Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixos Anzuxao: a excelencia dun 'porta a porta'

11/5/2019

0 Comentarios

 
Queixos Anzuxao / queixosdegalicia.com
Javier Sampayo, xerente de Queixos Anzuxao
A.S.Rocha
​
Se tes un bo produto e un trato exquisito,  a proximidade, a venda directa, debe seguir sendo, tamén hoxe, moito máis que un valor engadido. E pode que esteamos a recuperar o concepto de excelencia tan devaluado nestes últimos tempos, cando o que che anunciaron non é o que esperabas. A excelencia moderna pasa, desde logo, polo que fan -nesta economía cada vez máis impersoal e globalizada- marcas como Queixos Anzuxao, para o comprador, próximo, directo, que sabe o que quere e que o ten puntualmente na súa casa. E se algo non é do seu agrado, o lema é garantir que o consumidor quede sempre satisfeito.

Prescindir da intermediación na venda de productos, de ser posible, pode ser moi rendable?
Segundo o tipo de vendas que teñas podes depender ou non da intermediación. No noso caso, vendemos coas nosas furgonetas ao cliente final, os intermediarios é algo que non temos en conta.

Cambiaría o seu sistema de venda porta a porta?
Non, non; o que pasa é que noso sistema ten uns cutos adicionais que non teñen os que lle venden ás distribuidoras por xunto. Depender ou non das distribuidoras é cousa de cada sistema, do enfoque e da filosofía que cada un lle dea ao seu negocio. Pero queda claro que o noso  sistema funciona e o dos intermediarios tamén. E dicir, que nós temos tamén algún intermediario ao que lle vendemos o queixo, e que logo el defende cara a un cliente final. Insisto, é un tema moi amplo e que, en definitiva, depende da filosofía de cada empresa.

Por que se tomou á decisión da venda directa?
Nós empezamos así, forzados, porque cando nos pecharon a fábrica, a competencia fíxose cos clientes e o noso foi case unha venta obrigada, coller unha furgoneta e ir polas aldeas.

 A venda directa fideliza o cliente? Porque a xente, se é do seu agrado, merca o producto que coñece, e o vendedor dalle confianza…
Nun primeiro momento,  ninguén está obrigado a comprar; pero se levas un produto bo e tes un trato exquisito co cliente, a xente compra o producto cando imos por alí, cada quince días.

Fronte ás novas formas de vender, incluído Internet, o 'porta a porta' non deixa de ser hoxe algo novidoso, no que, o día previsto, o producto chega á casa sen esperas e sen sorpresas…
Pois si, é unha forma moi antiga de vender, porque eu coñézoa de toda a vida, desde cando viña o panadeiro na bicicleta. Logo, a cousa foi avanzando e veu o coche. E a nós pasounos o mesmo. O que sucede é que se trata dunha venda moi agradecida; porque, cando un queixo está malo, a xente non che deixa de comprar. Dincho,  e nós, o que facemos, é un cambio de produto, e fóra. O mundo do queixo é tan complicado. Ao mellor, hai unha partida que está mais salgada, menos salgada, máis ou menos aceda…, e se a consumidor non lle gusta procedemos ao cambio, automaticamente.

Anzuxao vende nas grandes áreas?
Nós só lle vendemos a Carrefour. Trátase dunha venda moi lenta e estamos facendo algunha promoción para ver se arranca; porque, ao mellor, non lle vai intersar ternos alí, nin a nós facer esa venda, que ten tamén os seus custos. Ao desprazar queixos á Coruña, a Pontevedra, hai uns gastos. Ou sexa, que ten que empezar a venderse máis para que nos saia rendible tanto a Carrefour como a Queixos Anxuxao.

A "visibilidade" de Galicia Calidade

A queixería está en Galicia Calidade, que lles aporta?
Galicia Calidade está visible en todos os lados e, polo tanto, os nosos produtos tamén. Iso é o fundamental que nos aporta. Para nós é moi intesante esta proxección, xa que canto máis coñecidos sexan os nosos queixos mellor. Se Galicia Calidade nos fai ese traballo a cambio dunha cuota e cunha auditoría anual de contas e de produción, para nós é moi cómodo estar aí, porque o esforzo non é tan grande. O esforzo, quen o fai, en realidade, é Galicia Calidade, á hora de aportar esa publicidade tan importante da que nos beneficiamos.

Calquera queixería se pode aproveitar desas vantaxes?
A día de hoxe, tal como están as queixerías, e a partir de todo o que coñezo, creo que están preparadas, aptas, para entrar non só en Galicia Calidade, senón noutros moitos sitios, porque todo o mundo está en orde…

E as vendas de 'Anzuxao', como van?
Este ano imos igual que o pasado. A nosa facturación ao longo do ano non ten picos moi altos nen baixadas moi grandes e a liña que se marca é estable sobre 2018.

Lácteos Anzuxao / queixosdegalicia.com
A queixería ten súa fábrica no lalinense Pazo de Anzuxao
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Queixo e mantel / queixosdegalicia.com

    Firma Invitada

    Os queixos estimulan a inspiración para degustar e escribir. Non só o seu sabor, textura... Tamén un asunto de mesa, queixo e mantel.

    Arquivos

    Enero 2023
    Octubre 2021
    Julio 2021
    Febrero 2020
    Diciembre 2019
    Mayo 2019
    Octubre 2018
    Septiembre 2018
    Julio 2018
    Mayo 2018

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia