Lito Andión, xerente de Hoxe Sociedade Cooperativa Galega
A.S.Rocha
Baixo as Denominacións de Orixe Protexida (DOP) hai moitos e moi bos produtos, e iso non é menos certo no caso dos queixos. Pero non se pode esquecer que dúas terceiras partes do queixo que se fabrica en Galicia están fóra das denominacións. E son igualmente bos, e gozan do recoñecemento dos consumidores. E como hai que adaptarse a quen merca o produto, se se pide, por exemplo, queixo de barra, en lonchas, haberá que facelo. Pero iso si, con leite galego, e xerando riqueza na comunidade autónoma. Esta é unha mensaxe que lanza Lito Andión, xerente de Hoxe Sociedade Cooperativa Galega (Lalín / Pontevedra) , convencido de que coa materia prima da que dispoñemos habería que remediar que de fóra veñan vender queixo que se fai aquí.
Temos en Galicia queixos especiais, distintos, moi bos, pero o queixo en lonchas é o rei…
O queixo de barra é, efectivamente, o que máis se vende. A min preocúpame moito que o queixo co que se fan os emparedados, que se pode producir e se produce en Galicia, estea algo de lado, porque están entrando todas as semanas trailers de queixos de importanción. E iso é algo que tiñamos que aproveitar nós, transformando o leite galego. No fai falta exportar, o leite témolo aquí. E veñen de fóra vender ese tipo de queixo, e nós non somos capaces de facelo. As veces din: exportades?, pero se non somos capaces de vender o queixo que demanda o mercado aquí, como se pode falar de exportar…?
Os queixos galegos que se fan nas DOP son para moitos fabricantes os que mais venden…
Nós temos dous queixos baixo denominación, o Tetilla e o Arzúa-Ulloa, pero o queixo que máis vendemos non ten denominación, por que é o que demanda o mercado, un queixo cremoso e brando.
Denominación e prezo van aparellados?
Que un queixo teña denominación non leva aparellado que poida ser máis caro. Ese é outro dos problemas deste sector. Poidera pensarse que estou falando en contra das denominacións, non, todo o contrario. O que quero dicir é que, ás veces, por parte da Administración, dase a entender que en Galicia so hai catro queixos. E iso é irreal.
Vostede mantén unha certa postura crítica sobre a marca Galicia Calidade, por que?
A miña forma de pensar é que a marca Galicia Calidade ten moita visibilidade, e dalle un plus ao produto fóra de Galicia. Dentro do país, Galicia Calidade non é tan valorada. Ademais, hai outra cousa, Galicia Calidade entra un pouco en contradición coas denominacións de orixe por que fala de darche o seu selo pero para un produto con DO. Pero, claro, para un producto con DO tampouco fai falla Galicia Calidade.
Poderíase estar a falar, entón, dunha duha duplicidade, aínda que iso non sexa malo?
Efectivamente.
Controles rigurosos, auditorías, iso cada vez é máis importante para avanzar na excelencia do produto…
Si, pero iso témolo case todos. As denominacións tamén pasan por eses procesos, ao mellor mais rigorosos que os de Galicia Calidade. Entendo que hai unha certa duplicidade, aínda que Galicia Calidade depende da Consellería de Industria e as denominacións son cousa de Medio Rural.
A min, Galicia Calidade interesaríame se se dirixira non só a productos con DO, senón tamen aos que cumpriran os estándares de calidade. Estou dentro se teño calidade, pero se falamos de que só podemos etiquetar produtos con Galicia Calidade con denominación de orixe, non me interesa.
Cré que é algo que ten que cambiar?
Eu creo que si.
Eses dous terzos da produción queixeira galega que non están nas DOP, ´perden, entón, moitas oportunidades?
Estamos perdendo esa produción, que están collendo, moitas veces, empresas que veñen de fóra, importadores de queixo.
Nos prezos, axustados, algunha ventaxa haberá para os queixos galegos?
Os prezos dos queixos galegos, comparados con outras comunidades autónomas, con outros países, son moi económicos. Incluso, ás veces, parece que son ata demasiado baratos. Pero si é certo que o mercado é o que decide, ao final, o prezo. Se hai moita máis demanda que consumo, os prezos, as veces, tirámolos nós mesmos abaixo. E ese é outro dos problemas que temos en Galicia neste sector.
Hai unha cultura do queixo galego, por exemplo, no impulso do seu consumo nos centros educativos?
Creo que é unha asignatura pendente. Por un lado, a Administración debería facer iso, o labor da promoción, xa que se queremos que o sector leiteiro e o sector de produtos lácteos sexan importantes en Galicia, xa que o da produción de leite o é, que o sexa tamén o de produtos lácteos. Entón, habería que impulsar a promoción do queixo entre os nenos. No que se refire a 'Hoxe', nós estamos facendo obradoiros nos supermercados. Por exemplo, se nos chama o Eroski de Arteixo, imos alí e facemos un obradoiro de queixo para os meis pequenos. Porque moitos nenos descoñecen en parte de onde sai o leite, en liña con aquilo de que sai do cartón… E iso fácemolo nós de xeito individual, sen ningún tipo de axuda da Administración.
E os Consellos de Denominación de Orixe Protexida, e eu formo parte de dúas, dedicamos pouco tempo a iso. Dedicamos moito á comercialización ao valo publicitario, ao camión, á publicidade en prensa, e non dedicamos ese tipo de traballos na educación. Habería que concertar coas escolas ese tipo de ensinanzas para nenos.
Outra cousa que vexo que é unha asignatura pendente é que á hora de buscar técnicos queixeiros resulta que non os temos. E iso por que non temos unha formación regrada en Galicia. Se pretendemos ser unha potencia no sector lácteo, no sector queixeiro, temos, dalgunha maneira, que enseñarlle á xente o que é ser queixeiro e eses postos que a industria demanda e que non atopa.
O producto está; falta agora afondar en todo o que o complementa e enriquece, incluído o persoal especializado para ir a obxectivos novos?
Temos unha demanda de queixeiros que non é normal. Abriuse en Zamora a Escola Nacional de Queixeiros. Pero como se abre en Zamora? A Xunta fixo algo para abrir aquí algo parecido? Por que aquí tamén necesitamos iso. Non se trata dunha crítica sen máis, sería algo bo que aquí se fixera tamén.
No que se refire a 'Hoxe', cal e o balance destes últimos anos?
Levamos catro ou cinco anos mantendo a produción e estamos facendo algúns produtos novos. O que buscamos e lograr produtos máis competitivos, para que os custos sexan máis reducidos, por que, como falamos, ao non poder subir prezos no mercado, temos que reducir custos. A queixería está ben.
E o sector?
Estivo peor. Parece que se empeza a visibilizar o sector, que ten moita potencia, pero que hai que apoiar. E iso, significa buscar respostas para facer fronte a ese queixo que está vindo de fóra en grandes cantidades, por coste ou polo que sexa. Está entrando queixo a tres euros, cando aquí, tres euros non pagan a materia prima, e un quilogramo de queixo leva dez litros de leite e se o pagas a 30 céntimos máis recollida, xa tes os tres euros. Como está entrando ese queixo de importanción aquí? Por que non se fai un control dese tipo de produto? Ou é que están desviando produto de países como Alemaña ou Polonia e están a reventarnos o mercado, a través de importadores nacionais, que moitos deles están en Galicia. Entran trailers de queixo todas as semanas.