De fóra pode que houbese máis dun 60 ou 70 por cento de visitantes, que veñen a pasar ao Concello de Pedrafita do Cebreiro as vacacións, o que inclúe que haxa xente que faga parada e fonda no municipio.
Este ano non foron catro, senón cinco, as queixerías da denominación que presentaron queixos no recinto feiral de Pedrafita - Castelo de Brañas, Queixos Márqués de Cernadas, Queixos Santo André, Queixo Fonchave e Gran Despensa Abadía de Samos-. Foi a proposta samoense a que se incorporou. Os prezos dos queixos locais oscilaron entre os catro e os seis euros a peza. Pero foron outras moitas as propostas, tanto galegas como españolas e estranxeiras.
Nunha primeira valoración da xornada feiral, a secretaria do Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo do Cebreiro, María Teresa Prado, sinalou que cada edición e cada ano hai máis xente que se interesa por coñecer o queixo do Cebreiro.
O futuro do queixo curado
No que se refire ao produto, a secretaria da Denominación considera que no queixo curado pode estar unha boa parte do futuro deste produto na zona, xa que, dependendo da curación, chégase a conseguir un queixo cun sabor realmente atractivo. Parece imposible que dun queixo "moi suave, lixeiramente acedo, moi fundente" se chegue a un queixo curado, dependendo do seu grao de curación, cun sabor como "métálico, picante" ata o punto de que pareza imposible que dun queixo tan suave, pola súa curación, se convirta nun queixo tan distinto", resalta María Teresa Prado.
Produción anual
En números redondos, o pasado ano vendéronse uns 35.000 quilogramos de queixo, que este ano, segundo se vaian coñecendo as cifras oficiais, todo indica que se van superar o tope conseguido.
En palabras do alcalde do concello, José Luis Raposo, Pedrafita foi sempre un lugar tradicional de feiras e esta do Queixo do Cebreiro coidouse sempre con moito mimo, ata o punto de que, este ano, "se tivese que botar para atrás moita xente", que chamou para asistir con queixos doutros lugares, "Tivemos que decirlle que no había sitio", dixo o rexidor municial.
Non deixou de lembrarJosé Luis Raposo, que é importante que axude o tempo, aínda que houbo anos que nevou e "tivemos unha gran feira".