Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Conchy': a maxia do leite crú

17/5/2024

0 Comentarios

 

Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.com
César Modia -na feira do Queixo de Friol e Pan de Ousa- na compaña da súa avoa, Carme Corredoira

Antonio S. Rocha

​
No ano 2013, xusto cando lles chegou o rexistro sanitario, púxose en marcha en Friol (Lugo) Queixos Conchy,  despois de que en 2012, César Modia Lage rematase os seus estudos. Era delineante, pero como non tiña traballo daquela é o país andaba en crise, apostou coa súa familia por montar a queixería da que é hoxe copropietario, xunto coa súa irmá, Gemma Modia. Para o proxecto había unha base prometedora: a granxa familar que daquela atendía a súa nai.  Por entón, os seus produtos do campo xa chegaban aos consumidores de Ponferrada. Hoxe, Lácteos Conchy segue a ser un pequeño produtor, de xeitos tradicionais, que ofrece os sabores, recendos e suxestións do leite natural, crú, que non precisan de moita publicidade; se acaso, para os consumidores,  só da fortuna de telos preto, aínda que diso xa se ocupa Internet.

Pero, moito antes da fábrica, a aposta polos recoñecidos queixos do municipio de Friol era xa tradición, e a avoa de César, Carme Corredoira, non faltou, en 2003, á primeira edición da Feira do Queixo local. Carme sempre traballou o lácteo sobrante na casa e acudía  daquela a cada certame con oitenta ou cen pezas, dependendo de como fora o ano e de como puidera ir acumulando materia prima para a ocasión.

Coa receita da avoa, en anos sucesivos, a familia seguiu coa tradición e facendo os queixos a vella usanza. E naquelas rúas e na praza da vila friolsense, ían e viñan nas cestas dos produtores e nas dos particulares cara a casa as mellores pezas. Queixos frescos 'blancuzcos', que sabían a rabiar. Outros máis curados, cunha amalgama de sabores máis sólidos e, os macizos -por ben curados e compactos- capaces de rebosar por momentos a pituitaria e afinar intensamente os padais.

Xacando -nos anos laborais da avoa Carme- celebrábase a feira do 4 e do 21 de cada mes en Friol. As queixeiras ían vender á praza. Pero como a feira do 21 de cada mes (ou do domingo máis preto do día 21) non tiña éxito, acabou por perderse. E quedou a do 4.

Analizada a situación, e como o que se quería por en valor era aquel queixo tradicional que facían as mulleres do concello -sendo  alcalde Antonio Muíña-  foi cando se fundou a Feira do Queixo.

O gran sabor do crú

Desde 2013, pasaron moitas cousas. "En principio foi tempo de contacto", sinala César Modia. "Temos leite crú, e somos tres en España os que o vendemos;  e empezamos a comercializalo en Madrid. E veu a pandemia, foi a enfermidade de meu pai…, e paralizouse todo un pouco", lamenta.

Pero coa pandemia, Quexería Conchy abriu unha páxina web. "Agora vendemos en Portugal, en Marbella, en Málaga, en Barcelona..., e en calquera sitio de España; chámante e ao día seguinte saben que teñen o produto alí",  sinala César Modia.

Leitería-Queixería Conchy  produce na granxa uns 2.000 litros de leite diarios, dos que se utilizan entre un 60 e un 75 por cento para fabricar queixo. A produción, aventurando un  pouco, podería quedar nuns cincocentos quilogramos á semana. No tempo do chamado 'queixo de nabiza', sempre se producíu un pouco máis cara á feira. É en Lugo, por exemplo, saben que sempre teñen máis vendas ata que remata o curso escolar.

Leite de Friol para España

No que se refire á produción de leite, da que se reserva para a venda directa,  entre o 80 por cento e o 90 por cento vai fóra de Galicia. O leite crú gusta moito e, pedido a pedido, o produto sai a través dunha empresa de distribución que o entrega puntualmente en cada domicilio.

Por poñer un exemplo: un xinnasio de Xixón recibe cada semana un pedido de catro litros de leite. "Pídenmo o xoves e venres xa está alí", sinala César Modia. 'Conchy' vende este produto ao mesmo prezo que na queixería, pero o porte págao o cliente; e o sistema funciona.

Outro exemplo -neste caso en Galicia- son os quince litros de leite que lle envía a un cliente cada mes. O custo do transporte é, obviamente, menor que se se mandase a Madrid.

E para moitos galegos que queiran mercar este leite, en Galicia pódeno facer en Gadis, onde envían o produto, como mínimo, semanalmente.

Lémbrase que en España non hai practicamente quen teña aberto este mercado: "somos dous ou tres, non hai máis" reitera César.

O leite natural, crú, coñécese e valórase cada vez máis. "¡Que pasa!, que non se pide leite para un mes enteiro. Tes que collelo para a semana", argumenta, lembrando que "hai moita xente que o conxela, que o ferve…".

Os queixos

Esta fábrica ofrece queixo fresco, queixo cremoso ou madurado (de cinco, dez, quince días)  ou dun mes, que xa sería "madurado, madurado". E está logo o leite crú.

O queixo fresco destes artesáns friolenses prepárase en tres formatos: un quilogramo e medio, un quilogramo e medio quilogramo. Védense a uns prezos moi competitivos dada a calidade do produto.

Estes produtos pódense adquirir  na referida cadea de supermercados na provincia de Lugo
-salvo na zona da costa, á que se pretende chegar este verán-, xunto coas comarcas do Eume e do Ortegal, na Coruña. Xa está tamén nas zonas de Oleiros e Sada  ou na de Betanzos.

En todo caso, para os amantes destes queixos, é doado pedilos a través da  páxina web desta queixería.
​
'Conchy' ten en produción  actualmente 55 vacas. O obxectivo inmediato é remodelar a granxa e, no futuro, a queixería, para incrementar a produción.   Ten en mente tamén fabricar un queixo curado, típico de Friol, pero feito "ao modo de Carme", di con satisfacción César Modia. 


Queixería Conchy / queixosdegalicia.com
Queixos frescos e outros con algúns días máis de curación de 'Conchy', na feira de 2024

Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá / queixosdegalicia.comFoto
Inicialmente, a queixería levaba á feira un cento de queixos. Hoxe, son moitos centos e a demanda moi ampla

Queixería Conchy / queixosdegalicia.com
Tradición e calidade son os reclamos desta fábrica queixeira lucense de Friol
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Junio 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia