Arzúa: queixo e pentagrama

O municipio coruñés de Arzúa volveu pechar a festa de exaltación do seu queixo cun cheo total; e co cartel de 'non hai entradas'. Cheo total nas múltiples convocatorias programadas para este fin de semana, que, a xeito de resume, poden concretarse no abarrotamento do recinto feiral 'Terra do Queixo'. O cartel de 'non hai entradas' -tamen habitual cada ano- foi para o amplo abano de artistas que congregaron ás súas parroquias de fans, desde Leilía ou as Tanxugueiras ata Muchachito Bombo Infierno ou Sidecars.
Ler máis
Ler máis
53 fabricantes na 48 Festa do Queixo de Arzúa

A 48 Festa do Queixo de Arzúa pechou cartel. Hoxe presentouse na vila coruñesa a programación completa, que concentra as principais actividades no 3,4 e 5 de marzo. Todo adornado nos días previos cun amplo abano de convocatorias que teñen na cultura un importante soporte, sen esquecer as propostas relacionadas co mundo educativo -con catas comentadas ou unha campaña de sensibilización medioambiental-. Exposicións, un estudo de comercialización e valorización de produtos con denominación ou o concurso de tapas e petiscos, son igualmente reclamos para os próximos días. E para os amantes dos queixos, 53 fabricantes no recinto feiral cos seus mellores produtos.
Ler máis
Ler máis
"O leite ten que ter un valor digno"

A suba dos prezos hai tempo xa que deixou de ser novidade. O sector lácteo está sometido a esa mesma presión e con el a fabricación de queixo.
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, Daniel Pérez, aporta algunhas claves sobre a situación, que ten na escaseza de materia prima para a elaboración do produto ou na alza dos prezos algúns dos principais problemas.
Ler máis
Bo-Queixo, calidade con valor engadido

Bo-Queixo (Boqueixón, A Coruña) vén de acadar unha medalla de bronce na última Cata dos Queixos de Galicia. Non é, desde logo, ocasional, porque o fabricante acapara dous premios de ouro máis. Para os consumidores -e neste caso especialmente para os amantes dos queixos- a cata anual das catro denominacións de orixe protexida, aporta información. Boa información. A queixeira, Isabel García, di que un galardón trasládalle aos seus produtos valor engadido, e moito.
Ler máis
"Falta leite e a alza dos prezos en todo é tremenda"

Os fabricantes de queixos galegos empezan a notar unha falta crecente da materia prima para elaborar os seus produtos. O problema empeza a ser cada vez máis preocupante, porque a situación leva aparellado un incremento do prezo do leite.
E xa se sabe, o resultado final é un queixo máis caro. Para Maikel Fernández, copropietario da queixería vilalbesa Prestes, trátase "dun problema de raíz e grande". A súa mensaxe: "ir polo próximo, polo local" e que o campo acabe por ser unha aposta de futuro, "porque o agro, é unha forma de vida", conclúe.
Ler máis
Tempo de catas: na procura dos mellores queixos
A Cata de Queixos e Meles de Galicia 2022 xa está en marcha. O pasado xoves, 27 de outubro, a Consellería do Medio Rural pechou o prazo de inscripción para participar nesta nova edición, que se celebra en colaboración cos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexida dos queixos e da indicación protexida Mel de Galicia.
Ler máis
Ler máis
Requeixo da Capela: volve a festa
A conta atrás está ao límite. Despois de varios anos de espera -polas razóns dabondo coñecidas- este domingo hai unha celebración importante na parroquia das Neves. Volve a Festa do Requeixo do Concello coruñés da Capela, un produto de gran aceptación do que se volverán vender milleiros de terrinas para consumo familiar; mentres outras moitas vanse converter en aperitivo ou en sobremesa daqueles que aproveitan o día para visitar, mercar, desfrutar e degustar un produto polo que moitos devecen é que está chamado a ser parte destacada no panorama queixeiro galego.
Ler máis
Ler máis
Días de requeixo e mel
O Concello pontevedrés das Neves espertou hoxe cun bo día, porque fixo sol, porque houbo moitos visitantes polas rúas, porque a actividade económica local volveu estar especialmente activa e porque a segunda xornada dedicada a exaltación do queixo e do mel local parece que colle novos folgos para callar. Despois da gran resposta de visitantes do Venres Santo, o feiral abríu as portas este sábado con éxito.
Ler máis
Ler máis
"Do queixo do Cebreiro, comer ata o sombreiro"
O queixo do Cebreiro ten unha forma moi peculiar, que ao longo dos últimos séculos foise asentando visual e semánticamente nun xeito de 'gorro de cociñeiro' ou na 'forma de fungo' -iso si, cun pé que, en termos micolóxicos calquera diría que taludo de máis no diámetro-. Seguindo o refraneiro popular, e neste caso a efectos prácticos, polo moito que presta, procede aquilo de que "do queixo do Cebreiro, comer ata o sombreiro". O dito rescatouno hoxe en Pedrafita para unha ampla audiencia o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, pregoeiro e amante confeso do produto.
Ler máis
Ler máis
E de sobremesa…, requeixo e mel das Neves
Para os amantes do queixo, poucas experiencias tan gratificantes despois dun xantar frugal como atacar na sobremesa un requeixo dos de sempre con mel ou marmelo, ou con algo tan sinxelo como un chorreón de viño tinto. Para a ocasión, o concello pontevedrés de As Neves pon a materia prima o venres e o sábado desta semana. Iso e unha feira na que non falta de nada, incluído un cociñeiro dos que fan parroquia a pouco que se remanguen.
Ler máis
Ler máis
Cebreiro, un manxar para sorprender
O vindeiro 15 de abril, Pedrafita transformarase de novo na gran feira do ano do municipio, da man do queixo do Cebreiro. Daquela, volverán escasear os aparcamentos para os coches e pode que non cheguen as prazas nos hoteis, hostais e pensións para acoller os visitantes que acoden desde moitos puntos de toda España para disfrutar do evento; disque a oferta desaparece moito antes. E están logo os incondicionais da comarca, que acoden a este encontro anual para desfrutar e facerse con moito daquilo que precisan, pero a feira dá para iso e moito máis.
Ler máis
Ler máis
Feira do Queixo de Fri0l e Pan de Ousá: "Éxito total"
É difícil afinar tanto sobre o importe das vendas como da asistencia a cada edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. Aínda así, na que se celebrou hoxe, sinálase que podería pasar do medio millón de euros en transaccións. E, por asistencia -non xa de visitantes, senón polos milleiros de coches que se achegaron ata o concello-, cabe tamén facerse unha idea. A partir destes argumentos, do que si se pode falar, e dun "éxito total", en liña coa versión oficial.
Ler Máis
Ler Máis
Próxima parada: Friol
Despois do inicio en Arzúa da campaña de promoción dos queixos galegos para 2022, toca agora o tempo da exaltación do produto na 28 Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá. Será o vindeiro día 20 e acudirán á cita preto de 90 queixeiras, que porán á venda unhas 14.000 pezas, que estarán flanquedas por outras 4.000 de pan. Como de costume, cabe esperar que se vendan todas as existencias.
Ler máis
Ler máis
Festa do Queixo de Arzúa, éxito redondo
A 47ª edición da Festa do Queixo de Galicia pechou o pasado fin de semana ao gusto de todos, dos organizadores, que consideran que foi un "rotundo éxito"; dos asistentes, que sen chegar a cifras de anos atrás, contáronse por milleiros e non tiveron atrancos importantes na vila e no recinto feiral; e de vendedores, que tamén contaron coa oportunidade de volver expoñer os seus produtos e facer caixa despois de moitos meses de pandemia.
Ler máis
Ler máis
A Festa do Queixo Arzúa volve ás rúas
Arzúa celebra os vindeiros 4,5 e 6 de marzo a súa 47 Festa do Queixo. Despois de moitos desacougos e incertezas e dunha edición -o ano pasado- que quedou nunha celebración dixital, en 'streaming', o econtro volve ás rúas e será o máis parecido posible "ao normal", segundo anunciou esta semana o alcalde do municipio coruñés, José Luis García, na presentación do evento. Para lograr este obxectivo, se algunha partida orzamentaria se incrementa este ano é a da seguridade. Haberá controis de entradas e saídas ao recinto Feira Terra do Queixo e unha limitación de asistentes más reducida, pero os concertos seguirán sendo gratuítos. E, na rúa, tamén se contará con reforzos importantes, por exemplo, de axentes das policías municipais da contorna.
Ler máis
Ler máis
Sabores de Nadal con premio: Fontenlas, Castelao, Diqueixa e Queinaga
Gañar unha cata anual dos queixos de Galicia é un incentivo importante para os fabricantes, por todo o mellorado e por esa sa competividade de ofrecer para a ocasión o mellor produto, cun recoñecido xurado califiador incluído. En termos de contabilidade hai tamén recompensa, porque cada 'número un' das catro denominacións de orixe protexida (DOP) que gañaron este ano, venderán máis: a calidade manda. Xa que logo, estamos a falar nesta ocasión de Fontenlas (DOP San Simón da Costa), Castelo (DOP Cebreiro), Diqueixa (Arzúa-Ulloa) e Queinaga (Tetilla). Son todos eles, medalla de ouro. E se todos son bos, agora son un pouco mellores. É tempo de Nadal e iso tamén se vai notar nas vendas e nas preferencias dos consumidores.
Ler máis
Ler máis
Campo Capela, innovación ecolóxica
A Cooperativa Campo Capela, artífice dun dos requeixos de máis renome de Galicia -con feira anual propia e propostas como a súa tetilla de leite crú, o queixo mouro con recoñecemento internacional ou o queixo con chourizo de porco celta- vai fuxindo da crise con éxito. Prepara agora produtos novos, nos que hai unha volta a valores de antano na defensa do recuperable e do reciclable. No ecolóxico é un exemplo a seguir e a xerente da cooperativa, Ana Vence, traballa coa óptica de seguir aprendendo nesta materia, non importa de quen. Vidro reutilizable para o leite que queren comercializar ou cartón para conter un iogur que promete agradables sorpresas…
Ler máis
Ler máis
Casa Zolle: "Coa crise traballamos bastante mais"

Haz clic aquí para editar.
Casa Zolle, queixería do municipio lucense de Friol, iniciou actividade cara ao público cadrando coa celebración da Feira do Queixo e Pan de Ousá de 2018. Daquela, o fabricante, Ovidio Zolle Vázquez, falaba de divulgar e confrontar no mercado un queixo de leite crú, artesanal, coa calidade "máis grande que hai". Hoxe, tentando sacudirmos crises e pandemias, e aproveitando un dos primeiros escapartes do que xa puideron disfrutar moitos este verán -A Semana Verde de Silleda- conta como foi indo a empresa: "traballar bastante mais", "producir o dobre" que cando comezou o proxecto e atracacar comercialmente con éxito en portos interiores e fluviais tan interesantes como o de Padrón (A Coruña).
Ler máis
Ler máis
Os queixos galegos: análise sensorial
Xa se están desenvolvendo as xornadas formativas complementarias sobre a análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP), impartidas pola experta catadora Salomé Beiroa. son catro xornadas formativas dirixidas a aqueles que teñen coñecementos na materia. As prazas xa están cubertas, pero tamén se celebran seis xornadas máis de iniciación para as que aínda se admiten inscricións. A formación é -en todos os casos- gratuíta, e está dirixida ao sector e industria agrogandeiros.
Ler máis
Ler máis
Arzúa-Ulloa, "Non hai queixa"

A Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa mantén a consolidación do crecemento da produción dos seus queixos, cun 2,10 por cento máis en 2020 en relación co ano anterior, no que mandou na economía un desconcerto xeral que en maior ou menor medida chega ata hoxe.
Non obstante, "a situación está ben; non hai queixa", segundo o balance resumido do presidente do Consello Regulador da DOP, Xosé Luis Carrera Valín, quen recorda que durante a última década "crecemos un pouco. Estivemos estabilizados un anos pero, precisamente, o ano pasado, que foi o ano da pandemia, medramos".
Ler máis
Queixos galegos para o Nadal cun selo especial
Pode que coa chegada do novo ano e coa festividade de Reis toque un cambio de proposta e que suxiramos poñer na cesta das viandas para estas festas tamén uns queixos ecolóxicos, incluídos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Hai moito onde escoller e moito do que poder desfrutar, pero a invitación destes días é a de levar ás nosas mesas non xa queixos galegos -moitos e moi bos-, senón os que que están acollidos a Galicia Calidade, un selo e unha marca de garantía da Xunta de Galicia con máis de 120 empresas, máis de 400 produtos amparados e un cuarto de século percorrido. En Galicia Calidade hai queixos acollidos das catro denominacións de orixe protexida (DOP) -Cebreiro, Arzúa-Ulla, Tetilla e San Simón da Costa. Sexa cal sexa elección, será boa. Velaquí as propostas.
Ler máis
Ler máis
Bo Nadal con 'Daniberto', 'Feijoo' e 'Anzuxao'
Aínda que o queixo que máis se vende entre os galegos é o da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa -o segundo de España en facturación, despois do queixo manchego- o 'Tetilla' é o que, probablemente, teña unha maior proxección internacional, en versión autorizada, neste caso, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida deste último. A súa impresión olfativa, o seu sabor suave, e a súa textura cremosa fano ideal para calquera momento e padal, segundo a DOP Qeixo Tetilla, e non lle falta razón. E neste contexto, a para o Nadal - á volta da esquina- unha selección: a dos queixos Tetilla incluídos en Galicia Calidade.
Ler máis
Ler máis
Bo Nadal con dous 'San Simón da Costa'
As queixerías Daniberto e Casleiras teñen moito en común: excelentes produtos, como os queixos que fabrican -baixo a mesma denominación- no caso do San Simón da Costa; a proximidade e complicidade que dá ser orixinarios da mesma parroquia ou a de facer un produto que parece non ter competidores semellantes nos mercados nacionais e internacionais. E como é ben coñecido, parece que non hai ninguén -ou deben ser moi poucos- os que non lle guste este queixo. Pero máis aló destas circunstancias, imos falar dos dous queixos como propostas para este Nadal desde outra óptica, a de dispor da certificación de Galicia Calidade.
Ler máis
Ler máis
Bo Nadal cun bo queixo Cebreiro
A poucas xornadas das Festas do Nadal, é importante ir aprovisionándose das mellores viandas, aos mellores prezos, sen esquecer que na cesta dos manxares para a Noiteboa, a fin de ano ou na festividade de Reis, non deben faltar unhas pezas dos mellores queixos galegos. Hai moito onde elixir, pero unha boa escolma, sen dúbida, pode vir nesta ocasión da man de Galicia Calidade e dos queixos que certifica. Todos os seleccionados para a ocasión están acollidos a algunha das catro Denominacións de Orixe Protexida (DOP). O queixo do Cebreiro Santo André é a última incorporción á empresa pública, que certificou a calidade de máis de 120 empresas e 400 produtos dos sectores máis representativos da economía galega.
Ler máis
Ler máis
'Ulla', un queixo artesanal dos de sempre
Hai máis de cincuenta anos que Gandería Louzao decidiu elaborar e vender leite, cunha explotación que puxo en marcha o bisavó de Manuel Carbia Martínez, o actual propietario, que -aínda que xoven- conta xa co apoio dunha nova xeración disposta non xa a botar unha man, senón a tomar o relevo no seu día. E do traballo e do esforzo das últimas décadas, o proxecto inicial foise transformando en Leite Ulla, factoría da que saen desde hai uns dez anos queixos frescos e queixos tenros. Todo baixo o tradicional e grande paraugas do 'queixo país' e co selo do leite crú.
Ler máis
Ler máis
Desde Irixoa con 'Bretón'
Lácteos Bretón está situada no municipio coruñés de Irixoa, no lugar de Mántaras, e leva máis de 30 años elaborando uns queixos que está empresa familiar non dubida en cualificar como artesanais, coa calidade como o seu activo fundamental. A empresa fundárona en 1989 os país de Natalia Bretón Roca, hoxe á fronte da queixería.
Elabora os seus produtos con leite pasteurizada, non conta con gandería propia e aporta ao mercado uns 10.000 quilogramos cada mes, o que permite falar dunha pequena empresa, de carácter familiar.
Ler máis
Elabora os seus produtos con leite pasteurizada, non conta con gandería propia e aporta ao mercado uns 10.000 quilogramos cada mes, o que permite falar dunha pequena empresa, de carácter familiar.
Ler máis
Cursos gratuítos na análise sensorial dos queixos galegos

Galicia contará a partir de finais deste mes con formación especializada sobre a análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP). Serán en total vinte xornadas formativas, de carácter gratuíto, que se impartirán en diferentes puntos da xeografía galega, promovidas pola catadora Salomé Beiroa e financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvamento Rural (Feader) e pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Colaboran diversas entidades máis, entre elas os catro consellos reguladores dos queixos galegos con DOP.
Ler máis
Ler máis
´Verbas', queixo para comer e cantar
Velaquí un produto para comer e para cantar. Pódese tomar o enunciado ao pé da letra, xa que tras a degustación dun bo queixo do país e acalmada a fame, sempre deron os xantares, ceas e papatorias en xeral neste país para atacar unhas cancións populares na sobremesa. É mágoa que costumes coma esta, cantar logo de comer, estean a desaparecer. No lugar da Curiscada, parroquia de Berres, en terras arzuás, fai camiño dun ano que saen uns queixos de fábrica coa proposta referida.
Ler máis
Ler máis
Artelac, calidade baixo control
Artelac comezou a elaborar queixo, baixo a denominación Arzúa-Ulloa, en 2003, aínda que a actividade remóntase ao ano 2000, sempre na localidade de Outeiro de Amoexa, en Antas de Ulla (Lugo). "No corazón de Galicia", resalta o seu propietario, Antonio Ferreiro Ferreiro, quen lembra que daquela estaban á fronte do proxecto os seus pais, hoxe xubilados. O pai tiña as vacas, a nai facía algo de queixo, e de aí xurdíu o proxecto cara a comercialización do produto.
Ler máis
Ler máis
Diqueixa: artesán mantecoso, curado, picante
Diqueixa púxose en marcha no ano 1992, despois de que o maior dos tres irmáns da familia de Modesto e Carmen (Casa Diéguez) acordase abrir unha queixería en Olveda, localidade do municipio lucense de Antas de Ulla. Eran tempos nos que algúns produtores -apremiados pola cuota láctea e polas sancións que acarreaba sobrepasar os límites establecidos pola Unión Europea- comenzasen a pensar en dar o salto á obtención de derivados lácteos, co queixo como principal activo. Hoxe, por mor da ampliación do negocio, as instalacións de Diqueixa están no polígono industrial do vecino Concello de Monterroso.
Ler máis
Ler máis
'Xanceda', territorio ecolóxico
A Casa Grande de Xanceda ( no lugar do mesmo nome s/n, en Mesía, A Coruña) e moito máis que un centro no que se elaboran e se venden con éxito diariamente produtos lácteos dunha contrastada calidade e un alto valor ecolóxico. Aquí fanse ao longo do ano ecovisitas para particulares, grupos e colexios, e pódense revivir fermosas historias e aventuras que paga a pena descubrir. As sorpresas da granxa ecolóxica están aseguradas, para pequenos e maiores. Daquí saen iogures de diversos sabores, bífidus, sirtaki, kéfir, Ele Casei, xeados de iogur, de kéfir, de chocolate ou manteiga, xunto co Queixo Peregrino e o Queixo Cremoso, todo co selo ecolóxico, e dicir, sen aditivos, producidos de xeito sostible e de animais que saen pastar todos os días.
Ler máis
Ler máis
A unha semana da Festa do Queixo de Arzúa
Na cima do cartel, o 'Arzúa' -con 55 queixerías e 45 edicións-, e como proposta de trago longo para acompañar, 'Tequila' a esgalla -a de Ariel Rot, iso si, remozada, por mor dos tempos-. E, por suposto, como alternativa á combinación gastro-musical, unha quintaesencia patria dun folk tradicional con reminiscencias celtas: 'Luar na Lubre'. E para pavillóns auriculares igualmente variados, refinados e exquisitos: 'Novedades Carmiña', 'Ladilla rusa', 'Baiuca' ou 'El Capitán Elefante'. Se acaso, para morrer de éxito, só faltaría -despois daquilo 'dun bico e unha flor' ou 'dun libro e unha flor' -o dun queixo 'Arzúa' e un disco compacto da mellor música do país. O 29 de febreiro e o 1 de marzo vólvese celebrar a Festa do Queixo de Arzúa.
Ler máis
Ler máis
'Feijoo': sete décadas de queixo ourensán
Quesos Feijoo é unha das empresas mais antigas de Galicia na fabricación de derivados lácteos, con catro xeracións encargadas ata agora da elaboración dos produtos e máis de setenta anos ofrecendo uns queixos que se resumen en tres conceptos: calidade, artesanía e tradición. A fabricación sitúase nuns 200.000 litros de leite anuais (de vaca, ovella e cabra -cun 70% da de vaca-) e a facturación nuns 350.000 euros.
Ler máis
Ler máis
Lácteos de Moeche, un mediano con gran presencia
A fábrica de Lácteos de Moeche (A Coruña) ten a súa orixe no ano 1955, ano no que o pai do actual copropietario e director -Juan García Camiñas- empezaba a elaborar o produto, como unha actividade máis dentro dos seus negocios, sempre relacionados coa agricultura e a gandería, aínda que se dedicaba tamén á compra-venda de predios e a facer plantacións. Lácteos de Moeche produce diariamente uns 2.000 quilogramos de queixos. Na fábrica traballan 14 persoas e os seus produtos véndense íntegrante en Galicia.
Ler máis
Ler máis
'San Simón', 'patelo', 'requeixo', 'cáparo'
Na comarca lucense da Terra Chá, onde se elabora un queixo afumado que se se producira nunha economía a escala internacional estaría a cotío nas mellores mesas de medio mundo, hai tamén importantes propostas que pasan desapercibidas por que non se coñecen tanto ou case nada. Nin o seu nome. Deixemos fóra, xa que logo, o queixo San Simón da Costa e, por unha vez, tamén, ese 'patelo' que resume na nomenclatura chairense o queixo do país, o de Galicia de toda a vida. Pero aquí faise ademais un requeixo que ten tanta tradición ou máis que o 'San Simón' ou que o 'patelo'. Está igualmente outro produto rebuscado, tan clásico e antergo como descoñecido polo seu nome: o 'cáparo'.
Ler máis
Ler máis
Galmesano, sabor engadido
Os fabricantes do queixo 'Galmesano' pasan por seren hoxe en día os únicos do Estado que elaboran o produto coa súa propia técnica, co que non se encadran en ningunha denominación. Trátase dun queixo curado (semigraxo, de longa maduración) de pasta dura cocida, cuxo proceso de elaboración se desenvolve totalmente no concello coruñés de Arzúa (Lugar de Teiraboa s/n). Faise partir do leite de vacas en réxime de pastoreo seleccionadas pola propia queixería. Empregan unha fermentación indirecta de elaboración, xa se ten como norma non traballar con fermentos industriais.
Ler máis
Ler máis
"Dous de cada tres queixos galegos están fóra das denominacións"
Baixo as Denominacións de Orixe Protexida (DOP) hai moitos e moi bos produtos, e iso non é menos certo no caso dos queixos. Pero non se pode esquecer que dúas terceiras partes do queixo que se fabrica en Galicia están fóra das denominacións. E son igualmente bos, e gozan do recoñecemento dos consumidores. E como hai que adaptarse a quen merca o produto, se se pide, por exemplo, queixo de barra, en lonchas, haberá que facelo. Pero iso si, con leite galego, e xerando riqueza na comunidade autónoma. Esta é unha mensaxe que lanza Lito Andión, xerente de Hoxe Sociedade Cooperativa Galega (Lalín / Pontevedra) , convencido de que coa materia prima da que dispoñemos habería que remediar que de fóra veñan vender queixo que se fai aquí.
Ler máis
Ler máis
Os mellores queixos galegos, a exame
Unha vez máis - cara final do ano- está en marcha unha nova edición das Catas Oficiais dos Queixos e Meles de Galicia, para premiar os mellores de cada unha destas áreas produtivas, tradicionalmente ligados as sobremesas e agora, afortunadamente, cada vez máis valorados, consumidos e utilizados no tan amplo como variado mundo da gastronomía.
Ler máis
Ler máis
Goente pecha a campaña queixeira galega
Despois das horas previas á celebración o pasado domingo da XI Feira do Queixo do Eume e o Mel de Goente -con choivas abundantes durante a madrugada, que afectaron ao pavimento de cemento do recinto cuberto- á actividade comercial e a trasfega de visitantes e mercadorías foron xenerosas nas horas previas ao xantar, e pola tarde. As estimacións, sen afán de ser exhaustivos, poderían estar en máis de 4.000 visitantes, segundo os cálculos aproximados da conselleira delegada especial de Turismo, Comercio e Hostalería do concello das Pontes (A Coruña), Elena López.
Ler máis
Ler máis
Biscato, un crú de Guitiriz con recendos franceses
Biscato, que ven a ser unha pequena porción de algo, por exemplo, dunha leira -e máis grande, xa que logo, que o biscallo que levan os paxaros no peteiro para darlle de comer ás crías-, vai camiño dun ano que é tamén o nome dun queixo galego. Moi especial, porque se trata dun elaborado de vaca con leite cru, de pasta branda e cortiza amofada, que destaca o fabricante que ten "moita personalidade", xa que aporta sabores e recendos que lembran o pasto e os matices da alta montaña, con olores lugueses e con Francia de fondo.
Ler máis
Ler máis
Queixo Tetilla, un clásico fóra de Galicia
En xullo de 2017, Javier Sampayo foi nomeado presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, en substitución de Carlos Cid González. Aterrou nesta nova responsabilidade cando se estaba traballando na celebración dos 25 anos de existencia desta denominación. Lembra que nestes últimos tempos, as cousas non foron "doadas", posto que coa chegada da crise, o forte crecemento sostido de anos atrás experimentou unha importante caída nas vendas a partir de 2010 (que eran por entón de 2,24 millóns de quilogramos). As cousas melloraron ao tempo que o fixo a economía e ao peche de 2018 a produción pechaba nos 1,52 millóns de quilogramos. Pero os novos tempos reclaman propostas novas.
Ler máis
Ler máis
Queixos de arcón e de escaparate
A feira internacional Semana Verde de Galicia ten no seu conxunto unha destacada compoñente de escaparate, que volveu funcionar estes días con intensidade no seu Salón de Alimentación do Atlántico. E esta é unha dimensión que vai gañando tamén relevancia no mundo dos queixos galegos, onde as vendas no recinto de Silleda (Pontevedra) -que non deixan de ser importantes no cómpunto de resultados das empresas- van dando paso, cada vez máis a unha información completa de que compra e como se compra. Neste especial escaparate puxeron os seus ollos máis de 128.000 asistentes.
Ler máis
Ler máis
Semana Verde: tamén recital de queixos
O municipio pontevedrés de Silleda pon hoxe en marcha a XLII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que arranca co respaldo de cifras tan significativas como as do ano pasado, con 710 expositores directos, unha superficie ocupada de preto dos 18.000 metros cadrados, 200 actividades e unha asistencia que os organizadores consideran que sobrepasou amplamente os 100.000 visitantes. Dentro do mundo dos queixos galegos, que é o que centra fundamentalmente estas páxinas, hai, cando menos 13 fabricantes do país, moitos das catro denominacións de orixe protexidas, e outros como o de cabra ou tradicional requeixo das Neves (Pontevedra).
Ler máis
Ler máis
'Anxuzao': bo produto, trato exquisito
Se tes un bo produto e un trato exquisito, a proximidade, a venda directa, debe seguir sendo, tamén hoxe, moito máis que un valor engadido. E pode que esteamos a recuperar o concepto de excelencia tan devaluado nestes últimos tempos, cando o que che anunciaron non é o que esperabas. A excelencia moderna pasa, desde logo, polo que fan -nesta economía cada vez máis impersoal e globalizada- marcas como Queixos Anzuxao, para o comprador, próximo, directo, que sabe o que quere e que o ten puntualmente na súa casa. E se algo non é do seu agrado, o lema é garantir que o consumidor quede sempre satisfeito.
Ler máis
Ler máis
Monterroso celebra o domingo a Feira do Queixo na Ulloa
Chega unha nova edición da Feira do Queixo na Ulloa, mañá domingo, no municipio lucense de Monterroso. O encontro era rotatorio, entre os tres concellos da comarca: Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso. Pero hai uns anos -como xa é ben sabido- Antas decidiu non participar, porque economicamente resultaba gravoso para o concello, e deixou de lado o proxecto. De feito, houbo unha ocasión na que non se celebrou o encontro. Desde aquela, relévanse na convocatoria Palas e Monterroso, sempre con éxito e cun público fiel que busca as mellores pezas, nun ritual latente que vai máis aló dos tempos da produción para o consumo propio, para un queixo que maduraba e ía mellorando co paso do tempo. Ata os dous anos podía chegar o proceso, ao amparo do fresco do aire do norte e dos cuidados rutineiros para evitar que se estragara.
Ler máis
Ler máis
'Cebreiro', crecemento "lento pero firme"
Un ano con outro, a celebración da Feira do Queixo do Cebreiro conta cunha participación "espectacular", en palabras do presidente de Denominación de Orixe Protexida (DOP) deste produto da montaña lucense, Enrique Fernández, quen á carón da nave que acolle aos expositores do derivado lácteo, non puido menos que cruzar hoxe os dedos para que o anuncio do anticiclón afastara agoiros e algunhas nubes negras que ían de paso. Afortunado no desexo, porque o tempo quedou en desapacible. E os asistentes contentos, xaque logo, volveron mercar sen atafego viandas, útiles domésticos e do campo e queixo dabondo. Tiveron logo oportunidade de degustar 'clásicos' como o polbo á feira. Aparcar, iso si, non foi tan doado.
Ler máis
Ler máis
'Cebreiro', un queixo tan singular como antigo
Cúmprense estes días os primeiros 28 anos promocionando e vendendo un dos queixos galegos máis singulares, despois de que lograse recuperarse -non sen moito esforzo- o xeito de facelo antigamente. Daquela, era para o consumo da casa e só de cando en vez se lograban vender algunhas pezas baixo demanda. A do 'Cebreiro' é a historia dunha tan acaída como oportuna recuperación, cando non existía case nada que lembrase como se facía e a súa desaparición parecía algo seguro.
Ler máis
Ler máis
Tempo do San Simón da Costa
O sábado choveu dabondo en Vilalba (Lugo) e tamén houbo neve preto da capitalidade da Terra Chá. En compensación, na xornada dominical, ata que pechou a Festa do Queixo San Simón da Costa, non fixo falla abrir o paraugas, o que axudou ás vendas. O número de asistentes -sempre difícil de calcular- estivo en liña con edicións anteriores, e houbo quen falou inclusive dalgún incremento. En todo caso, este queixo segue captando a atención dos visitantes, que volveron ter a oportunidade de degustar gratis o produto nos propios puntos de venda e de máns de dous recoñecidos cociñeiros, aínda que soubo a pouco. Todo sen olvidar o concurso de petiscos.
Ler máis
Ler máis
San Simón da Costa, 25 anos de festa
O queixo San Simón da Costa celebra esta fin de semana a súa vixésimo quinta edición, dúas décadas e media de traballo nas que se avanzou significativamente na produción e comercialización do produto e na súa proxección internacional, facendo boa a publicidade que vén dicir aquilo de 'alí onde chega, convence e vende'. Todo sen renunciar o xeito tradicional de facer o produto. E como hai que ir cos tempos, para esta edición, este queixo chairego é reclamo dun escaparate que ten vistas a toda España: a lotería da ONCE. Ademais de bo queixo, Vilalba ofrecerá múltiples novidades sábado e domingo.
Ler máis
Ler máis
Queixo e pan debaixo do brazo
A localidade de Friol volveuse converter un ano máis no gran escaparate gastronómico e turístico do municipio lucense, coa exposición e venda dunhas 12.000 pezas de queixo, mentres que as cinco panaderías da parroquia de Ousá trouxeron ao feiral máis de 3.500 pezas de pan. O resultado final foi o habitual, a comercialización de boa parte dos produtos. Queixo e pan locais vendéronse na gran carpa da Praza de Andón Cebreiro, arredor da cal volvéronse colocar os postos nos que se puideron mercar diferentes produtos agroalimentarios do municipio, como carne, mel ou ovos.
Ler máis
Ler máis
Camiño da 5ª Feira do Queixo de Moeche
O balance da 4ª Feira do Queixo de Moeche foi "moi positivo" , e houbo máis xente este domingo que na pasada edición. Máis queixerías e, ás dúas da tarde, o que estaban transmitindo algúns postos de venda é que xa non tiñan existencias, mentres outras ían camiño do mesmo. Un dato significativo: algúns dos participantes confirmou vendas superiores mesmo ás de hai uns días no Fórum Gastronómico da Coruña. En conclusión, considera a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, que a feira local do queixo entra na etapa de consolidación e que se pode "seguir apostando por este sector e por este produto", sinalou.
Ler máis
Ler máis
Feira en Moeche con sabor a Gamonéu

As festas gastronómicas no norte coruñés, con encontros anuais dabondo coñecidos como A Festa do Requeixo da Capela (a finais de agosto) ou o A Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente (en outubro), teñen este fin de semana réplica no municipio de Moeche, que celebra a cuarta feira de exaltación do queixo local. Ao encontro acudirán en total 26 productores, entre eles, queixerías das catro denominacións de orixe protexida (DOP) de Galicia e un invitado moi especial, o queixo asturiano Gamonéu. Para achegarse ao encontro, un ano máis, funcionará o Tren do Queixo.
Ler máis
Ler máis
Arzúa repite éxito coa Festa do Queixo
A Festa do Queixo de Arzúa espera superar nesta edición que hoxe se pecha "todas as expectativas", despois de que o sábado acudise moita xente aos actos programados en que ao longo da xornada dominical houbese unha resposta similar, segundo as primeiras impresións do alcalde deste municipio coruñés, José Luis García. Un ano con outro, este encontro anual congrega durante tres días arredor do queixo e da música uns 40.000 asistentes. Choveu na xornada dominical, pero os paraugas e as ganas de pasalo ben superaron inconvenientes.
Ler máis
Ler máis
Cita co queixo en Moeche
Comenza a tempada feiral para os queixos galegos, coa celebración, este mesmo fin de semana, da 44 Festa do Queixo de Arzúa (A Coruña), á que seguirá o domingo, día 17, a de Moeche (A Coruña), para a que confimaron xa a súa asistencia un total de 26 produtores. A estructura será moi similar á das últimas tres edicións, concentrando na nave do mercado desde pola mañá ata a tardiña toda a actividade expositiva e comercial.
Ler máis
Ler máis
Entroido con sabor a queixo e música
A Festa do Queixo de Arzúa cambiou este ano de data. E iso, co obxectivo de non coincidir co Entroido e que a xente puidese gozar de ambas festas. E co Entroido en plena efervescencia, chega a conta atrás para un dos 'supervendas' dos queixos españois. O xoves, 7 de marzo, inaugúrase a escultura homenaxe ao queixo, creada por Cándido Pazos. Hai moitas novidades máis, como a elaboración dun queixo xigante co mapa de Galicia. E está tamén o esperado pregón desta 44ª edición, que se lle encargou ao cociñeiro de 'Larpeiros', Benigno Campos. O domingo, día 10, chegaralle o turno aos queixos, coa gran exposición anual no recinto feiral. E logo música, moita e boa música.
Ler máis
Ler máis
'Viajeros' queixeiros
Empezan a ser tempos de Xacobeo e, como en todo camiño que se prece, sempre hai viaxeiros e non falta nunca un bo anaco de queixo que axude a facer máis levadeira a camiñata. Vén a conto, porque en terras de Melide teñen aqueles que van cara á capital galega, pola milenaria rota, a oportunidade de facer un descanso para proverse deste derivado do leite. Ben seguro que é moito máis antigo que o propio Camiño de Santiago. Que xa é dicir. 'Tres Viaxeiros' traballa coa proposta de ligar queixo e Camiño de Santiago.
Ler máis
Ler máis
'Don Crisanto': un sabor de premios
A Queixería Don Crisanto iniciou a actividade en 1990, na parroquia vilalbesa de Lanzós. Nese ano puxéronse en marcha outras cinco co selo da parroquia que lle dá nome á denominación deste valorado produto: San Simón da Costa.
'Don Crisanto' segue a ser unha pequena queixería, con nada menos que dous premios especiais nas últimas edicións de 'Alimentos de España' ao mellor queixo. Na cata de queixos de Galicia do pasado ano, acadou as medallas de ouro da denominación Tetilla e San Simón da Costa.
Ler máis
'Don Crisanto' segue a ser unha pequena queixería, con nada menos que dous premios especiais nas últimas edicións de 'Alimentos de España' ao mellor queixo. Na cata de queixos de Galicia do pasado ano, acadou as medallas de ouro da denominación Tetilla e San Simón da Costa.
Ler máis
Un San Simón cremoso e suave
Instalada no centro da parroquia que lle da nome á Denominación de Orixe San Simón da Costa, Queixería Valado ofrécelle aos amantes deste derivado lácteo a posibilidade de degustar "un dos mellores queixos de Galicia" e sinalan os produtores que, "posiblemente de toda España". Non en balde, 'Valado' foi galardoado co Premio Cincho de Ouro ao mellor queixo curado de vaca na edición 2006 e conta tamén cun Accésit de Ouro aos mellores queixos españois de pasta prensada de vaca 2007, ambos do Ministerio de Agricultura.
Ler máis
Ler máis
'Pacita': familiar, tradicional, natural
Queixos Pacita ( Friol, Lugo) ofrece un produto familiar, tradicional, natural. Empezou hai máis de trinta anos, e foi en 2002 cando montou a queixería. Trátase dun queixo elaborado con leite cru, de produción propia, artesano, que ofrece todas as posibilidades: fresco, cremoso, semicurado e curado. E levan arredor de catro años cun novo produto, tamén de gran aceptación: o queixo picante.
Ler máis
Ler máis
Queixos para o Nadal

De Don Crisanto (Tetilla e San Simón da Costa) a Santo André (Cebreiro curado), pasando por Dona Cobina (Arzúa-Ulloa), Gran Despensa Real Abadía de Samos (Cebreiro) e Artelac (Arzúa-Ulloa Curado). Todos eles son os afortunados cos Premios da XXI Cata dos Queixos de Galicia, que onte se entregaron nun acto celebrado en Santiago de Compostela.
Ler máis
Queixos con sabor a premio
En marcha a XXI Cata dos Queixos de Galicia
A semana que conclúe foi a elixida para a celebración das Cata de Queixos de Galicia, que entra este ano na súa XXI edición. Nesta ocasión participan 59 queixerías, cun total de 70 mostras . No ano 2017 participaron 64 mostras das catro denominacións de orixe, fronte as 66 do ano 2016.
Ler máis
Ler máis
Un proxecto "moi potente" para o requeixo das Neves
Catering Bluemoon Gastro. Dentro da marca, ao que se adican é a facer asesorías a restaurantes, abrir gama de producto, como se está a facer no caso de Alejandro Martínez -impulsor do requeixo das Neves (Pontevedra)- e asesorar tamén outros tipos de comercio. No que máis se centran e no catering e na asesoría de restaurantes, onde sinalan que se forma á xente, por exemplo, en materia de novas tecnoloxías. Boa filosofía, o empresario necesita formar á xente e en vez de despedir, aposta porque alguén se encargue de formar.
Ler máis
Ler máis
As Pontes ábrese a proxección do queixo galego

Despois dunha ameaza de mal tempo con nome de furacán o sábado e dunha chuvia torrencial na madrugada do domingo, o recinto cuberto da Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente aguantou e poido adornar e defender a xornada coas novidades previstas. Lonxe de pensar en que este encontro puidese ir a menos ou desaparecer, polo retraso na convocatoria, o alcalde das Pontes de García Rodríguez, Valentín González, sinalou que, ao contrario, é obxectivo agora que haxa cada vez unha maior proxección do queixo galego neste encontro anual.
Ler mais
Ler mais
As Pontes prepara para o domingo a Feira do Queixo e Mel
A Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente celebra este domingo, 14 de outubro, nova edición. Chega, deste xeito, aos seus primeiros dez anos promocionando dous dos seus produtos estrela, cuxa elaboración está centralizada en dúas parroquias do municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez: A Faeira e Goente. O feiral abrirá as súas portas ás dez da mañá, coa apertura dos postos de mel e queixo dos produtores locais e coa aportación de diversos artesáns procedentes de distintos puntos de Galicia.
Ler máis
Ler máis
"A xente ten moito interese pola cociña"
Yayo Daporta ten nos queixos galegos uns aliados importantes na súa cociña, porque sabe que poden integrarse con vantaxe nos pratos que elabora e que aportan moito valor culinario engadido. Este chef, con mando e praza gastronómica no pontevedrés concello de Cambados, está tocado por unha 'estrella Michelín' dende 2008, e alumeado por 'dous Soles Repsol', dende 2015. Na última edición da Festa do Queixo San Simón da Costa, casaba en demostración pública queixo e pataca, pataca e queixo, de San Simón, claro. Non quedou ninguén dos asistentes sen probar un petisco da súa cociña en directo.
Ler máis
Ler máis
Queixo a Queixo: 'Mouro', de Campo Capela

O 'Mouro', da Cooperativa de Produtores do Campo Capela, é un
queixo tenro, de pasta branda, feito con leite cru, con dous meses de maduración. O seu especial sabor débese a que pasa un tempo
somerxido nunha infusión de café e canela, para continuar logo co seu proceso de curación, ata convertelo nun semicurado.
Vai xenial cos viños brancos do país. Tratase dun queixo que combina marabillosamente con chicharróns, e fai tamén boa parella cando se consome con arandos e con froitos secos, como poden ser unhas noces.
Ler máis
Máis de 5.000 visitantes na Festa do Requeixo da Capela
A Festa do Requeixo da Capela congregou hoxe a máis de 5.000 persoas na súa trixésima edición, na que se puxeron á venda arredor de 6.000 terrinas deste prezado produto da comarca coruñesa do Eume. A xornada estivo marcada polo bo tempo e por unha ampla oferta expositora, con 28 vendedores nas carpas e outros 60 repartidos por todo o recinto feiral.
Ler máis
Ler máis
En agosto, Requeixo da Capela
Todos os anos, nos últimos trinta, coincidindo co domingo co que pecha o mes de agosto, o municipio coruñés da Capela exalta un dos seus productos máis prezados: o requeixo. Conxuga o encontro tradición e popularidade, nunha comarca -a do Eume - que en cada convocatoria concita a participación de miles de asistentes, que degustan na propia localidade o producto, como sobremesa. Pero son moitos tamén os que o levan para convidar a familiares e amigos.
Ler máis
Ler máis
Don Gabino, un San Simón de sempre
Iniciado o último decenio do século pasado, púñase en marcha na vilalbesa parroquia de San Simón da Costa unha das fábricas cuxa contribución non fixo máis que impulsar un dos queixos galegos máis estimados, con máis sona e cun futuro que para eles quixesen outros moitos produtos do país. Queixería don Gabino entrecrúzase e barállase na historia recente coa doutras fábricas que tiveron un teñen orixe no lugar onde se fai un queixo para moitos difícil de repetir.
Ler máis
Ler máis
Un chef da Ulloa

Haz clic aquí para editar.
Non temos moita variedade, pero "a calidade dos queixos é indiscutible", como sucede coa maioría dos produtos gastronómicos do país. Así o entende o cociñeiro Diego López, quen comparte a aseveración co prestixio que teñen dentro e fóra, por exemplo, as carnes e os peixes de Galicia, un recoñecemento ben difícil de superar. Diego López, un envexable emprendedor de éxito, que correxenta en Lugo o restaurante Bulló-Xantar, é amante da calidade e non dubida en apostar polos produtos ecolóxicos e biosáns.
Ler máis
Ler máis
Casa Zolle, un crú cento por cento galego
O mundo dos queixos galegos ten desde hai uns meses un novo fabricante, Casa Zolle (Friol, Lugo), que aproveitou a celebración da última Feira do Queixo e Pan de Ousá para facer a súa presentación oficial. Á fronte da empresa está Ovidio Zolle Vázquez, que fala dunha fábrica artesanal coa referencia dun produto sen denominación de orixe que pretende, fundamentalmente, divulgar e confrontar o queixo lucense de Friol "coa calidade máis grande que hai", afirma.
Ler máis
Ler máis
Os queixos da Semana Verde
Os amantes dos queixos galegos tiveron este fin de semana en Silleda importantes novidades, coa presentación de novos produtos incorporados xa ao mercado ou que se porán a venda nunhas semanas. Non faltaron tampouco as degustacións, a preparación de pratos, petiscos e sobremesas elaborados a partir do derivado lácteo. Se algo destacaron os expositores, ademais dunha certa evolución positiva na comercialización dos seus produtos no presente exercicio, foi a presencia masiva de público ao feiral da Semana Verde.
Ler máis
Ler máis
'Queixo en Verde'
O queixo galego ten na Semana Verde de Galicia unha crecente importancia. Nesta ocasión, seguindo o programa de expositores, estarán no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) camiño da ducia de fabricantes, que ademais de produtos das catro denominacións de orixe protexidas (DOP) galegas, aportan outras variedades, incluídos os queixos ecolóxicos. E no faltan os de cabra ou o tradicional requeixo de As Neves, sen esquecer marcas procedentes doutros puntos de España, como o Idiazábal (Guipúzcoa).
Ler máis
Ler máis
Queixo a queixo: 'Arzúa', de El Labrador Estradense
Este queixo -destaca o fabricante- convida a pouca elaboración; porén, salsas, cremas e souflés preséntanse como deliciosos protagonistas se o levan. É idóneo tamén para tomar de sobremesa e para combinar con pera ou preparar en elaboracións con flans, tortas e mousses como pode ser a de augardente e mel.
Ler máis
Ler máis
'Barral': atención ao consumo
A Queixería Barral chega a unha data importante en 2019, cumpre os seus primeiros trinta anos fabricando queixos. Á fronte desta empresa familiar está Juan Carlos Barral Camba. As instalacións están situadas en Pantiñobre, a catro quilómetros do municipio coruñés de Arzúa. Cun mercado local e galego amplo, español e incipientemente internacional, a marca vende camiño dos 500.000 quilogramos de queixo anuais. Tendencias, innovación, produtos novos e crecemento son os argumentos clave que moven con éxito á empresa.
Ler máis
Ler máis
“Chega un momento en que “o queixo é bo, pero hai que pasealo”

O queixo é un produto alimentario completo como poucos, pero hai que facer un adecuado uso del. Para Miguel Santalices, médico, presidente do Parlamento de Galicia e pregoeiro da última Feira do Queixo na Arzúa, procede implicar aos mais pequenos no consumo do queixo como procede tamén, noutra orde de cousas, metelos no coñecemento das institucións autonómicas. Por iso, a Cámara Lexislativa galega está a invitar aos rapaces en idade escolar a ver como se desenvolve a actividade na primeira institución do país, onde recalca que radica “a democracia que temos hoxe en Galicia”. E no que toca á cultura do queixo, di que procede fomentala desde o colexio. Pero hai que considerar que contén certas doses de colesterol, e que non serve enganarse: disfrutalo, si, pero sen olvidar nunca que "hai que pasealo".
Ler máis
Cinco galegos na selecta 'queixeira' de Gourmets
Os lucenses acapararon todos os premios que lle corresponderon a Galicia no '9 Gourmet Quesos / Campeonato de los mejores Quesos de España 2018' -dentro do 32 Salón de Gourmet, que estes últimos días se celebrou en Madrid- na que está considerada a maior mostra queixeira española. Foi unha disputada final, despois dunha rigorosa selección entre os máis de 725 queixos que aspiraron ao título. Tan só foron 72 os seleccionados, por un xurado formado por 50 expertos.
Ler máis
Ler máis
O San Simón quere seguir avanzando na exportación
O queixo San Simón da Costa teno practicamente todo para seguir triunfando. Fáltalle, se acaso, que a súa calidade e o valor do produto elaborado se correspondan cun prezo máis axeitado no mercado. Fronte á gran competividade que ofrece, o secretario xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP), Ángel Ramil, cré que uns prezos de venda máis altos serían xustos, tamén para os gandeiros, que poderían ‘rascar’ por litro de leite algúns deses céntimos que precisan para endereitar a súa maltreita economía.
Ler máis
Ler máis
Ulloa, queixo e exaltación
O queixo galego é un produto que ten o seu interese e a xente non falta ás festas de exaltación. Responden os visitantes mellor que ben e acoden porque entenden que é algo seu. E aí seguen a estar nos encontros anuais do Cebreiro, Vilalba (San Simón da Costa), Arzúa (Festa do Queixo de Arzúa) ou Friol. Aínda que chova. Ou que neve, como sucedeu hai nada na última edición da Feira do Queixo do Cebreiro. E non amedrentaron as previsión meteorolóxicas aos visitantes para acudir hoxe á Feira do Queixo na Ulloa. As primeiras impresións do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taoada, falan dunha "boa resposta" e de boas vendas, bo sabedor de que o mal tempo non axuda.
Ler máis
Ler máis
Palas celebra o fin de semana a Feira do Queixo da Ulloa
O queixo que se produce na Ulloa é nestas datas obxecto de especial atención, posto que se celebra a fin de semana no concello lucense de Palas de Rei a súa festa de exaltación. Previamente, no mes de marzo, ten lugar a Festa do Queixo de Arzúa. Son os dous un produto cun selo único, que se elabora e se comercializa baixo o paraugas da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. Agora si, como noutras denominacións, a busca de sabores e matices estará para o consumidor nesta ou naquela marca, que para gustos hai sabores. O pregoeiro desta edición será o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.
Ler máis
Ler máis
Medrando co queixo San Simón da Costa
Con efectos tan distorcedores como a crise económica ou a beneficiosa circunstancia do Xacobeo do ano 2010, á hora de facer un balance da produción do queixo San Simón da Costa, desde o ano 2000 ata a actualidade, hai que sinalar que a denominación non sae malparada nos últimos lustros. Un indicador esclarecedor é que, no que vai de século, a produción dos queixeiros da Terra Chá incrementouse nun 347,3 por cento.
Ler máis
Ler máis
San Simón, queixo en vivo e en directo
Algo tan galego como, por exemplo, unha deliciosa pataca de Xinzo ou de Coristanco, vencellada ao queixo, co resultado de tres pratos distintos, obra o cociñeiro Yayo Daporta; ou outros cinco máis traballados igualmente en vivo e en directo polo chef Diego López, aportaron hoxe colorido á Feira do Queixo San Simón da Costa. A chuvia, abonada máis do desexable á exaltación do queixo vilalbés, non botou para atrás aos visitantes. As vendas parece que non se resentiron en relación coas de 2017.
Ler máis
Ler máis
Vilalba celebra este fin de semana a XXIV Festa do Queixo
A capitalidade do municipio lucense de Vilalba celebra este fin de semana a Festa do Queixo San Simón da Costa, un encontro que entra na súa vixésimo cuarta edición e que xunto coa oferta máis completa dos queixos que se elaboran na comarca permitirá disfrutar tamén aos visitantes de moi variados produtos artesanais e gastronómicos, moitos deles da Terra Chá. É esta desde logo unha das mellores oportunidades do ano para facerse con algunhas das mellores pezas do afamado queixo vilalbés dos fabricantes preferidos, e acaparar algúns para degustar nos próximos meses.
Ler máis
Ler máis
Queixo do Cebreiro con neve de fondo
Non é a primeira vez que neva no Cebreiro con motivo da exaltación do queixo da denominación de orixe do mesmo nome, como tampoco faltaron ocasións nas que os visitantes se achegaron ata a montaña lucense para disfrutar da feira en mangas de camisa, con sol e un calor propios do verán. Hoxe foi un día dos primeiros, con neve abundante e aficións moi distintas, entre os que acudían a disfrutar de xornada festiva e gastronómica, sorteando beirarrúas co coidado den non escorregar, e os que se concentraron nas leiras da contorna con todo tipo de útiles para deslizarse ladeira abaixo.
Ler máis
Ler máis
As Neves celebra mañá a XXVII Feira do Requeixo e Mel
O concello pontevedrés de As Neves celebra este venres a súa XXVII Feira do Requeixo, un encontro que acolle un ano con outro arredor de 10.000 visitantes, aínda que ao longo da semana son múltiples tamén as actividades organizadas co obxectivo de impulsar un producto tradicional, totalmente natural que, indefectivamente, aparece acompañado por outro non menos atractivo da zona: o mel. Tal é así, que chegan a venderse ata 4.000 racións na feira, aínda que son moitos os que os mercan para dagustalos na casa ou como agasallo.
Ler máis
Ler máis
O venres, XXXII Feira do Queixo do Cebreiro
Este venres, 30 de marzo, celébrase a XXXII Feira do Queixo do Cebreiro (Lugo) que, xunto coa Feira do Requeixo e Mel de As Neves (Pontevedra), pechan o mes por excelencia da exaltación dos queixos galegos. Despois da Festa do Queixo de Arzúa (A Coruña) -a primeira do ano-, tiveron lugar a de Moeche (A Coruña) e, o pasado domingo, a de Friol (Lugo). Todas en marzo.
Ler máis
Ler máis
Friol volve encher na feira do queixo e do pan

A feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá viuse ameazada cun domingo pasado por auga, aínda quehoubo unha tregua que permitiu que a xente se animase a acudir ao encontro para degustar un ano máis os dous produtos estrela do municipio. O balance, en palabras do alcalde da localidade luguesa, José Ángel Santos, foi positivo en asistencia e e vendas. Houbo nesta ocasión máis queixerias, que trouxeron arredor de 11.000 queixos para vender; e as panadarías 4.000 pezas. De todo iso deron boa conta os visitantes.
Ler máis
Vinte e dúas queixerías na Feira do Queixo de Moeche
O domingo 18 de marzo celébrase no municipio coruñés de Moeche a 3ª edición da Feira do Queixo, un encontro ao que acudirán 22 queixerías procedentes de distintos puntos de Galicia, así como de Asturias, Castela e León e Estremadura. Estarán representados igualmente algúns produtores de queixos máis doutras partes de Europa, que enriquecerán a mostra. Falan en concreto, os organizadores, de especialidades procedentes de Francia, Bélxica, Italia e Suíza.
Ler máis
Ler máis
25 de marzo: queixo de Friol e Pan de Ousá

Unha vez ao ano, o municipio lucense de Friol convírtese nun gran escaparate gastronómico de Galicia e serve de reclamo para que milleiros de visitantes de distintos puntos da Comunidade Autónoma se apunten á unha xornada na que se poden atopar as mellores viandas, polbo incluído. Pero o principal reclamo son dous produtos artesanais do concello: o pan e o queixo, que se multiplican para atender as demandas visitantes que acoden a feira.
Ler máis
Unha vez ao ano, o municipio lucense de Friol convírtese nun gran escaparate gastronómico de Galicia e serve de reclamo para que milleiros de visitantes de distintos puntos da Comunidade Autónoma se apunten á unha xornada na que se poden atopar as mellores viandas, polbo incluído. Pero o principal reclamo son dous produtos artesanais do concello: o pan e o queixo, que se multiplican para atender as demandas visitantes que acoden a feira.
Ler máis
Arzúa: queixo e festa

Arredor de medio cento de queixerías satisfixeron este fin de semana as demandas dos milleiros de visitantes que se pasaron polo municipio coruñés de Arzúa para asistir un ano máis a súa festa de exaltación do queixo, que entrou na súa 43ª edición. E curiosidades do tempo, aínda que non fixo falta o paraugas este domingo pola mañá para percorrer as rúas e visitar os centos de postos de venda, pode que mermasen algo os visitantes é, en especial, os amantes do queixo. Pero, as cifras, a bo seguro que se viron compensadas polo amplo colectivo dos amantes da música, aos que cada ano se lles adica unha especial atención.
Ler máis
Ler máis
Queixo e Camiño
A Consellería do Medio Rural e a Denominación de Orixe Protexida do Cebreiro comprometéronse a traballar na promoción do queixo ao longo do Camiño de Santiago. As liñas de actuación, que aínda se están a valorar, perseguen aproveitar o tremendo tirón que ten o paso da Ruta Xacobea polo concello de Pedrafita, para mostarlle aos peregrinos, as bondades deste produto que, polas súas especiais características, non pode máis que seguir avanzando en produción e vendas, sen perder a súa esencia.
Ler máis
Ler máis
Máis de 50 queixerías na 43ª Festa de Arzúa
O primeiro fin de semana de marzo, o municipio coruñés de Arzúa entra na súa semana grande, xa que terá lugar a edición número 43 da súa Festa do Queixo. O encontro aporta moita actividade económica e medra cada ano tamén a súa xa intensa actividade musical, na que a variedade e calidade arrastran a milleiros de visitantes a concertos de primeira fila. Unhas actividades con outras e un ano si e outro tamén, atraen a uns 40.000 visitantes. Con todas as propostas practicamente pechadas, este año acudirán ao recinto feiral 'Terra do Queixo' 52 produtores e un total de 70 expositores.
Ler máis
Ler máis
Finura e lenda

Da hamburguesa, que define o diccionario da Real Academia Galega como un bisté de carne picada e adobada, que adoita tomarse entre dúas rebandas de pan acompañado de leituga, cebola, tomate, queixo e algunha salsa, quedamos só co queixo e coa carne. Nesta ocasión, falamos da finura do queixo do concello coruñés da Capela combinada coa tan autóctona como lendaria vaca cachena.
Desta harmonía vacuna, transformada en hamburguesa, dá boa conta o restaurante Andarubel, situado xusto na entrada do parque natural das Fragas do Eume (A Coruña) e capitaneado polo cociñeiro Antonio Díaz. Nos seus fogóns ofrece unha cociña tradicional e creativa centrada nos froitos de temporada e de mercado. Non faltan, daquela, algúns tan emblemáticos como os cogumelos e as castañas.
Ler máis
Desta harmonía vacuna, transformada en hamburguesa, dá boa conta o restaurante Andarubel, situado xusto na entrada do parque natural das Fragas do Eume (A Coruña) e capitaneado polo cociñeiro Antonio Díaz. Nos seus fogóns ofrece unha cociña tradicional e creativa centrada nos froitos de temporada e de mercado. Non faltan, daquela, algúns tan emblemáticos como os cogumelos e as castañas.
Ler máis
Táboa internacional con nove dos mellores queixos galegos

Nove queixos, procedentes de seis fabricantes galegos, conforman esta excelente táboa de degustación internacional. A elección non é casual. Hai na cesta elixida un pouco de todo: ovella, vaca, cabra... Son sabores capaces de render os padales dos mellores especialistas. Á proposta deulle carta de recoñecemento hai nada o World Cheese Awards 2017. É dicir, aqueles que escollen entre milleiros, os mellores queixos do mundo de cada ano.
Non é preciso saír da comunidade autónoma galega para atopar queixos dun gran valor gastronómico, avalados sempre por miles de consumidores, pero convén ir coñecendo tamén como se traballa e como se avanza na produción de queixos que non sempre están a disposición do groso dos amantes do produto. É este o caso dos queixos de ovella O Balido, que obtivo nada menos que dúas medallas de ouro na competición internacional.
E postos a debullar galardóns, Cortes de Muar gañou na exposición mundial de 2017 unha medalla de ouro e unha de plata; Queixos Touza Vella fíxose merecedor dunha prata e dun bronce; Queixerías Sarrianas volveu do certame cunha de plata; e para pechar, dous queixos máis que recoñecidos da denominación de orixe protexida San Simón da Costa, Queixería Casleiras e Queixería Catadoiro, que conseguiron senllas medallas de bronce.
Ler máis
Non é preciso saír da comunidade autónoma galega para atopar queixos dun gran valor gastronómico, avalados sempre por miles de consumidores, pero convén ir coñecendo tamén como se traballa e como se avanza na produción de queixos que non sempre están a disposición do groso dos amantes do produto. É este o caso dos queixos de ovella O Balido, que obtivo nada menos que dúas medallas de ouro na competición internacional.
E postos a debullar galardóns, Cortes de Muar gañou na exposición mundial de 2017 unha medalla de ouro e unha de plata; Queixos Touza Vella fíxose merecedor dunha prata e dun bronce; Queixerías Sarrianas volveu do certame cunha de plata; e para pechar, dous queixos máis que recoñecidos da denominación de orixe protexida San Simón da Costa, Queixería Casleiras e Queixería Catadoiro, que conseguiron senllas medallas de bronce.
Ler máis
'Don Crisanto', mellor queixo 'Alimentos de España'

A Queixería Don Crisanto ten bos e variados galardóns. O último, o Premio Especial Alimentos de España ao mellor queixo. Obtivo a puntuación máis alta nunha cata organoléptica a cegas. Este premio ten como finalidade impulsar e dar a coñecer os queixos españoles de máis calidade e as súas particulares propiedades para o padal. Busca tamén estimular aos produtores a obter queixos de calidade.
O recoñecemento deuno a coñecer o pasado venres o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este queixo vilalbés, da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, tivo outros compañeiros de viaxe, outros referentes igualmente atractivos á hora de levar á mesa produtos excelentes.
Ler máis
A Queixería Don Crisanto ten bos e variados galardóns. O último, o Premio Especial Alimentos de España ao mellor queixo. Obtivo a puntuación máis alta nunha cata organoléptica a cegas. Este premio ten como finalidade impulsar e dar a coñecer os queixos españoles de máis calidade e as súas particulares propiedades para o padal. Busca tamén estimular aos produtores a obter queixos de calidade.
O recoñecemento deuno a coñecer o pasado venres o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este queixo vilalbés, da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, tivo outros compañeiros de viaxe, outros referentes igualmente atractivos á hora de levar á mesa produtos excelentes.
Ler máis
Gañadores da XX Cata dos Queixos de Galicia
Xa hai gañadores da Cata de Queixos de Galicia 2017, as distincións de ouro foron nesta ocasión para as marcas Daniberto, da Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) San Simón da Costa; Castelo, da denominación Cebreiro; Ruta Xacobea, da denominación Tetilla; Queinaga, da D.O.P. Arzúa-Ulloa; e Barral, desta última denominación pero na variedade de queixo curado. Entre os mellores queixos de 2017, por decisión dun experto equipo de catadores, houbo distincións tamén de prata e de bronce, e diversos diplomas. Na categoría de prata están Casleiras (D.O.P. San Simón da Costa), Gran Despensa -Real Abadía de Samos (D.O.P. Cebreiro), Bo Queixo (D.O.P.Tetilla) e Castillo de Pambre (D.O.P. Arzúa-Ulloa). As disticións de bronce foron para as marcas Queinaga (D.O.P. Tetilla), El Labrador Estradense (D.O.P. Arzúa Ulloa) e Don Crisanto (D.O.P. San Simón da Costa).
Ler Máis
Ler Máis
En marcha a Cata dos Queixos de Galicia 2017
O pasado luns, 27 de novembro, púxose en marcha a XX Cata dos Queixos de Galicia, un certame ao que concorren nesta ocasión 64 queixos e que se desenvolve en cada edición no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela de Lamas de Abade, en Santiago, conxuntamente coa Cata de Meles de Galicia, que entra na decimosexta edición. Pola Denominación de Orixe Protexida (DOP) Tetilla, participan 25 queixos; pola DOP Arzúa-Ulloa, 17 -aos que hai que engadir outros oito de Arzúa-Ulloa curado-, nove son queixos procedentes da DOP San Simón da Costa e cinco da DOP Cebreiro. Os galardoados coñeceranse en lugar e data por determinar do mes de decembro.
Ler máis
Ler máis
Queixo Capela amplía fábrica e produciónA fábrica de Queixos Campo Capela está ligada, desde a súa posta en marcha, á Cooperativa de Produtos do Campo da Capela, unha das máis antigas de Galicia, que xa desde 1969 vén prestando sen interrupción a agricultores e gandeiros os servizos propios para estes colectivos.
Despois de poñer nos últimos meses novos productos no mercado, o futuro da queixería pasa por ampliar a fábrica, aínda que teñen claro que nunca se irá cara a unha gran produción e que o sistema para a obtención de queixos e requeixos non vai variar, seguirá sendo artesanal. Ler máis |
Éxito de público e vendas na Feira do Queixo do EumeA IX edición da Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente pechouse o domingo con éxito de público, nunha xornada na que reinou o bo tempo e na que máis de cincocentos visitantes chegaron a tempo para atopar asiento e comer no propio recinto. Como estaba previsto, a sobremesa foi a base de queixo e mel locais e, se acaso, dalgún freixón que outro dos milleiros que se fixeron durante a xornada.
|
Requeixo das Neves: unha sobremesa con sabores da infanciaDicir requeixo das Neves é volver a vista cara ao pasado e lembrar un bo número de décadas -ata onde alcance a idade dos mais vellos-; remexer de nenos na cesta da compra, na que se adoitaba traer o peixe e a carne do mercado na procura entre as mercadurías dalgunha larpeirada. E alí se atopaba con frecuencia unha folla de verza envolvendo algo que logo soubemos que era a sobremesa.
|
O requeixo da Capela congrega a máis de 4.000 visitantesA XXIX Festa do Requeixo da Capela pechou edición con 7.000 terrinas vendidas, éxito de asistentes un ano máis e cumpriu a aspiración de aglutinar nun único recinto todo o feiral. O tempo, caloroso ata entrada a tarde, tornou en forte treboada e choiva abundante a partir das cinco, o que restou un bo número de visitantes e vendas. Aínda así, acudiron unhas 4.000 persoas tan só pola mañá. O requeixo local volveu estar presente na sobremesa, e tamén como base na acertada elaboración de varios produtos.
|