Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Daniberto, Bo Queixo, Barral, Don Crisanto e Castelo gañan a Cata

16/12/2015

0 Comentarios

 
XVIII Cata dos Queixos de Galicia /queixosdegalicia.com
A conselleira do Medio rural presidiu a entrega dos premios da Cata de Queixos de Galicia 2015
​As marcas Daniberto (Tetilla) , Bo Queixo (Arzúa-Ulloa), Barral (Arzúa-Ulloa curado), Don Crisanto (San Simón da Costa) e 'Castelo' (Cebreiro) foron as gañadoras da XVIII Cata dos Queixos de Galicia. Os galardóns entregáronse hoxe en Santiago, nun acto que estivo presidido pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Na súa intervención, a titular de Medio Rural, destacou os datos de facturación das 72 queixerías galegas amparadas baixo os consellos reguladores, que produciron en 2014 máis de 5.000 toneladas de queixo, cun valor económico estimado de máis de 31 millóns de euros.

No acto entregáronse tamén os premios da XIV Cata dos Meles de Galicia, un producto que rexistrou o ano pasado unha produción amparada pola Indicación Xeográfica Protexida superior aos dous millóns de euros.
Ángeles Vázquez sinalou que “dende a Xunta traballamos para aumentar o valor engadido dos nosos produtos facilitando a súa capacidade de exportación”. 

​Engadiu que, para iso, “estamos a contribuír na organización colectiva dos agricultores, incentivando a relación territorial da produción, transformación e comercialización dos produtos agrícolas, particularmente a través da promoción de cadeas curtas de comercialización e do apoio á investigación, innovación e desenvolvemento de novos produtos agroalimentarios”.

Prestixo, dificultades e carencias
Recoñeceu que malia o prestixo que teñen os produtos galegos nos mercados e entre os consumidores, o sector produtor agrario ten importantes carencias e dificultades estruturais que lles dificulta o acceso aos mercados”. Dixo ademais que  a pequena dimensión empresarial e a falta de integración son os factores que máis limitan o seu acceso aos mercados nacionais e internacionais dunha forma competitiva. "Por iso, é fundamental desenvolver actuacións para promover a comercialización dos produtos agroalimentarios galegos”, argumentou.

Nesta liña, asegurou a conselleira que se lle vai dar máis pulo ao Plan especial de promoción agroalimentaria para acometer as accións promocionais directamente executadas pola Consellería do Medio Rural, como campañas publicitarias, asistencia a feiras, organización de distintos eventos como catas de viños, de augardentes, de queixos, etcétera, e tamén as que realizan directamente tanto os Consellos Reguladores como as asociacións sectoriais.

Na cata de queixos da presente edición participaron 68 mostras, nove máis que na edición de 2014. Das 68 mostras, 28 corresponderon á Denominación de Orixe Protexida Queixo (DOP) de Tetilla, outras 28 á DOP Arzúa-Ulloa, nove á DOP San Simón da Costa e tres á DOP Cebreiro.


RELACIÓN DOS PREMIADOS
 
XVIII CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA – 2015
 
D.O.P. QUEIXO TETILLA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DANIBERTO” – Daniberto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “TERRA DE MELIDE”– Lácteos Terra de Melide, S.L. (Melide – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino - A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “MOECHE” – Lácteos de Moeche, S.L. (Moeche - A Coruña)
 
 
D.O.P. ARZÚA-ULLOA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino - A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “PAZO ANZUXAO” – Lácteos Anzuxao, S.L. (Lalín - Pontevedra)
4º POSTO E DIPLOMA: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “ARQUESÁN”– Agro Despensa, S.L. (Touro – A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “ARTELAC” – Antonio Ferreiro Ferreiro (Antas de Ulla – Lugo)
 
D.O.P. ARZÚA-ULLOA CURADO
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARRAL” – Queixería Barral, S.L. (Arzúa – A Coruña)
 
D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DON CRISANTO” – Crisanto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “PRESTES” – Queixería Prestes, S.L. (Vilalba – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “CASLEIRAS” – Queixería Cas Leiras, S.L. (Vilalba – Lugo)
 
D.O.P.CEBREIRO
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “CASTELO” – Castelo de Brañas, S.L. (Pedrafita do Cebreiro – Lugo)
 
 XIV CATA DOS MELES DE GALICIA 2015
 
CATEGORÍA A: MELES MONOFLORAIS
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
 
CATEGORÍA B: MELES MULTIFLORAIS
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARBANZA MEL” Abelleiros Fidosa, S.L. (Porto do Son - A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “O TROBO MEL DO VALADOURO” – María Fe Sixto Pernas (O Valadouro – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “MEL DE MONFERO” Josefa María Durán Casal (Monfero - A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “MEL O TESTEIRO” – María Munín Taboada (Lalín - Pontevedra)
5º POSTO E DIPLOMA: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
6º POSTO E DIPLOMA: “MEL DO SALDOIRO” – Antonio Gómez Tapia (Lalín - Pontevedra)

0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia