Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

"O leite ten que ter un valor digno"

12/2/2023

0 Comentarios

 

Daniel Pérez Pérez, presidente da DOP San Simón da Costa e responsable da Queixería Daniberto

Foto
Daniel Pérez, recilbiu unha medalla de bronce polo seu Tetilla na última Cata de Queixos de Galicia

A suba dos prezos hai tempo xa que deixou de ser novidade. O sector lácteo está sometido a esa mesma presión e con el a fabricación de queixo. O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida  San Simón da Costa, Daniel Pérez, aporta algunhas claves sobre a situación, que ten na escaseza de materia prima para a elaboración do produto ou na alza dos prezos algúns dos principais problemas.

Gonzalo S. Lourido

PREGUNTA.- Que supón para vostede un premio da Cata de Queixos de Galicia, tanto para a promoción  como para as vendas?

RESPOSTA.- Un  premio recoñece sempre o bo traballo da xente que está con nós e supón un aliciente para seguir loitando. Desposis destes últimos anos  de crise, de pandemia e agora coa guerra, a mensaxe é que temos que seguir vivindo e temos que seguir mellorando e crecendo, para deixar un legado para a xente que veña detrás, algo moi importante na nosa sociedade.

P.- Cal foi o galardón nesta edición?

R.- Tocoume un 'bronce' en queixo Tetilla. Presenteime en San Simón e en Tetilla e o recoñecemento foi para o Tetilla.

P.- Como espera que vaia este ano para os fabricantes do queixo San Simón da Costa?

R.- É un ano de cambios. O leite aumentou moito de prezo. É normal, porque levabamos moitos anos cun prezo moi baixo. O que temos que buscar é un equilibrio entre as vendas e os beneficios. Que  gane o gandeiro, que gane o queixeiro e que o prezo do queixo chegue ao consumidor final a un prezo razoable.

P.-  A falta  de leite empeza a ser un problema para as queixerías da Terra Chá?

R.- Falta leite porque no campo, a xente é cada vez máis maior  e moita abandoa a produción leiteira. O leite ten que ter un valor digno para que o campo gañe diñeiro e para que esta xente estea cómoda para facer un traballo que é moi duro, moi sacrificado, e que estes traballadores poidan ter, insisto, unha vida moi digna.

Unha solución

​P.-
Cal cré que é a solución a este problema?

R.-  A solución é subir o prezo e pagar o leite ao  prezo ao que hai que pagalo, subir o prezo do queixo, como soben outros produtos. Eu non son economista, pero penso que, se sobre todo, a xente vai seguir apostando por un producto de calidade  como o queixo San Simón da Costa.

P.- Pero, se hai menos leite, fabricarase menos queixo. Haberá que pagar máis para que non se venda noutro lado e para que non se resinta a produción?

R.- Efectivamente. E logo, se o leite ten valor, o gandeiro tampoco vai sacrificar gando antes de tempo. Ou sexa, que se o gandeiro gana diñeiro, o queixeiro ten que ganar diñeiro e o produto ten que chegar a un prezo como deus manda ao mercado,  como produto de calidade.

P.-  Como prevé que quede a situación cara a este 2023 para a súa queixería?

R.- Eu, en particular, confío en manter os números e en seguir mellorando. Seguir formando persoal  e aguantar un ano máis. Como dicía Luis Aragonés, hai que ir aguantando partido a partido…

0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Queixo e mantel / queixosdegalicia.com

    Firma Invitada

    Os queixos estimulan a inspiración para degustar e escribir. Non só o seu sabor, textura... Tamén un asunto de mesa, queixo e mantel.

    Arquivos

    Febrero 2023
    Enero 2023
    Octubre 2021
    Julio 2021
    Febrero 2020
    Diciembre 2019
    Mayo 2019
    Octubre 2018
    Septiembre 2018
    Julio 2018
    Mayo 2018

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia