Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • San Simón Costa
  • Cebreiro
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

'San Roquiño', de Queixería Daniberto

27/10/2019

0 Comentarios

 
'San Roquiño', de Queixería Daniberto / queixosdegalicia.com'San Roquiño', de Queixería Daniberto
​
​Queixo: 'San Roquiño',
de ‘Queixería Daniberto’


Procedencia: Rúa Pude, 2 / San
​Simón da Costa / Vilalba (Lugo)


Tipo de leite: de vaca, pasteurizado

​
Tamaños dispoñibles:
-Formato grande, especial para tendas
​ e hostalería

​


​Tipo de queixo//Descrición: Queixo curado de pasta prensada, sen afumar. Trátase da última incorporación da queixería Vilalbesa Daniberto que conta cunha gran aceptación, polo que o  seu formato grande para tendas e hostalería pode que amplíe a outros máis pequenos acomodados ao consumo doméstico, como xa ocorre así  cos outros seis produtos que a queixería ten actualmente no mercado, entre eles o queixo Tetilla e o San Simón da Costa, ámbolos dous amparados polas Denominacións de Orixe Protexida do mesmo nome e que desde hai pouco están tamén incluidas na marca Galicia Calidade, (que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción, despois de establecerse os oportunos controis).
​
Suxestións de consumo e conservación:  Seguindo as instrucións do produtor, este  queixo, como no caso tamén de calquera da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, debe conservarse nun lugar a temperatura ambiente para que o queixo colla todo o seu sabor e desenvolva todas as súas propiedades.

Se falamos de tempos de maior humidade ou calor ou dunha conservación prolongada, o frigorífico é unha boa solución, pero tendo en conta de que este queixo sempre se debe sacar do frío dúas ou tres horas antes do seu consumo, co obxecto de que poida coller o seu sabor.

E como no caso tamén de calquer outro queixo, se se vira afectado polo mofo, recoméndase e limpalo con auga salgada. É algo no que teima o fabricante, para os queixos galegos. Un consello que paga a pena ter conta.
​

É este un produto que pode estar á espera de consumo, tranquilamente, dous ou tres meses unha vez adquirido, pero lembra axiña non sen certa retranca o fabricante que o que se debe facer é "comelo pronto e comprar máis porque, senón, os queixeiros non vivimos". E non ten problemas para maridar con calquer bo viño, e se é galego, mellor. 

​
0 Comentarios

'Afumado',  de Queserías del Eume

20/10/2019

0 Comentarios

 
Queserías del Eume / queixosdegalicia.comagenQueixo Afumado, de Queserías del Eume
Nome do queixo: 'Queixo afumado'

Procedencia: A Faeira
(As Pontes de García Rodríguez-A Coruña)

Fabricante: Queserías del Eume

Tipo de leite: Pasteurizado de vaca

Tamaños dispoñibles: 1,400 quilogramos.

Ofrécese tamén ao corte, envasado en
metades de aproxidamente 0,700 quilogramos

​​


T​ipo de queixo//descrición: Aínda que en formatos distintos, o 'Queixo afumado' de Quexos del Eume é faise "máis ou menos" -segundo asegura o fabricante-  que o Queixo de San Simón da Costa. Afúmase tamén "con leña de Abedul". A peculiaridade deste novo produto é, que a pasta, a textura,  é un pouco "máis brandiña, máis cremosa" que os queixos que se fan baixo a denominación de orixe protexida da comarca lucense de Vilalba. O formato é o tradicional do 'patelo', sen nengunha cobertura exterior máis que aquela que lle da o fume., É corteza, que, como a do San Simón da Costa, pódese comer ou traballar para moitas fórmulas culinarias, entre elas as salsas.

Resalta neste sentido Queserías del Eume que o fume, ao ir volteando no afumadeiro, aséntase na parte na alta do queixo, que que lle da unha cor máis tostada que o queixo Tetilla, que nesta casa fabrica tamén fai arredor dun ano.

Fálase, entón, dun queixo de elaboración de pasta branda e cega, ao que se lle dan corenta días de curación, dos que pasa de dous días no curadeiro e, aos dez, doce ou quince días de estar afuamado, chega ao mercado.

Para este produto, Quesos del Eume ten afumadeiro propio, "tipo cámara frigorífica", e cando o fume sobe un pouco a temperatura sobre o establecido, un automatismo estabiliza a situación. E iso, porque a o ser unha pasta máis branda que a da denominación San Simón da Costa, precísase que non se abrande moito no afumadeiro. 
​

0 Comentarios

'Arzúa-Ulloa', de Lácteos Anzuxao

6/10/2019

0 Comentarios

 
Lácteos Anzuxao / queixosdegalicia.com'Arzúa-Ulloa', de Lácteos Anzuxao


Queixo: 'Arzúa-Ulloa', de Lácteos Anzuxao

Procedencia: Madriñán, 2  
Lalín (Pontevedra)
​
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
​
​Tamaños dispoñibles: 800 gramos,
1 quilogramo, 2 quilogramos, 3,7 quilogramos




Tipo de queixo//Descrición: Queixo de pasta branda, de sabor suave e poucos ollos. En liña co resto dos productos da queixería e tamén coas demandas dos seus consumidores, ten algo menos de sal que a maioría dos queixos á venda no mercado. Para a súa elaboración emprégase leite de vaca pasteurizado, procedente de produtores rexistrados na comarca de Lalín. Priorízase o leite de vacas en pastoreo, algo que non fai máis que darlle valor engadido ao produto final, con queixos máis amarelos que melloran a textura e o sabor.

 Suxestións de consumo e conservación: Este, como os restantes queixos da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, ten na cremosidade e na suavidade dúas das súas principais características, e convértese en produto para todo tipo de padales (trátase da segunda denominación de orixe que máis vende en toda España). Só a calquera hora do día, para a sobremesa,  ou acompañado co tradicional complemento do marmelo. Pero ten tamén, cada vez máis, unha maior aceptación na cociña, onde pode resolver pratos como o mellor dos complementos e mesmo como protagonista. A modo de exemplo, sinala o fabricante que se presta para elaborar unha tortilla francesa, para darlle corpo a unha sopa de verduras ou, se buscamos experiencias novas, para degustalo en compaña dunha boa bica de Trives; haberá que probalo, xa que é recomendación expresa de Lácteos Anzuxao.
​
A conservación deste queixo atende, como na maioría dos casos, a lugares frescos, como as adegas e, no seu defecto, ao frigorífico, onde é fundamental mantelo protexido -por exemplo, cun pano  lixeiramente humectado, para evitar que se reseque, sobre todo se xa está aberto-, coa precaución de retiralo da neveira coa suficiente antelación para que se poida degustar a temperatura ambiente, o que permitirá apreciar plenamente as súas bondades, que non son poucas  nos Arzúa-Ulloa.

O queixo 'Arzúa-Ulloa'de Lácteos Anzuxao conta con diversos recoñecementos e galardóns e, desde finais de 2016, este produto dispón do certificado de Galicia Calidade, un selo impulsado pola Xunta de Galicia que destaca a queixería lalinense que lle aporta recoñecemento e un plus de prestixo cara ao consumidor que se comproba alí onde chega o derivado láctep. Do mesmo recoñecemento goza o seu queixo 'Tetilla'.


0 Comentarios
    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Julio 2023
    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia