
Procedencia: Abad s/n
Moeche (A Coruña)
Fabricante: Lácteos de Moeche
Tipo de Leite: Pasteurizado de vaca.
Produto ecolóxico
Tamaños dispoñibles: pezas
de 0,425 quilogramos e en barra
Tipo de queixo//Decrición: Trátase dun queixo ecolóxico, sen aditivos, certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Ofrécese tanto na tradicional proposta do queixo de Moeche, madurado, como en formato de barra ou rebanado, en bandexas de 120 gramos. Eliminados todos os produtos químicos na súa produción, é este un queixo que, como todos os ofertados baixo o amparo do Craega, ten un valor engadido cada vez máis valorado.
Suxestións de consumo e conservación: Destaca o fabricante que este novo queixo -que se presentou oficialmente na última edición da Feira do Queixo de Moeche- combina perfectamente cos viños tintos, crianzas, novos, e tamén con algún do Ribeiro blanco. Con todo, do que se trata é casar este queixo cun viño suave, en liña co propio produto, deixando de lado viños 'fortes'. No que se refire á conservación, o 'Moeche Ecolóxico' vai envolto en plástico transparente, que lle permite manter o seu grao de humidade. Pero recalca a queixería que é moi importante, de cara á conservación, que os queixos que se presentan hoxe termoformados ou plastificados, hai que retiralos do frío da neveira non uns minutos ou unha hora antes, senón mesmo cun día de antelación, e deixalos que se poidan recuperar e volver ao seu sabor natural. Insiste o fabricante que se o queixo está refrixerado e se saca para o consumo inmediato, está perdendo ata un 50% do seu sabor. Hai que buscar, polo tanto, a temperatura ambiente do produto.