Tapas e pinchos do concurso de degustación 2015
O xurado cualificador dos establecementos que participaron no 9º Concurso de Tapas e Petiscos Festa do Queixo decidiu nomear gañador deste ano ao petisco Suspiro de queixo con faísca da matanza, elaborado polo Café Teatro. O segundo posto foi para o Shusi celta, de Pizzería O Rueiro, que resultou gañadora o pasado ano, mentres que no terceiro lugar quedou a proposta do Café-bar Luis, coa súa Crema de queixo Arzúa-Ulloa con froitos secos. A relación de establecementos participantes no concurso do 2015 foi a seguinte:
1) O Gloman: Montadiño de verdura con salsa de queixo Arzúa-Ulloa; 2) Pazo de Santa María: Escuma de queixo Arzúa-Ulloa e vieira;3) Hotel Suíza: Niño de croqueta; 4) Ameixa: Mar e Campo; 5) Mesón do Peregrino: A tosta do mesón; 6) Confitería A Esquina: Tarta de Queixo Picante; 7) Café Teatro: Suspiro de queixo con faísca da matanza; 8) O Furancho de Santiso: Tosta do Furancho; 9) Bar o de Mario: Timbal de pataca con queixo Arzúa-Ulloa e xamón; 10) Venus: Tosta de Xamón gratinado con queixo Arzúa-Ulloa; 11) Praza: Mini quiché de queixo Arzúa-Ulloa con champiñón; 12) Cafetería Os Casqueiros: Mordisco de Grey; 13) O Filloas: Tulipán de queixo Arzúa-Ulloa; 14) O Conxuro: Buñuelo en salsa de queixo Arzúa-Ulloa e de polbo; 15) Pizzería O Rueiro: Sushi celta; 16) Manolo: Bolos preñados de queixo Arzúa-Ulloa con xamón serrano; 17) Karper: Croquetas recheas con queixo Arzúa-Ulloa fritido; 18) Café Bar Luis: Crema de queixo Arzúa-Ulloa con froitos secos; 19) Casa Chelo: Ensalada de pementos asados, xoubas marinadas en aceite de xenxibre e queixo Arzúa-Ulloa; 20) Parrillada Os Casqueiros: Taco mexicano cielo y mar; 21) O Retiro: Minihamburguesa gratinada con queixo Arzúa-Ulloa; 22) Chacala: Ratiño; 23) Ultreia: Coulant de Pisto; 24) Encontro: Fusión xaponesa-galega.