Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

"O que conta é o traballo e o esforzo continuados"

2/6/2023

0 Comentarios

 
Carmen Vázquez Novo, propietaria de queixería Queinaga
Carmen Vázquez Novo / queixosdegalicia.comFoto
Carmen Vázquez, de Queinaga, recibiu na última Cata de Queixos de Galicia dous 'ouros', nas denominacións Arzúa-Ulloa e Tetilla
Carmen Vázquez, de Queinaga / queixosdegalicia.comQueinaga vende arredor de medio millón de quilogramos de queixo ao ano
QdG / A.S. Rocha
​

Se fosen lingotes de ouro, a queixería coruñesa Queinaga (Curtis), tería gardados catro nas súas vitrinas, acompañados doutros cinco de prata (Cincho e Concurso Nacional de Queixos de España incluídos) e oito bronces. Todo isto no cuarto de século que leva elaborando queixos co lema da "constante calidade". Carmen Vázquez Novo, propietaria desta empresa familiar, non agacha a súa ledicia polos dous máximos galardóns para o seu Queixo Tetilla e Queixo Arzúa-Ulloa na cata galega de 2022. Pero a aposta coida que debe estar sempre no "traballo e no esforzo" continuados. E nos atrancos do día a día, láiase Carmen Vázquez da deriva que colleron os prezos na produción e pide axuda ás institucións, "porque se hai escaseza da materia prima, non hai arranxo ningún", argumenta.
 
Pregunta.- Case nada: dous 'ouros' na última Cata dos Queixos de Galicia…

Resposta.- Somos unha empresa familiar de elaboración de queixo e este ano tivemos un dobre recoñecemento de 'ouro', tanto na denominación Arzúa-Ulloa como na do queixo Tetilla.

P.- Que manda en Queinaga en cuestión de premios, o queixo Tetilla ou o Arzúa-Ulloa? 

R.- Quizais, pola nosa zona, tivemos máis galardóns de queixo Tetilla. Debe ser que estamos máis ambientados co Tetilla que co Arzúa-Ulloa, no que xa logramos unha distinción de ouro noutra ocasión.

P.- E que supón para vostede este dobrete?

R.-  Isto é un plus de enerxía. Un recoñecemento é bonito. Pero o que conta sempre é o traballo é o esforzo.

P.- Uns premios destas características, repercuten nas vendas?

R.- Si, penso que sempre se nota ese recoñecemento nas vendas.

P.- Queinaga vende tamén en grandes áreas comerciais…

R.- Si, tanto en Alcampo, como en Gadisa ou Carrefour, e tamén en tendas pequenas e en colaboración con distribuidores.

Evitar a escaseza de leite

P.- E que supón para a queixería a suba dos prezos  do leite…

R.- Está a ter un prezo considerable. E temos que abogar por que nos axuden a que, polo menos, non escasee.

P.- Por onde pasa a solución?

R.- Porque nos dean axudas para que a escaseza de leite non se produza, porque senón os incrementos están garantidos. Non sabemos que solución vai ter, porque se escasea a materia prima non ten arranxo ningún.

P.- Vostedes teñen gandaría propia?

R.- Si, pero non é dabondo para o volume de vendas que hai neste momento.

P.- Xa tiveron que incrementar prezos dos queixos?

R.- Si, varias veces.

P.-  Cales son as vendas de Queinaga?

R.- Uns cincocentos mil quilogramos de queixos ao ano. Dos que un 70% pode corresponder a Arzúa-Ulloa, un 30% a Tetilla…, así, por enriba...

P.- E como queda ese reparto xeográficamente?

R.- As maiores vendas son na comunidade autónoma; en España hai algunhas vendas tamén, no País Vasco, en Barcelona..; e mandamos queixo tamén para o Reino Unido e para China.

P.- Cal é a estimación do que venden fóra de Galicia?

R.- Dun 20%

P.- E, por último: cos dous
premios obtidos, cales son as previsións das vendas en 2023?
​
R.- (Amplas risas)  a saber…


0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Queixo e mantel / queixosdegalicia.com

    Firma Invitada

    Os queixos estimulan a inspiración para degustar e escribir. Non só o seu sabor, textura... Tamén un asunto de mesa, queixo e mantel.

    Arquivos

    Junio 2023
    Abril 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Octubre 2021
    Julio 2021
    Febrero 2020
    Diciembre 2019
    Mayo 2019
    Octubre 2018
    Septiembre 2018
    Julio 2018
    Mayo 2018

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia