Nome do queixo: 'Arzúa-Ulloa'
Procedencia: Orto, Boqueixón (A Coruña)
DOP: Arzúa-Ulloa
Tipo de leite: De vaca 100%, pasteurizado
Tamaños dispoñibles: 500 gramos, 900 gramos e 2,5 quilogramos
Suxestións de consumo e conservación: Pódese consumir só, acompañado cun doce como o marmelo ou o mel. E como todos os da denominación, da un xogo insospeitado na cociña, polo súa cremosidade e sabor, e marida perfectamente cos viños galegos, especialmente cun bo viño branco.
Recoméndase conservalo en frío, aínda que para consumilo deberá estar uns trinta minutos a temperatura ambiente, para así poder apreciar o seu completo sabor.
Unha vez aberto, aconséllase gardalo en sitio fresco ou na neveira e envolvelo nun pano ou metelo nunha queixeira.O seu consumo preferente é de cento oitenta días a partir da data de fabricación.
O produto está destinado a todo tipo de persoas en xeral, a non ser aquelas que sexan alérxicas a algúns dos seus ingredientes.
Premios: No anos 2015 e 2016, esta queixería foi galardoada na Cata de Queixos de Galicia con premio de ouro para o queixo que produce na Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. Nesta mesma denominación, De-Queixo tamén obtivo o premio de prata na Cata de Queixos de Galicia de 2013.