Queixo: 'Tetilla', de Lácteos Anzuxao
Procedencia: Madriñán, 2
Lalín (Pontevedra)
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles: A peza deste queixo ten arredor dun quilogramo
Tipo de queixo//Descrición: Queixo de pasta cremosa e uniforme, con poucos ollos e sabor lácteo. Cortiza fina e elástica. Este 'Tetilla', en liña co resto dos productos da queixería e tamén coas demandas dos seus consumidores, ten algo menos de sal que a maioría dos queixos á venda no mercado.
Suxestións de consumo e conservación: A degustación deste queixo é óptima nunha franxa de temperatura entre os 16 e os 18 grados, polo que, como no caso do resto dos queixos, debe sacarse do frigorífico -se é o caso- o tempo suficiente para que non estea frío en boca. Isto permitirá apreciar todas as súas características organolépticas. Sen olvidar o seu tradicional papel como queixo de sobremesa, o 'Tetilla' ten un gran potencial culinario, desde os aperitivos ao seu papel nos fogóns; deste gratinados a recheos de produtos tan diversos como pementos, canelóns, cogomelos ou verduras. Pero as súas posibilidades parecen non ter máis límite que o do propio cociñeiro ou cociñeira para entrar en propostas como afumados, herbas aromáticas, tortas, purés, pasteliños, pinchos…
Tal e como recomenda a propia Denominación de Orixe Protexida (DOP) 'Queixo Tetilla', os mellores lugares para a conservación deste produto son as adegas ou subterráneos frescos e ventilados. Pero como isto non é o habitual, o lugar máis adecuado é o frigorífico. A temperatura, na neveira, debe oscilar entre os 5 e os 8 graos centígrados, polo que a parte baixa é a mellor para gardar o queixo.
O queixo 'Tetilla' de Lácteos Anzuxao conta con diversos recoñecementos e premios e desde finais de 2016 este produto dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta recoñecemento e un plus de prestixo cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o produto.