Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Goente pecha con sol, máis vendas e menos visitantes

8/10/2023

0 Comentarios

 
Festa do Queixo do Eume / queixosdegalicia.com
A carpa, previsora contra o mal tempo, axudou hoxe aos visitantes a protexerse do sol
Gonzalo S. Lourido

A XIII Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente pechou hoxe as súas portas cunhas vendas superiores ás da edición anterior, aínda que, paradoxalmente, o número de asistentes foi algo menor, en boa medida, polas elevadas temperaturas. Os organizadores non dubidaron en sinalar que cun tempo tan bo o feiral ten un claro competidor:  a praia.


Como todos os anos, a maior concentración de público produciuse entre as doce do mediodía e as dúas da tarde, para volver repuntar novamente tralo xantar. Ao longo da xornada, a estimación foi que poderían pasar polo recinto varios miles de persoas, segundo Elena López Seco, concelleira da Axenda Urbana, Turismo e Deporte e Promoción Económica das Pontes.

Con "frío, auga e vento"  as visitas multiplícanse, segundo Raimundo Meizoso, de Queserías del Eume, quen lembrou que en convocatorias anteriores acadáronse os 4.000 ou 5.000 visitantes, e que nas catro primeiras edicións chegaron a estar entre os 10.000 e os 12.000.

Tampouco vai sol a gusto de todos

Polo que se ve, xa que logo, tampouco vai sol a gusto de todos, en especial nesta ocasión para os vendedores, que ano tras ano -nos últimos trece- teñen acougo debaixo dunha ampla carpa, a proba das inclemencias do tempo outonal.

Polo demais, a representación das queixerías volveu ser fundamentalmente da comarca do Eume, con outras representacións engadidas como a do San Simón da Costa 'Don Gabino'.

Repetíronse os obradoiros para cociñar con queixo destinados aos máis pequechos, con ensinanzas tamén sobre a floración  e a polinización das abellas. A elaboración de petiscos  para os asistentes foi neste ocasión a  cargo de dous cociñeros do equipo da 'estrela Michelín' Bea Sotelo. 

Queserías del Eume / queixosdegalicia.com
Queserías del Eume

Lácteos de Moeche / queixosdegalicia.com
Lácteos de Moeche

Lácteos O Casal / queixosdegalicia.com
Lácteos O Casal

Lácteos Bretón / queixosdegalicia.com
Lácteos Bretón

Casa do Mel / queixosdegalicia.com
A Casa do Mel celebrou este ano o seu 20 aniversario

Obradoiro de queixos para nenos / queixosdegalicia.comFoto
Un grupo de pequechos elaborando pratos co queixo local como base

0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Abril 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Agosto 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2024
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Agosto 2023
    Junio 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia