Pechou o domingo a 44 edición Abanca Semana Verde de Galicia con preto de 100.000 visitantes (95.045 a dúas horas da clausura do certame, segundo os organizadores). Son cifras provisionais, inferiores ás de 2019, en que se contabiliazaron no recinto pontevedrés de Silleda algo máis de 128.000 visitantes. Os que se chegaron onte camiño do mediodía, sufriron retencións importantes nos accesos de entrada ao recinto. Entre os 693 expositores, de nove países, houbo una significativa representación de queixos. Das novidades galegas -por exemplo-, o queixo de estrugas, de Quesos La Montaña, de Entrimo; entre as do exterior, o Cabrales Carlos Cuervo.
Acudiron, ao igual que en edicións anteriores, queixerías galegas como Castelo de Brañas, da
Denominación de Orixe Protexida Cebreiro; Hoxe, queixería local e un clásico do feiral silledense; Cobideza, fabricante centrado na produción ecolóxica e con fábrica na Golada (Pontevedra); ou Queinaga, con sede no municipio coruñés de Curtis.
E entre as novidades, Quesos La Montaña, do Concello Ourensán de Entrimo, que sorprendeu aos visitantes co seu queixo de estrugas, e con outros elaborados con noces pecanas, arandos, ou pemento, sen olvidar o 'país' de sempre; e A queixería Gaia -de Vilar dos Santos (Ourense)- e os seus queixos de cabra.
Non faltou a Cooperativa de Campo Capela, que ten todo en marcha para participar o 28 de agosto na nova edición feiral de exaltación do requeixo organizada polo Concello da Capela (A Coruña). E tamén acudiu, procedente dos Picos de Europa, o Queixo Cabrales Carlos Cuervo, que situou entre os seus favoritos o azul 'Sara e Lara', do fabricante vilalbés Prestes.
Escaparate internacional
O escaparate que se mostrou estes días na Semana Verde "mira cara ao futuro" con materias primas, productos agroalimentarios e artesanía de calidade "capaces de atravesar fronteiras", segundo sinalou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na súa visita ao recinto. Resaltou que o encontro "xa é un referente a nivel internacional", cun sector primario que aposta por la innovación e a diversificación e que traballa por un rural galego sostible.
Esta feria destaca pola súa diversidade. Ademais dos certames paralelos, centrados na alimentación, turismo, caza, pesca e natureza, contou con sectores que van desde a gandería, bioenerxía e pequena maquinaria ata mobiliario e artesanía, ademais de moitos otros produtos e servizos. Un atractivo que se trasladou tamén ao seu amplo programa de actividades, entre as que houbo tanto propostas para profesionais como para o público en xeral.