Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Goente pecha este domingo as feiras dos queixos galegos

7/10/2023

0 Comentarios

 
Feira do Queixo de Goente / queixosdegalicia.com
A feira celebra este ano o 20 aniversario da Casa do Mel
Foto
O encontro abre as súas portas ás 10 da mañá

​G.S. Lourido

Do mesmo xeito que o Queixo Arzúa-Ulloa abre  no  mes de marzo de cada ano as festas de promoción dos queixos galegos, o concello coruñés de As Pontes de García Rodríguez  pecha na parroquia de Goente as feiras galegas de exaltación do produto. E tócalle este domingo, 8 de outubro. Falamos da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente.

Haberá moitos e variados queixos da comarca coruñesa do Eume e doutros lugares de Galicia, e meles  de inmellorable factura, capaces de maridar e seguir dándolle título conxunto ao evento, que entra este ano na súa décimo terceira edición. Desta volta hai un recoñecemento especial  para a Casa do Mel, que cumpre o seu 20 aniversario.

Tempo de celebracións gastronómicas

Segue a ser tempo de celebración gastronómicas en Galicia, pois, nestes días florecen festas como a do Marisco do Grove  ou a lucense de San Froilán. No propio concello de As Pontes, traballan este mes mes na exaltación  e degustación dos cogomelos, de gran  proxección tamén no concello. E non faltaron o ano pasado en Goente algúns cogomelos da tempada outonal, como cantarelos e níscaros, procedentes de terras lucenses.

Promoción de queixo e mel

O encontro deste domingo en Goente  ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa, así como dinamizar o sector primario. Abrirá as súas portas ás 10 da mañá, coa venda de mel, queixos e artesanía. 

A partir das 12 celebraranse dous talleres -un obradoiro infantil de cociña e outro de hortos para abellas- que terán continuidade a partir das catro da tarde. 

Ás 12,30 comezará unha degustación de petiscos co queixo e o mel locais como protagonistas. E non faltará un servizo de comida, un espectáculo de zancudos e de malabares, así como outras propostas xa  habituais.  

O feiral pechará ás sete e media da tarde.
​

Queixos Brigantia / queixosdegalicia.com
Queixos Brigantia, un clásico do feiral cunha ampla e variada gama de produtos propios, en 2019

Queixerías do Eume / queixosdegalicia.com
Queixerías do Eume, directo inspirador desta festa, reparte requeixo e queixos propios de diversa factura e con premios como a' World Chesse Awards'

Queixería Don Gabino / queixosdegalicia.com
A Queixería vilalbesa don Gabino, repartindo en 2019 os seus mellores produtos, entre eles un San Simón da Costa

0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia