Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

"No mundo rural hai calidade de vida, pero non é Jauja"

11/7/2021

0 Comentarios

 
Manuel Carbia Martínez, propietario de Leite Ulla​
Leite Ulla Manuel Carbia / queixosdegalicia.comImagen
Manuel Carbia, cos dous queixos que elabora na súa fábrica: o fresco e o tenro

G. S. Lourido
Manuel Carbia Martínez, propietario de Leite Ulla, ten no rural o seu mundo, que intúe que vai escapando para engastarse noutro máis global. As tradicións van rotando e hai que ir cos tempos. Pero desde a Estrada (Pontevedra), a uns centos de metros do discorrer do río Ulla, elabora uns queixos tradicionais, de leite crú, que seguen a falar de antano; de sabores difíciles de superar, porque responden a padales afeitos ao auténtico.

Pregunta.- Que tamaño ten a súa queixería no contexto das galegas?
Resposta.- Nin pequena, nin grande. Nós somos unha queixería normal; pero, desde logo, non somos unha OPL.

P.-En que medida compensa unha maior dimensión: por exemplo, vender en grandes áreas…?
R.- Ben, entrar en grandes áreas non supón que vaias vender montes e moreas.

P.- Hai sistemas de venda diferentes. O  'porta a porta' parece funcionar ben cunha xestión acaída; está o recurso das  pequenas tendas, das tendas especializadas que venden produtos exquisitos e exclusivos…, cal é o modelo de Leite Ulla?
R.- Nós, desde o primeiro momento, apostamos polo sistema da pequena tenda e imos seguir apostando por el.

P.- A pequena tenda debe ser a referencia inmediata da venta directa, do cliente que xa ten encargado o produto. Con todo o que está a caer, volveremos eliminar envoltorios, plásticos…
R.- É dificil recuperar as tradicións máis antigas. Ao mellor, obríganos a necesidade pola covid-19 pero, semella moi difícil poder recuperar esas tradicións.

P.- Desde este mundo rural, co río Ulla discurrendo a  uns centos de metros da fábrica,  a vida é máis sosegada, máis levadeira; hai aquí calidade de vida fronte á mascariña?
R.- Si, esta calidade foi toda  vida, cos inconvintes que ten vivir no rural. É dicir, vivir no rural non é jauja. Houbo unha época naque que nós faciamos máis quilómetros co coche a levar aos rapaces a actividades que por arreglar os papeis da explotación.

P.- Esa filosofía dos antergos, de ser donos de seu; esa libertade, aínda que con moitas dificultades que da un rural , segue a ser un valor vital hoxe?
R.-Si, pero no rural estamos metidos tamén nun mundo global. Antes tiñas un problema, ías ao monte e cortabas catro piñeiros e tiñas o problema resolto. Hoxe non se soluciona con iso.

P.- Pero esa capacidade de  decidir, de non sentirse condicionado, mediatizado, esa aínda queda; vivir do campo aínda poder ser unha saída…
R.- Iso acabouse. Houbo unha época na que era unha solución. Un home ía traballar fóra, cun soldo moi pequeno, pero quedaba libre, porque na casa, a muller, con catro vaquiñas, ía facendo, pero iso acabouse.

P.- Cantas vacas ten a explotación?
R.- Agora estamos con vacas de carne.

P.- Por unha rendibilidade meirande?
R.-Non foi por iso. O rural e moi escravo, e empezóunos a absorber Leite Ulla. Quedábanos moi pouco tempo para Gandería Louzao. Entón, houbo que meter empregados e non funcionou…, perdiamos cartos.

P.-Como ve o futuro do queixo galego, as apostas polo novo, por que creza o consumo?
R.- Falar sobre o futuro das queixerías é complicado, porque se nos meteu na cabeza que consumir produtos lácteos é malo. Non sei por que? Se tan malo é, porque ao aceite de soja lle chamos leite, porque era malo? e aproveitamos o nome… É algo que non me colle na cabeza. Todos os médicos din: non comas queixo, non comas unha cousa, non comas a outra e, sen embargo, podemos comer todo o que ven prefabricado. Diso non se fala nada…

P.- Comer queixo, pero con medida…
R.- Sen abusar.

P.- É un produto excelente, pero non se pode comer medio queixo dunha tacada…
R.- E logo quedar no sofá.

P.- Comer, de media dez ou quince queixos ao ano tampoco parece moito…
R.- Eu nunca comín tanto queixo como agora (risas); Unha, que nunca teño tanto que pagar, a non ser o leite -bromea-…

P.- Non o aborrece?
R.- Eu, todas as semanas, como bastante queixo do meu. Por exemplo, os sábados vou a feira e o meu xantar é o queixo.

Queixos saborosos, con pouco sal
​
P.- E o sal?
R.- Nós intentamos facer os nosos queixos con pouco sal.  

P.- Pode suceder que un queixo se faga con pouco sal e que haxa logo sorpresas?
R.- Home, non debería ser así. Se a mil litros lle metes os quilogramos de sal que lle corresponden…

P.- Sae todo igual…
R.-Non ten  por que saír todo igual, pero sí moi aproximado.

P.- Hai actividades que reclaman recortes no Imposto sobre o Valor Engadido, cómo lle está a afectar este gravame?
R.- Eu teño que pagar un IVE a un  21% e cobroo ao 4%. Está establecido así e pode haber modificacións que te  favorezan ou non, pero a cuestión é onde van nos nosos impostos despois. Non é importante que teñas que pagar impostos, o importante e que sirvan para algo.

Leite Ulla Manuel Carbia / queixosdegalicia.com
Leite Ulla pon a disposición dos seus clientes leite embotellada, a mesma da que saen os seus queixos
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Queixo e mantel / queixosdegalicia.com

    Firma Invitada

    Os queixos estimulan a inspiración para degustar e escribir. Non só o seu sabor, textura... Tamén un asunto de mesa, queixo e mantel.

    Arquivos

    octubre 2021
    julio 2021
    febrero 2020
    Diciembre 2019
    mayo 2019
    octubre 2018
    septiembre 2018
    julio 2018
    mayo 2018

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia