Antonio. S. Rocha
Chega unha nova edición da Feira do Queixo na Ulloa, mañá domingo, no municipio lucense de Monterroso. O encontro era rotatorio, entre os tres concellos da comarca: Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso. Pero hai uns anos -como xa é ben sabido- Antas decidiu non participar, porque economicamente resultaba gravoso para o concello, e deixou de lado o proxecto. De feito, houbo unha ocasión na que non se celebrou o encontro. Desde aquela, relévanse na convocatoria Palas e Monterroso, sempre con éxito e cun público fiel que busca as mellores pezas, nun ritual latente que vai máis aló dos tempos da produción para o consumo propio, para un queixo que maduraba e ía mellorando co paso do tempo. Ata os dous anos podía chegar o proceso, ao amparo do fresco do aire do norte e dos cuidados rutineiros para evitar que se estragara.
Mantense a idea inicial de celebrar a Feira do Queixo na Ulloa anualmente o último domingo do mes de abril. Pero nesta ocasión non se puido facer nesa data, xa que cadrou coa xornada electoral. Por razóns obvias de seguridade, que falan da inexcusable preferencia das eleccións, o evento aprazouse para unha data posterior.
E unha semana despois do inquérito retomouse a celebración. O ideal sería esperar quince días, en opinión do secretario-xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, Óscar Pérez Ramil, xa que o primeiro domingo de maio celébrase a Feira de Trujillo (Cáceres), que dentro do mundo queixeiro é o encontro que ten a maior proxección no que se refire á asistencia de fabricantes de toda España. Pero, ademais, o día 12 deste mes vólvese por en marcha un novo proceso electoral, polo que quedaba só o 5 de maio como o día máis acaído "para facer as cousas con xeito", di.
Aínda así, a obrigada elección da xornada enténdese que vai axudar, xa que haberá trasego de turistas e peregrinos, por mor da ponte e do bo tempo que se agarda.
A organización da feira é cousa do Concello de Monterroso. Pero hoxe sábado, pola tarde, celébrase tamén un concurso -desde hai anos- de pinchos, tapas e petiscos nos restaurantes e bares de Monterroso, aportación neste caso do Consello Regulador da DOP.
Serán, desta volta, 15 os establecementos participantes, que ofrecerán as mellores elaboracións para tentar engaiolar ao xurado calificador e obter unha boa posición (a experiencia funciona e ten a súa réplica na Festa do Queixo de Arzúa). Cada participante conta para a ocasión con seis quilogramos de queixo, cedidos pola denominación de orixe tanto para facer probas previas como para preparar os petiscos para a clientela habitual.
Ensinando a comer e a desfrutar
En todo este proceso de proxección do queixo Arzúa-Ulla, está tamén o labor de divulgación e fomento do seu consumo entre a poboación infantil e xuvenil. Os centros educativos son cada ano lugares máis idóneos. O Consello Regulador desta DOP fai catas "alí onde se lle pida", con atención especial aos centros escolares. Así, o pasado 30 de abril, a experiencia trasladouse ao colexio Os Pinos, de Monterroso, e houbo unha cata comentada de varios queixos da DOP para os alumnos de sexto de primaria, aínda que a charla no instituto queda para os próximos días, porque o alumnado está agora cargado de exames.
E celebrouse tamén, o pasado día 29 de abril, a anunciada xornada gastronómica impartida polo cociñeiro André de Arzúa, dirixida aos profesionais da restauración. O obxectivo foi tan novidoso como interesante: deseñar un prato con base no queixo que se produce na Ulloa e con outros produtos da zona que poidan chegar a ser receita emblemática de comarca. Paga a pena esperar para ir coñecendo resultados.
Cinco queixerías, cinco
Son cinco os artífices deste saboroso queixo os que teñen centro de producción na comarca da Ulloa. En Palas de Rei hai dous, 'Arqueixal', que é a marca, e cuxo artífice e Xosé Luis Carrera Valín, o actual presidente do consello regulador da DOP Arzúa-Ulloa; e 'POK Quesera', que é a do Grupo García Baquero, coñecida tamén polo seu nome comercial: 'Castillo de Pambre'.
No concello de Monterroso hai outras dúas firmas: a de Ilda Gómez González, co nome comercial de 'Diqueixa' e a de Meilán Sánchez, co nome oficial de Meilán SC. En Antas de Ulla está a quinta, a de Antonio Ferreiro Ferreiro, coa marca 'Artelac'.
Fóra xa de denominación de orixe, na comarca da Ulloa hai outros fabricantes que fan queixos que se asemellan a esta denominación e outros non tanto. Noutros países de Unión Europea está prohibido que dentro do territorio dunha denominación de orixe protexida determinada se fagan queixos que se poidan confundir cos amparados e certificados pola denominación, tanto para a protección do produto como do consumidor. É esta unha peculiaridade que, sen dúbida, debe merecer tamén atención no futuro.
No caso da DOP Arzúa-Ulloa, sinala Óscar Pérez que "estamos dispostos a recibir a todo o mundo, sempre que o queixo cumpra". Non oculta o secretario-xerente deste consello regulador que se está a vender queixo "parecido ao noso" que non observa os requisitos mínimos de calidade, algo que se nota moito na elaboración. O queixo Arzúa-Ulloa ten controis continuos para verificar a súa composición físico-química, a calidade microbiolóxica e tamén nos aspectos aspectos sensoriais. De feito, resalta que "non é o mesmo que un quilogramo de queixo do noso se faga cun mínimo de oito litros de leite a que se faga con seis, algo que se nota moito logo na calidade do produto final en todos os aspectos", advirte.
En todo caso, sinala que sempre hai que ter en conta que non é legal vender queixos sen etiqueta, como ás veces pasa en feiras e mercados, e que tampouco é seguro para a saúde consumilos.
Sabías que…
---Tres tipos de queixo que son dous, de momento.- Formalmente, a DOP conta con tres tipos de queixo: o Arzúa-Ulloa, o Arzúa-Ulloa de Granxa é o Arzúa-Ulloa Curado. Pero, na práctica, son dous: o Arzúa-Ulloa e o Arzúa-Ulloa Curado. Calquera destes dous se pode denominar 'de Granxa' se o leite é da propia explotación. Para a acepción do Arzúa-Ulloa de Granxa, comercialmente, hai etiquetas aprobadas, pero non se están a utilizar, xa que non se dá o suposto.
---Monterroso é unha boa ocasión para mercar 'Curado'.- E hai, xa que logo, o Arzúa-Ulloa -que mercamos en feiras, tendas e grandes áreas- e o Arzúa-Ulloa Curado. Deste último existen non máis de dez etiquetas aprobadas e hai seis queixerías da denominación que teñen o produto continuamente á venda, incluída a venda directa. As feiras son, polo tanto, unha boa ocasión para facer acopio das pezas con maior curación.
---O 'Curado' é mellor pedilo.- A ninguén se lle oculta que do Arzúa-Ulloa deixase moi pouco produto para curar. Pero, se imos á queixería, atopámolo. Hai media ducia de produtores da denominación que o teñen permanentemente exposto. De feito, hai algún punto de venda que o ten referenciado, co que é doado de atopar, pero hai que pedilo.
---Velaquí un queixo 'da nabiza'.- O queixo Arzúa-Ulloa curado ten varios nomes populares, como 'queixo da nabiza', queixo nabiza' ou queixo 'de a ano' (cando se gardaba dun ano para outro).
---A importancia da fermentación láctica.- Todos estes nomes fan referencia a que antano, cando o queixo que se facía nas casas era para consumo familiar, os que se preparaban no tempo dos nabos eran os bos. Pero, ollo, non porque as vacas comesen nabos, nen cabezas de nabos, nen nabizas. Era, basicamente, porque o tempo dos nabos é o do inverno e a fermentación espontánea do leite neses meses era a fermentación láctica, provocada polas bacterias lácticas. No verán, cando os queixos se facían nas casas, a fermentación espontánea do leite podía ser de calquera bacteria contaminante que interferise no proceso . "Entón, co calor, esas bacterias contaminantes apuraban máis a fermentación do leite e, aló por o San Xoán, ou con motivo das tronadas do verán, saían máis queixos corchudos", que non daban madurado, resalta o secretario-xerente da DOP Arzúa-Ulloa, Óscar Pérez.
---Un curado de dous anos.- Entón, o queixo do tempo dos nabos era bo para comer curado, para vendelo ou para gardar para o verán ou para o ano seguinte. Lembra Óscar Pérez Ramil que na casa da súa bisavoa, cando neno, chegaba a haber queixos de dous anos. Un festín de sabor, sen dúbida.