Cal é a estrutura empresarial e comercial de Prestes?
Temos un par de fábricas, unha onde empezamos, onde fabricamos queixo azul e queixos con mohos, e outra fábrica máis moderna, que está no polígono de Vilalba na que elaboramos outras refencias máis comúns. Temos tres tendas, unha en Santiago, na rúa Calderería, outra fronte ao parador de Vilalba e outra no centro comercial do Corte Inglés de . A cuarta vaise abrir agora, no centro comercial de Catro Camiños da Coruña, no Corte Inglés.
E cando comeza todo?
Todo isto comeza no 2001, cos meus país, cunhas miniqueixerías, e pouco a pouco as cousas foron saíndo ben, fomos medrando pouquiño a pouco e fóronse facendo cousiñas novas...
Cal é a produción actual?
Agora mesmo estamos elaborando unha media de entre 18.000 e 20.000 litros de leite diarios.
Que traducido en pezas son?
Unhas 2.000, 2.200 pezas.
E que se fai?
O que máis se fai é San Simón da Costa. Tetiilla e Azul van despois, un pouco a parte.
O queixo Azul tivo un excelente recoñecento...
Si, fai dez anos quedou entre os 60 mellores do mundo e entre os dez mellores de España.
E que supuxo isto para Prestes?
Para nós, a nivel local tampouco é moito, porque é un queixo que non ten moita tradición de consumo. Pero fóra si que nos axudou bastante. Por exemplo, en Francia, un mercado onde nos é imposible vender nada, porque todo é pasteurizado...; a raíz do 'Azul', o importador, que é A Maison do Grouyère, empezou a cosumirnos 'Azul' e agora está a levarnos toda a gama. Iso axudounos aí e noutros lados.
No mercado exterior, canto se vende?
As nosas vendas fóra son, máis que aquí, dun sesenta por cento.
É moito ...
Agora mesmo, non temos unha persoa ex profeso para o mercado internacional, pero ímola volver coller. Tivemos unha. Non se lle oculta a ninguén que é complicado ter a unha persoa andando por aí. É algo complicado para unha empresa pequeniña, pero vaise volver coller.
Pero o produto estrela é o San Simón...
Si, pero agora, fóra, a estrela case é o Azul.
E onde se vende?
Estamos en Estados Unidos, Australia, Canadá e México. Son os principais consumidores.
Cantas pezas de queixo fai Prestes ao ano?
Unhas 300.000.
E cantas son de San Simón?
De San Simón da Costa creo que ano pasado certificamos 140.000 pezas.
Canto factura a empresa?
Entre 1,7 millóns e 2 millóns de euros.
A Tetilla, que tal se vende?
Ben, pero fóra é un pouco máis complicado.
A oferta de Prestes e ampla...
Si, hai manteiga, frescos,requeixos...
E moito máis...
Claro, hai unha referencia con pemento picante e facemos un 'Capricho da Chaira', como o Parmesano de Arzúa, un queixo que temén ten potencial...
E o Patelo...?
É un queixo máis local, que ten unha venda importante, incluso máis que a Tetilla...
Que proxectos inmediatos ten Prestes?
Agora, imos inaugurar un obrador para facer cousas novas.
É segredo , claro?
Si, primeiro, hai que empezar a sacar, a ver como saen os novos produtos?
E como se vende o queixo con pemento picante?
Ben; é un queixo particular, hai que probalo.