Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Cabuxa', de Queixerías Prestes

28/7/2019

0 Comentarios

 
'Cabuxa' de Prestes / queixosdegalicia.com'Cabuxa', de Queixerías Prestes

​Queixo: 'Cabuxa', queixo de cabra de Queixerías Prestres

Procedencia: Polígono Industrial Sete
Pontes Parcelas 49-50, 27816 Vilalba,
Lugo

Tipo de leite: Leite enteiro pasteurizado
de cabra
​
​Tamaños dispoñibles: Redondo, dun quilogramo, e en formato de barra de 1,5
e 1,8 quilogramos. Tamén fabrican queixo fresco, de 500 gramos e en formato
'patamulo' para corte.



​Tipo de queixo//Descrición: Trátase do primeiro queixo que se elabora en Galicia con leite de cabra da raza suíza Saanen. Destaca polo seu especial sabor e propiedades nutricionais, así como pola súa suavidade. 'Cabuxa' completa a gama de produtos desta fábrica vilalbesa, que resalta as propiedades saudables do leite de cabra. O novo produto está elaborado a partir do leixe que lle aporta a Gandería Camiño Montañés, unha granxa que explota a raza Saanen e que está radicada en Arzúa (A Coruña).
 
Unha vez callada e prensada a pasta, este queixo cúrase nunha cámara especial sobre táboas de madeira e recibe un tratamento con aceite de oliva cada semana. Son el total cinco ou seis baños durante un mínimo de mes e medio, que é o tempo no que está en curación de cámara.

Suxestións de consumo e conservación: Todo o proceso descrito fai que a codia do queixo sexa totalmente natural e comestible, xa que non conta con ningún tipo de parafinas ou antimofos. A conservación do producto está en liña co resto das propostas do fabricante, atendendo sempre a conservar a queixo a temperaturas baixas e envolvelo nun pano lixeiramente humedecido se se garda aberto na neveira, para evitar que se reseque. 


0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia