Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Cabuxa', de Queixerías Prestes

28/7/2019

0 Comentarios

 
'Cabuxa' de Prestes / queixosdegalicia.com'Cabuxa', de Queixerías Prestes

​Queixo: 'Cabuxa', queixo de cabra de Queixerías Prestres

Procedencia: Polígono Industrial Sete
Pontes Parcelas 49-50, 27816 Vilalba,
Lugo

Tipo de leite: Leite enteiro pasteurizado
de cabra
​
​Tamaños dispoñibles: Redondo, dun quilogramo, e en formato de barra de 1,5
e 1,8 quilogramos. Tamén fabrican queixo fresco, de 500 gramos e en formato
'patamulo' para corte.



​Tipo de queixo//Descrición: Trátase do primeiro queixo que se elabora en Galicia con leite de cabra da raza suíza Saanen. Destaca polo seu especial sabor e propiedades nutricionais, así como pola súa suavidade. 'Cabuxa' completa a gama de produtos desta fábrica vilalbesa, que resalta as propiedades saudables do leite de cabra. O novo produto está elaborado a partir do leixe que lle aporta a Gandería Camiño Montañés, unha granxa que explota a raza Saanen e que está radicada en Arzúa (A Coruña).
 
Unha vez callada e prensada a pasta, este queixo cúrase nunha cámara especial sobre táboas de madeira e recibe un tratamento con aceite de oliva cada semana. Son el total cinco ou seis baños durante un mínimo de mes e medio, que é o tempo no que está en curación de cámara.

Suxestións de consumo e conservación: Todo o proceso descrito fai que a codia do queixo sexa totalmente natural e comestible, xa que non conta con ningún tipo de parafinas ou antimofos. A conservación do producto está en liña co resto das propostas do fabricante, atendendo sempre a conservar a queixo a temperaturas baixas e envolvelo nun pano lixeiramente humedecido se se garda aberto na neveira, para evitar que se reseque. 


0 Comentarios

'Ecolóxico', de Lácteos de Moeche

21/7/2019

0 Comentarios

 
'Moeche Ecolóxico' / queixosdegalicia.com'Ecolóxico', de Lácteos de Moeche
Nome do queixo: 'Moeche Ecolóxico'
       
Procedencia: Abad s/n
Moeche (A Coruña)

Fabricante: Lácteos de Moeche

Tipo de Leite: Pasteurizado de vaca.
Produto ecolóxico

Tamaños dispoñibles: pezas
 de 0,425 quilogramos  e en barra


​
Tipo de queixo//Decrición: Trátase dun queixo ecolóxico, sen aditivos, certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Ofrécese tanto na tradicional proposta do queixo de Moeche, madurado, como en formato de barra ou rebanado, en bandexas de 120 gramos. Eliminados todos os produtos químicos na súa produción, é este un queixo que, como todos os ofertados baixo o amparo do Craega, ten un valor engadido cada vez máis valorado.  
 
Suxestións de consumo e conservación: Destaca o fabricante que este novo queixo -que se presentou oficialmente na última edición da Feira do Queixo de Moeche- combina perfectamente cos viños tintos, crianzas, novos, e tamén con algún do Ribeiro blanco. Con todo, do que se trata é casar este queixo cun viño suave, en liña co propio produto, deixando de lado viños 'fortes'. No que se refire á conservación, o 'Moeche Ecolóxico' vai envolto en plástico transparente, que lle permite manter o seu grao de humidade. Pero recalca a queixería que é moi importante, de cara á conservación, que os queixos que se presentan hoxe termoformados ou plastificados, hai que retiralos do frío da neveira non uns minutos ou unha hora antes, senón mesmo cun día de antelación, e deixalos que se poidan recuperar e volver ao seu sabor natural.  Insiste o fabricante que se o queixo está refrixerado e se saca para o consumo inmediato, está perdendo ata un 50% do seu sabor. Hai que buscar, polo tanto, a temperatura ambiente do produto.

0 Comentarios
    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Julio 2023
    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia