Queixo: Semicurado de cabra, de Milkabra
Procedencia: Picoto, s/n / Areas /
Ponteareas (Pontevedra)
Tipo de leite: de cabra, pasteurizado
Tamaños dispoñibles:
- Peza de 500 gramos, aproximadamente
Ten a particularidade de que é un queixo cuxo proceso de maduración é en madeira de piñeiro galego -o que contribúe a darlle un sabor especial-. Os queixos semicurados deste fabricante, todos de cabra, sempre se fixeron con pasta branda, pero non é caso do que presenta hoxe queixosdegalicia, que é de pasta dura.
As cabras coas que se elabora este e cinco ou seis productos máis do fabricante están en pastoreo e non proban o penso-só os cereais- un sabor seco que contrasta, por exemplo, co sabor amargo que ten outro dos queixos da fábrica: o de malta.
Suxestións de consumo e conservación: Esa agradable e novidosa sensación de sequidade que produce na gorxa reclama un viño tinto "potente" para acompañar este queixo, por exemplo, un Ribeiro.
Un queixo curado coma este, unha vez adquirido e cunha semana máis no frigorífico, pode estar fóra xa sen problema durante un bo período de tempo. Pasados sesenta días, o queixo está curado e a súa conservación é doada.