Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Queixo de Tetilla', de Central Lechera Gallega e San Paulín

10/1/2016

1 Comentario

 
'Queixo de Tetilla' de Central Lechera Gallega / queixosdegalicia.com
​
Nome do queixo:
​'Queixo de Tetilla'
​
Procedencia:
 
Cuntis (Pontevedra)

Fabricante: 
CentralLechera Gallega

Tipo de leite:
Pasteurizada de vaca

Tamaños dispoñibles:
​
550 gramos, 750 gramos (o máis demandado) e un quilogramo.
​​


T​ipo de queixo//descrición: A Central Lechera Gallega foi a primeira empresa en facer de xeito industrial o queixo de Tetilla, que con anterioridade se facía nas propias casas.  A súa materia principal e o leite de vaca de raza frisona, pardo alpina e rubia gallega ou cruze delas,  pasteurizada galega ao 100 %.

Trátase dun queixo de pasta blanda, cremosa e uniforme. Ten unha cremosidade na boca e un sabor moi natural. A sua codia é fina, elástica e  de cor amarillento.

O mais destacado de este queixo é a sua forma cónica, cóncavo-convexa que ó diferencia de todos os demais, un formato tan característico como positivo para a sua elaboración. O seu cheiro e sabor suave e lixeiramente acedo, xunto a sua textura cremosa suave, faio ideal para calquera padal.


Suxestións de consumo e conservación: Os mellores lugares para a sua conservación, recorda o fabricante que son adegas ou sitios frescos e ventilados, onde non haxa humidade. Se os consumidores non dispoñen dun lugar destas caracteristicas, é recomendable que conserven o queixo na parte máis baixa do refrixerador, e dicir na menos fría (que he onde mellor se conserva) (entre 5-8 graos). Unha vez que se queira facer consumo del, débese sacar, como minimo,  dez minutos antes, para que recupere todo o seu aroma.

A degustación debe producirse co queixo a 16-18 grados, deste xeito, libéranse todos os cheiros, aromas e texturas. Unha vez consumido, se se quere volver a gardar no refrixerador, recoméndase que se envolva moi ven cun pano ou ven nun film, pero sempre moi ven envolto,  para que non teña problemas de coller moho.

É este un queixo que tanto se pode  tomar só, con marmelo, como para preparar calquer tipo de comida. É dicir, que  hai variedades múltiples de receitas para traballar con el, por que é un queixo que se preta moito para a cociña.

O queixo é un producto que ten consumo prefente,  é dicir, que aínda que non se coma o queixo na data reflictida na etiqueta, non hai problema para poder consumilo. Lembra o fabricante que este queixo ten un consumo preferente corto, é dicir  de tres meses aproximadamente. Isto débese a que é un queixo fresco e canto mais tempo pase  vaise minguando e póndose  mais duro,  e collendo un sabor mais forte.
​
1 Comentario
    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia