Mikel López Iturriaga, xornalista gastronómico e director de El Comidista
A.S.Rocha
Mikel López Iturriaga rí con ganas varias veces nesta entrevista, a primeira cando sitúo erróneamente o seu domicilio en Madrid en lugar de en Barcelona e, a segunda, cando lle pregunto por canto lle vai durar a 'colección' de pezas coas que foron agasallados os participantes na Cata dos Queixos de Galicia 2023. Amante dos queixos, ten polo do Cebreiro unha especial debilidade e sabe ben onde chamar para repoñer existencias. Mikel López, que en materia gastronómica toca todos os paus, valora a súa experiencia como catador -a primeira- en Galicia como moi boa e asegura que aprendeu moito.
PREGUNTA.- Acaba de participar como xurado na Cata dos Queixos de Galicia. Cómo foi a experiencia?
RESPOSTA.- Voume cunha impresión moi boa, a verdade. Paréceme que o nivel é moi alto. É un tópico que sempre se dá en todas as catas e sempre que es xurado de algo dise que é moi difícil elixir. Pero foi moi difícil, porque eu creo que no nivel medio de calidade era bastante alto. As diferencias eran moi sutís, máis case de gusto persoal que de técnicas, ou iso me pareceu a min.
P.- Xa coñecía os queixos galegos, claro…
R.- Coñézoos porque en El Comidista viñemos facer reportaxes. O ano pasado, en concreto, estivemos facendo unha reportaxe sobre o queixo Arzúa-Ulloa. Tamén teño moito contacto cunha tenda de produtos galegos en Barcelona, que se chama Ego Galego, e aí fornézome moitas veces de queixos galegos. Eu creo que os coñezo razoablemente ben.
P.- Cal é das catro denominacións de orixe protexida a que lle gusta máis?
R.- Home, eu teño un cariño especial polo queixo Cebreiro, que me parece moi especial. É un queixo moi distinto, único en España e paréceme que funciona moi ben na cociña. É moi doado integralo nos pratos. Ademais de que estea moi ben só, eu mércoo con certa regularidade e úsoo moitísimo na cociña. Vale para todo, póñasllo ao que llo poñas, vaiche mellorar o prato. Os outros tamén me gustan. O que menos coñecía era o San Simón, que provei algunha vez, pero estaba menos familiarizado con el e, a verdede, é que me gustou. Non son moito de queixos afumados pero gustoume, porque ten un punto de afumado bastante sutil e coido que a partir de agora vouno consumir máis.
P.- Da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo do Cebreiro, coñece o curado?
R.- Si, coñezo o curado. Mandáronmo e gustoume, pero paréceme máis interesante o fresco.
P.- A DOP Arzúa-Ulloa é a segunda española por vendas, despois da do queixo manchego, con todo, o formato empresarial é aquí de fábricas pequenas, con moitas propostas. Pode que menos cantidade supoña un plus de calidade do produto…
R.- Esa é a sensación que teño, que en Galicia conserváronse as formas de artesanais de facer queixo, mentres que noutras partes de España, denominacións muy populares quizais se industrializaron máis, e aquí atópanse moitas marcas, marcas pequeniñas, cada unha coa súa forma de facer…, non sei, penso que é especialmente interesante o queixo galego quizais por iso.
Queixos moi interesantes que non están en denominacións de orixe
P.- Pero non todo son denominacións de orixe en Galicia, hai estimacións que falan de que dúas terceiras partes do queixo que se elabora está fóra delas…
R.- Eu creo que hai queixos moi interesantes que non están en denominacións de orixe. Unha denominación de orixe é unha garantía de que o queixo vai cumprir certas condicións pero tamén, dalgunha maneira, uniformiza un pouco os queixos e todo tipo de produtos. Teñen unha parte boa e outra quizais é menos boa, pero hai queixos que non teñen DO que son fantásticos, tan bos como os que a teñen.
P.- Canto lle van durar os queixos que lle regalaron na cata?
R.- Coido que os meus amigos van estar dabondo surtidos…; non, non, a ver!, eu cuando teño queixos doulle bastante forte. Non me soe sobrar, pero déronme tanto que terei que repartir.
P.- É a primeira vez que participa nunha cata?.
R.- Si, é a primeira, e a verdade é que aprendín moito.