Queixo: 'Curado', de Touza Vella Queixería
Procedencia: Carretera OU-536,Quilómetro 44,3
Castro Caldelas (Ourense)
Tipo de leite: queixo artesanal feito con leite cru de cabra
Tipo de queixo // descrición: Queixo curado que se deixa envellecer de catro a seis meses para os queixos de dez quilogramos. O da foto é de formato normal, cun curado de tres meses. Canto maior curación, máis gaña para os afeccionados a este tipo de derivados lácteos. É este un queixo que, coa súa maduración, presenta aromas que resalta o fabricante que non soen atoparse noutros queixos. Ofrece, fundamentalmente, esencias que falan de froitos secos, moito máis desenvolvidas que na maioría dos queixos.
Suxerencias de consumo e conservación: Este queixo- destaca o fabricante- é excelente complemento das comidas, como sobremesa, cuns acompañantes tan sólidos como un bo pan e un bo viño, sen ir máis lonxe, un mencía da Ribeira Sacra. Como normal xeral, resulta fácil de conservar en lugar fresco e seco uo na neveira, envolvido nun pano lixeiramente humecedido.