Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Queixo Tetilla, de Cooperativa Hoxe

28/2/2016

0 Comentarios

 
Queixo Tetilla de Hoxe / queixosdegalicia.com
Nome do queixo: 'Tetilla Hoxe'

Procedencia: Borralla, 34.
Lalín (Pontevedra)

DOP: Queixo Tetilla      
                                            
Tipo de leite: Vaca
100% pasteurizado

Tamaños dispoñibles:
​900 gramos e 1.200 gramos


Fabricante: Cooperativa Hoxe


​
​Tipo de queixo//Descrición: Callada enzimática, textura branda e cremosa, cor branca marfil, codia fina e uniforme. Olor a leite fresco. Queixo elaborado con leite da Comarca do Deza. Tempo de maduración entre oito e 20 días.

Suxestións de consumo e conservación:
Tetilla Hoxe é un queixo de textura pastosa que debe conservarse en sitio fresco, pero que debe ser sacado unhas horas antes de ser consumido. Pódese comer tal cal ou acompañalo con marmelo ou con mel de Galicia.  Funde moi ben polo que se aconsella en pratos ao forno acompañando a carnes, peixes e incluso con polbo.

Premios: Premio Ministerio de Agricultura Mellor Queixo de España de Pasta Branda ano 2003 e accésit na mesma categoría no ano 2005. 

0 Comentarios

'Queixo Arzúa-Ulloa', de Bo-Queixo

20/2/2016

0 Comentarios

 
'Queixo Arzúa-Ulloa', de Boqueixo / queixosdegallicia.com
 
​Nome do queixo: 'Arzúa-Ulloa'

Procedencia: Orto, Boqueixón (A Coruña)

DOP: Arzúa-Ulloa

Tipo de leite: De vaca 100%, pasteurizado

Tamaños dispoñibles: 500 gramos, 900 gramos e 2,5 quilogramos



Tipo de queixo//Descrición: Queixo de pasta branca elaborado con leite pasteurizado de vaca. Ten un período de maduración mínimo de seis días e presenta forma lenticular. A súa corteza fina e elástica é de cor amarela medio escura, brillante, limpa e lisa.

Suxestións de consumo e conservación: Pódese consumir só, acompañado cun doce como o  marmelo ou o mel. E como todos os da denominación, da un xogo insospeitado na cociña, polo súa cremosidade e sabor, e marida perfectamente cos viños galegos, especialmente cun bo viño branco.

Recoméndase conservalo en frío, aínda que para consumilo deberá estar uns trinta minutos a temperatura ambiente, para así poder apreciar o seu completo sabor.

Unha vez aberto, aconséllase gardalo en sitio fresco ou na neveira e envolvelo nun pano ou metelo nunha queixeira.O seu consumo preferente é de cento oitenta días a partir da data de fabricación.

O produto está destinado a todo tipo de persoas en xeral, a non ser aquelas que sexan alérxicas a algúns dos seus ingredientes.

Premios: No anos 2015 e 2016, esta queixería foi galardoada na Cata de Queixos de Galicia con premio de ouro para o queixo que produce na Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. Nesta mesma denominación, De-Queixo tamén obtivo o premio de prata na Cata de Queixos de Galicia de 2013.
0 Comentarios
    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia