Procedencia: Outeiro, Acebedo do Río.Celanova (Ourense)
Tipo de leite: Mestura de leite de vaca e cabra. 100% pasteurizado
Tamaños dispoñibles:
Pezas de 0,5 e de 1 a 1,1 quilogramos
Fabricante: Quexos Feijoo
Tipo de queixo//Descrición: Para facer este queixo emprégase un 70% de leite de cabra e un mínimo dun 30 por cento de lelte de vaca. A maduración en cámara é de dous meses, con temperatura e atmósfera controladas. Está protexido no seu exterior dunha capa de pigmaricina de cor marrón, para evitar que poida coller mofos. A data de 1949 é a da posta en marcha desta fábrica celanovesa, co que acompaña o nome de moitos dos queixos que elabora, con 13 referencias a día de hoxe.
Suxestións de consumo e conservación: Trátase dun produto ideal como entrante e para incluír nunha taboa de queixos. E este un semicurado cun acaído equilibrio entre o grao de maduración e a súa textura. É ideal se se acompaña con froitos secos, precisamente pola compoñente do leite de cabra, que lle dá un corpo e un carácter rexo, aínda que xunto coa maduración mantén ese certo grao de manteiga ou cremosidade que lle aporta o leite de vaca.
E dentro dunha táboa de queixos galegos, esta mestura de vaca a cabra siñala o fabricante que podería considerarse como un queixo de 'transición'. Estaría aí, xusto no medio, á hora da degustación entre un queixo do país ou dun 'Tetilla' -cremoso, brando ou cun certo toque acedo, porque se trata dun produto suave- e, por exemplo, dun queixo azul. Neste cambio dun queixo suave a outro máis forte, hai moitas posibilidades e este é, sen dúbida, un queixo de 'transición'. Non conta coa forza de queixos máis potentes -que o fabricante tamén oferta- pero afástase da suavidade dun queixo 'Tetilla'.
Esta queixería ourensá, que conta igualmente cun queixo 'Tetilla' -adscrito ao selo Galicia Calidade- ten na provincia o seu principal mercado, pero ofrece e vende os seus productos a calquer punto de Galicia e de España, a través da súa tenda on line, coa rapidez e os baixos custos engadidos sobre os produtos que estes novos medios de comercialización permiten.