Procedencia: Polígono Industrial de Friol,
27270 Friol (Lugo)
Tipo de leite: de vaca crú
Tamaños dispoñibles:
A peza ten entre 800 gramos e un quilogramo
A colaboración de Casa Zolle con Pementos Carmucha (Herbón / A Coruña) foi unha casualidade. Permentos Carmucha seca e deshidrata o produto para facer logo pemento moido. A firma padronesa propúxolle a Casa Zolle facer un queixo combinando os dous produtos. O proxecto foi adiante, e despois da presentación na Cidade da Cultura de Santiago, contou co respaldo do mundo da restauración gastronómica galega.
Como se trata dunha elaboración que depende en boa parte das reservas do producto elaborado por Pementos Carmucha, o queixo vai chegando aos consumidores ata agoar as existencias. Nestas festas de Nadal e na víspera da festividade de Reis, estaba á venta nos anaqueis de tendas e centros comerciais nos que está presenta este fabricante lucense do Concello de Friol.
Trátase dunha edición limitada. E, chegado o momento, pode que haxa que esperar a mellor ocasión para facerse co produto. É dicir, cando vaia vindo unha nova colleita de pementos de Herbón, que 'Carmucha' aporta a este proxecto innovador no mundo do queixo galego.
Suxestións de consumo e conservación: Trátase dun queixo que ten nas sobremesas un papel destacado, amparando por un dos sabores máis recoñecidos a nivel estatal -como son os pementos de Herbón- e por o 'cremoso' de leite crú que aporta Casa Zolle.
Como para sabores hai tamén consumidores e receitas, este queixo, deste que está á venda, hai quen o utiliza na elaboración de tostas; hai outros que o funden ou que o consomen con anchoas, e os que o utilizan na tradicional xuntanza co marmelo. É tamén reclamo o para os restaurantes, que o estar a utilizar nas súas receitas gastronómicas.
Apunta o fabricante que este queixo, en particular, vai mellor cun viño blanco galego, como pode ser un bo Rías Baixas. Pero hai que darlle marxe a quen degusta, e aínda que sexa só por cuestións de proximidade, podería xogar un bo papel na maridaxe un mencía de Chantada. Para apreciar este queixo en todo o seu sabor, debe sacarse do frigorífico dúas ou tres horas antes do seu consumo.