Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

‘San Simón da Costa’, de Casleiras

6/5/2021

0 Comentarios

 
San Simón da Costa de Queixería Casleiras / queixosdegalicia.comQueixo 'San Simón da Costa', de Queixería Casleiras
​​
​Queixo: ‘San Simón da Costa’,
de Queixería Casleiras
Procedencia: Cabanas s/n - Oleiros, Vilalba (Lugo)
 DOP: San Simón da Costa
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
 Tamaños dispoñibles:
-San Simón da Costa (1 a 1,1 quilogramos)
-Bufón: (0,600 quilogramos)


​Tipo de queixo // descrición: Trátase dun queixo curado, con matices a manteiga, abelá e co característico toque do fume. Ten unha maduración como mínimo de 45 días no caso do formato grande, que quedan en 30 para o pequeno (bufón). Afúmase logo -como todos os queixos fabricados baixo a Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa- con labras de bidueiro.

O seu gran segredo está, precisamente, no afumado, que lle dá unha cor, olor e sabor que o fan totalmente distinto aos demais queixos.  

Casleiras garante unha curación mínima destes queixos que duplica a estipulada polo consello regulador e dispón de laboratorio propio para sometelos a controis nas distintas etapas de seguridade.

Suxestións de consumo e conservación: O queixo de Casleiras, de abrirse para o seu consumo inmediato, non ten problemas de conservación. No caso de que quede algún tempo aberto, a recomendación é metelo na neveira. Pero, se está enteiro, a mellor conservación do San Simón é fóra do frigorífico, nun lugar fresco, onde  pode pasar -cos lóxicos controis- moito tempo.
​
Na cociña, é ideal para preparar pratos diversos -ata onde chegue a imaxinación e as boas artes culinarias-.  Así, por exemplo, emprégase cada vez máis para facer salsas ou raiados, co que se lle consegue dar un realce e un sabor moi especiais, por exemplo, acompañando á carne. Recomenda o fabricante para tomar con este queixo un viño branco de calquera das cinco denominacións de orixe galegas, aínda que combina perfectamente cos tintos e, desde logo, cunha boa cervexa.

Como todos os da DOP San Simón da Costa, este queixo ten diversos e importantes premios, entre os que  resalta o fabricante como o máis importante  o ‘ouro’, en 2012, na Wold Cheese Awards.

Galardóns a parte, este queixo está baixo a supervisión de Galicia Calidade, marca de garantía que certifica a calidade de produtos e/ou servizos que pola súa elaboración na Comunidade Autónoma, pola súa materia prima ou polo deseño galegos, merezan esa distinción, unha vez contrastada mediante os controis fixados. Este selo considerase unha referencia de confianza para os consumidores.

Trátase da primeira queixería de Galicia en conseguir o selo de Galicia Calidade, recoñecemento que ten unha especial forza nas vendas cara ao exterior, sen esquecer o apoio recibido en todo o relacionado coa promoción.
​
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo da páxina Queixos de Galicia  / queixosdegalicia.com

    Queixo a Queixo

    Todos os queixos que se poden atopar en Galicia, un a un, irán aparecendo neste apartado.

    Arquivos

    Mayo 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Noviembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020
    Enero 2020
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Enero 2017
    Septiembre 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia