Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'Tetilla', de Campo Capela

14/9/2019

0 Comentarios

 
'Tetilla' Campo Capela / queixosdegalicia.com'Queixo Tetilla' , da Cooperativa de Produtores Campo Capela


Queixo: 'Tetilla', da Cooperativa de
Produtores Campo Capela

Procedencia: Os Calzados s/n 
A Capela (A Coruña)

Tipo de leite: crú de vaca.

Peso: Un quilogramo, apróx.






​

Tipo de queixo // descrición: Queixo tenro, de pasta branda, graxo, de maduración curta (o normal é que saia o ´tetilla' a partir dos dez días, pero o habitual tamén é comelo a partir dos vinte días).

Suxestións de consumo e conservación: Un queixo tan versátil como o `tetilla' pode aportar múltiples colaboracións na cociña, para preparar, acompañar e redondear pratos. E con ese inestimable valor engadido do leite crú, préstase para unha degustación sen máis acompañantes que un pan e un viño tinto do país, que tamén neste caso hai moito e moi bo onde elixir.
                                                                                                           
Pero tamén destaca para a ocasión a cooperativa produtora que con estas novas aportacións de marmeladas -que se están a comercializar, con moita innovación e éxito crecente e que non son doces- este queixo acada maridaxes excelentes. Non se poden deixar de probar. Falamos, por exemplo, de marmeladas de pemento ou de tomate -por poñer dous exemplos- que contribúen a aportar experiencias novas  con este crú de vaca.
 
Como recoñecementos non lle faltan a este queixo, na propia etiqueta queda reflictido un dos últimos, o 'bronce' acadado na campaña 2018-2019 na World Cheese Awards, que é o escaparate mundial dos mellores queixos.
 
A conservación deste 'tetilla' non difire, obviamente, da do resto da 'tetillas´ da denominación de orixe protexida: un lugar fresco e ventilado e, no seu defecto, o frigorífico, envolto nun pano húmido para evitar que se poida resecar.

0 Comentarios

'Semicurado de cabra con pemento', de Touza Vella Queixería

7/9/2019

0 Comentarios

 
'Semicurado de cabra con pemento', de Touza Vella / queixosdegalicia.comImagen'Semicurado de cabra con pemento', de Touza Vella Queixería
Queixo: 'Semicurado de cabra con pemento', de Touza Vella Queixería

Procedencia: Carretera OU-536,Quilómetro 44,3
Castro Caldelas (Ourense)

Tipo de leite: queixo artesanal feito con leite cru de cabra
​
Peso: entre 300 e 360 gramos por peza

​

Tipo de queixo // descrición // conservación: Queixo semicurado de pasta branda. A corteza chega a porse dura pero, por dentro, ten a mesma textura, branda, sen influír o tempo que pase. O cuallo permite que non endureza. Como non se trata de queixos prensados, senón que se fan polo seu propio peso, manteñen esa textura.
 
Trátase dun queixo que o fabricante pode por á venda nun prazo de 15 días e sinala que hai que mantelo na cámara durante un mes. A partir de aí, é cando comeza a coller codia e a saírlle o mofo, polo que se pode deixar fóra, a temperatura baixa. Ao mercalo, pódese conservar na neveira, mellor nun recipiente hermético de plástico que nun pano, xa que o seu forte cheiro podería terminar por mandar en todo o que se atope no interior do frigorífico. En calquera caso, este queixo de cabra de leite cru produce un mofo que resalta o fabricante que é "perfectamente comestible", por que é pemento só o que ten.

Suxestións de consumo: O queixo de cabra con pemento, polas súas característas, préstase para o seu consumo en calquera momento, polo que un bo viño convértese nun tándem ideal, máxime se falamos dun caldo tinto galego; aínda que se fóse un branco, godello, ribeiro ou rías baixas, ten que ter moitos tamén moitos adeptos, xa que, en padales, bo gusto e oferta non facemos máis que mellorar.
 
Este fabricante fai, entre outros, un queixo con malta, para o que o mellor acompañante é a cervexa e do que non tardaremos en falar.


0 Comentarios

'Tetilla', de Lácteos Anzuxao

1/9/2019

0 Comentarios

 
'Tetilla' de Lácteos Anzuxao / queixosdegalicia.comQueixo Tetilla, de Lácteos Anzuxao
 
​Queixo: 'Tetilla', de Lácteos Anzuxao

Procedencia: Madriñán, 2  
Lalín (Pontevedra)
​
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
​
​Tamaños dispoñibles: A peza deste queixo ten arredor dun quilogramo





Tipo de queixo//Descrición: Queixo de pasta cremosa e uniforme, con poucos ollos e sabor lácteo. Cortiza fina e elástica. Este 'Tetilla', en liña co resto dos productos da queixería e tamén coas demandas dos seus consumidores, ten algo menos de sal que a maioría dos queixos á venda no mercado.

 Suxestións de consumo e conservación: A degustación deste queixo é óptima nunha franxa de temperatura entre os 16 e os 18 grados, polo que, como no caso do resto dos queixos, debe sacarse do frigorífico -se é o caso-  o tempo suficiente para que non estea frío en boca. Isto permitirá apreciar todas as súas características organolépticas. Sen olvidar o seu tradicional papel como queixo de sobremesa, o 'Tetilla' ten un gran potencial culinario, desde os aperitivos ao seu papel nos fogóns; deste gratinados a recheos de produtos tan diversos como pementos, canelóns, cogomelos ou verduras. Pero as súas posibilidades parecen non ter máis límite que o do propio cociñeiro ou cociñeira para entrar en propostas como afumados, herbas aromáticas, tortas, purés, pasteliños, pinchos…

Tal e como recomenda a propia Denominación de Orixe Protexida (DOP) 'Queixo Tetilla', os mellores lugares para a conservación deste produto son as adegas ou subterráneos frescos e ventilados. Pero como isto  non é o habitual, o lugar máis adecuado é o frigorífico. A temperatura, na neveira, debe oscilar entre os 5 e os 8 graos centígrados, polo que a parte baixa é a mellor para gardar o queixo. 

O queixo 'Tetilla' de Lácteos Anzuxao conta con diversos recoñecementos e premios e desde finais de 2016 este produto dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta recoñecemento e un plus de prestixo cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o produto. 


0 Comentarios
    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia