Queixerías Daniel Torres S.L.
Procedencia: Ponte Liñares - Callobre
número 11
A Estrada (Pontevedra)
DOP: Arzúa-Ulloa
Tipo de leite: de vaca 100%,
pasteurizado
Tamaños dispoñibles: pezas
de 3,3 e 0,950 quilogramos
Tipo de queixo // descrición: Ten este queixo unha codia cunha cor esbrancuxada, con textura cremosa e lixeira, dun sabor con equilibrio entre acedo e amargo. Ten un regusto verde que lembra a vida da vaca.
Suxerencias de consumo e conservación: Este queixo- destaca o fabricante- convida a pouca elaboración; porén, salsas, cremas e souflés preséntanse como deliciosos protagonistas se o levan. É idóneo tamén para tomar de sobremesa e para combinar con pera ou preparar en elaboracións con flans, tortas e mousses como pode ser a de augardente e mel. O fabricante recomenda a conservación deste queixo en cámara frigorífica ente os 4 e 8 graos centígrados.