de Santo André
Procedencia: San Andrés de
Barredo, 17; Castroverde
(Lugo)
DOP: Cebreiro
Fabricante: Queixería Santo
André
Tipo de leite: de vaca,
pasteurizado
Tamaños dispoñibles: pezas
de 500 gramos
O 'fresco' de Santo André (elabora tamén un queixo curado, igualmente premiado e de gran aceptación, e tamén baixo o a DOP Queixo Cebreiro) está listo para o consumo as poucas horas de pasar o proceso de elaboración. O queixo curado deste mesmo fabricante debe pasar por un período de conservación de 50 días como mínimo -que chega neste caso ata os 70 días- e que o converte nun queixo moi especial que non deixa de gañar adeptos e do que faleremos nunha próxima ocasión.
Suxestións de consumo e conservación: Este queixo, como lembra o propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, é ideal para tomar só, con mel ou con doce de froitas e constitúe tamén un excelente produto na cociña para elaborar pratos de todo tipo. Hoxe, grazas ás aportacións de restauradores e reposteiros, e tamén das asociacións e consumidores en xeral, podemos falar dun produto tracional de aplicación na cociña galega, española ou internacional. Non hai máis que ver o propio recetario da DOP Queixo Cebreiro, onde caben pratos para entrantes e ensaladas; verduras e pastas; peixes; carnes; sobremesas; sopas e purés; e así, ata preto de medio cento de receitas.
No etiquetado está a referencia para o seu tempo de consumo. A súa conservación, unha vez mercado e aberto para degustar (retirada a protección plástica que o envolve), ten o seu lugar no frigorífico, envolvido nun pano lixeraimente humedecido. Para a súa degustación, como sucede co resto dos queixos, debe retirarse da neveira coa antelación precisa para que poida ser degustado en plenitude de sabor.
Teñen os queixos do Cebreiro, ademais dun amplo percorrido no mundo da degustación e dos fogóns, un terreo propicio para a súa relación cos magníficos viños que se elaboran en Galicia. Tamén neste caso hai gustos e moito onde elixir.
Tanto o fresco como o curado Santo André son as últimas incorporacións en queixos dalgunha das catro denominacións de orixe protexida que forman parte de Galicia Calidade, selo da Xunta que garante a calidade de determinados produtos e servicios que se xeran, elaboran ou se transforman na Comunidade Autónoma.