sanidade, as dificultades medraron, "éranos imposible".  Pero, ao final, fixéronse as obras a xente soubo esperar e foise pagando o adebedado. "Entón empezamos a fabricar e o meu irman tiña on coche pequeño e empezou a ir polas aldeas", lembra Javier Sampayo.

Primeiro foi un coche, logo "unha furgonetiña pequeña". Pero claro, vender non é doado e, moitas veces, saes e  tan só vendes corenta ou cincuenta quilogramos.  E sobre todo, ao empezar, desanímaste moito, porque  un día podes vir con seis ou sete euros en vendas. "Pero ao final as contas saen, e "véndese moito". O que non quita que en ocasións "teñamos que facer case de psicólogos" cado empeza a vender a xente nova, "porque desenímase moito", sinala o xerente-administrador de Lácteos Anxuzao.

Organización, calidade e clientes
Pero para manter o fluxo de vendas sen que decaia, é precisa moita organización. A empresa ten actualmente unha frota de dez coches que recorren diariamente Galicia para vender a ampla gama de produtos de Lácteos Anzuxao. E hai dous coches parados, preparados para a venta, e una persoa disposta permanentemente por se falta algún vendedor, por enfermidade ou calquera outra causa. "Ese rapaz sabe o reparto deses dez vendedores, cando son as vacacións, etcétera".

En todo este proceso, o fundamental, é a calidade do leite, segundo asegura Javier Sampayo, que se serve de primeiros compradores que, a súa vez, adquírenllo aos gandeiros. Isto é así porque diante de festivos ou vacacións, a fábrica pode facer unha programación semanal, evitando ter que recoller leite durante os fin de semana, que é cando manteñen a pleno redimento outro dos seus grandes activos, a tenda instalada no propio pazo de Anzuxao.

Logo están os clientes, que non soen ser ocasionais e desde logo, anónimos. A opinión dos compradores é "a máis importante de todas", porque sen eles e sen coñecer o que pensan dos produtos que lles ofrece Lácteos Anxuzao,  os produtos "quedarían por aí, e vendería queixos cun ano de maduración, se é que os vendo", sentencia. Sampayo asegura valorar sempre as críticas construtivas, positivas ou non, "tendando corrixir os fallos que poideran xurdir".

Produtos
Esta empresa, que se puxo en marcha no ano 1969, baixo as directrices de Josefina Menéndez, a nai do actual xestor e auténtica aglutinadora do proxecto,  comezou traballando con leite cru. En 1982 iniciou a pasteurización, mellorando pouco a poco o proceso, ata chegar ao día de hoxe, "en que todo está actualizado". O resultado son múltiples productos entre os que se atopan queixos das denominacións de orixe protexida Arzúa-Ulla e Tetilla, queixo maduro, queixo semigraso, queixo tipo país e, desde fai arredor de tres anos, o requeixo.

A tenda
Houbo un tempo no que na tenda de Lácteos Anxuzao, os visitantes, que se contan por fins de semana e autobuses, eran compradores nun 90% dos casos. Aínda hoxe en día, preto da metade termina por mercar algún produto.  A semana pasada, sen ir máis lonxe, achegáronse pola mañá tres autobuses con excursionistas que veñen non so a degustar ou comprar o queixo, senón a dar un paseo arredor do pazo, a ver a súa fermosa capela ou coñecer outros atractivos que alí se ofrecen.

Galicia Calidade
Lácteos Anzuxao, que procesa mensualmente uns 150.000 litros de leite, que se traducen nuns 17.000 queixos, é membro do selo Galicia Calidade, que distingue aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan tal distinción, unha vez contrastada a súa calidade mediante as autidorías de control.

Anzuxao, que polas ventas que fai paga anualmente arredor duns cinco centos euros como asociado, sinala que ademais dunha auditoría interna, Galicia Calidade aporta "moitísima publiciade", cunha interesante promoción que dá a coñecer os seus produtos de cara a novos potenciais clientes, reforzando ademais a súa imaxe para os que xa os coñecen. 
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia