Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'San Simón', de Queixería Daniberto

11/8/2019

0 Comentarios

 
'San Simón', de Quixería Daniberto / queixosdegalicia.com'San Simón de Costa', de Queixería Daniberto
​
Queixo: 'San Simón da Costa',
de ‘Queixería Daniberto’
Procedencia: Rúa Pude, 2 / San
​Simón da Costa / Vilalba (Lugo)
DOP: San Simón da Costa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
​Tamaños dispoñibles:
-San Simón da Costa 
(1 quilogramo, aprox.)
-Bufón (0,800 quilogramos aprox.)
-San Simón Reserva 
​(1 quilogramo aprox.)


​​​

​Tipo de queixo//Descrición: Queixo curado durante un período de 45 días para o formato San Simón da Costa grande e de 30 días para o caso do Bufón. Afúmase con labras de vidueiro, o que lle da o seu característico e diferenciado sabor e que, segundo destaca o productor, convérteo nun produto exclusivo, que o diferencia de todos os queixos galegos e practicamente de todos os queixos do mundo.
 
Suxestións de consumo e conservación: Como todos os queixos da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, é un queixo ideal para as sobremesas e para degustar a calquer hora do día. E  tamén para traballar na cociña, sen máis límite, case, que o que veña marcado polas habilidades  e bo facer dos cociñeiros, que non dubidan en aproveitalo para elaborar exclusivas salsas, incluída a propia cuberta do queixo, perfectamente comestible. Marida á perfección con viños galegos tintos e brancos, así como cunha boa cervexa.

Queixería Daniberto pon especial énfase na produción, coidando valores de antano e tentando ser fiel á tradición. Busca tamén ampliar mercado e chegar a padales distintos, polo que nos últimos anos sacou novos produtos. Pero o San Simón e o Queixo de Tetilla seguen a ser os seus reclamos máis fortes cara a un consumidor esixente. Estes dous queixos están inscritos, respectivamente, nas DOP do mesmo nome.

0 Comentarios

'Graxo curado', de Don Crisanto

6/8/2019

0 Comentarios

 
Queixería Don Crisanto / queixosdegalicia.comQueixo de vaca graxo curado, de Don Crisanto

Queixo: 'Graxo curado' de Queixería do Crisanto

Procedencia:  Moreda-Lanzós
 Vilalba (Lugo)

Tipo de leite: Leite pasteurizado de vaca
​
​Tamaños dispoñibles: Redondo,
dun quilogramo, e en formato tamén
de 3 quilogramos.




​Tipo de queixo//Descrición: Trátase dun queixo que polo seu aspecto exterior puidera parecer que procede de Castela. Pero faise en Vilalba, só con leite de vaca, o que lle da un sabor un pouco máis suave, algo que recalca o productor que busca moitas veces o comprador, un queixo tipo Castela pero non tan forte. 

Con esa idea se fixo. Con esa idea e coa posibilidade de engadir unha proposta nova aos tradicionais queixos de San Simón da Costa que fabrica Don Crisanto, xunto co seu patelo ou queixo de país e co seu requeixo.

Suxestións de consumo e conservación: Calquera viño galego vai ben con este queixo, aínda que non desbota o produtor adentrarse noutras experiencias como pode ser a de tomalo con sidra. Recoméndase como entrante ou como sobremesa e quedan por explorar as súas posibilidades na cociña. Xunto con todos os datos de interés que se inclúen na etiqueta deste queixo está o de que se conserve refrixerado, para manter as condicións óptimas para o consumo.

0 Comentarios
    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Julio 2023
    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia