O galardón recoñece, entre outros valores, que un grupo de produtores fosen quen, hai un cuarto de século, de recuperar este produto, cuxo recoñecemento non fai agora máis que medrar.
Para pór en valor un novo ano este queixo da Terra Chá, o sábado 4 de abril, ábrese o feiral, ás 11 da mañá, permitindo aos visitantes disfrutar dos productos artesanais e gastronómicos da contorna.
Ás cinco da tarde, a concursante do 'Master Chef Junior' fará un taller de cociña para nenos, na Praza da Constitución, previa inscrición o mesmo día, unha hora antes.
O pregón correrá a cargo da concursante de 'Top Chef' Inés Abril, ás sete da tarde. Posteriormente farase a entrega dos premios aos gañadores do VIII Concurso de Tapas, así como aos gañadores do V Concurso de Carteis.
O domingo, o recinto feiral estará aberto das dez da mañá ás tres da tarde.