O recoñecemento deuno a coñecer o pasado venres o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este queixo vilalbés, da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa (D.O.P.), tivo outros compañeiros de viaxe, referentes igualmente atractivos á hora de levar á mesa produtos excelentes.
Así, estiveron no panel dos gañadores Quesería Ricardo Remiro, de Eulate (Navarra), na modalidade de queso madurado de oveja; Quesería Lopicomo, de Villamartín (Cádiz), en queixo madurado de cabra; Quesos el Bosqueño, de El Bosque (Cádiz), na categoría de queixo madurado de mezcla; e Quesería Picos de Europa, de Posada de Valdeón (León), en queixo madurado con mofos ou queixo azul.
"Exclusividade e diferencia"
Tal e como proclama esta empresa familar -dedicada a elaboración artesanal de queixo da D.O.P. San Simón da Costa, desde a súa fundación, en 1990-, mantense fiel á filosofía de ofrecer aos clientes un produto "exclusivo e diferente".
'Don Crisanto' está instalada na parroquia de Lanzós, no municipio lucense de Vilalba. Ten esta queixería as súas raíces nunha familia queixeira, na que aboa e antepados aportaron os seus coñecementos para facer este queixo afumado novamente galardoado. É un importante premio que se suma a outros moitos obtidos ao longo destes anos.