Procedencia: Pedrafita do Cebreiro (Lugo) Campo da Feira s/n
DOP: Cebreiro
Fabricante: Queixos Castelo de Brañas
Tipo de leite: de vaca, pasteurizado
Tamaños dispoñibles: 1/2 e 1 quilogramo
Tipo de queixo // Descrición: Queixo fresco, de pasta branca, branda e granulosa, elaborado de forma totalmente natural, sen ningún aditivo nin conservante. Sabor moi peculiar e produto de gran calidade, adaptado ás demandas actuais, pero sen perder aqueles elementos tradicionais e artesáns que lle dan as características e peculiaridades de antano. É tamén excelente reclamo publicitario a súa forma de fungo ou de pucho de cociñeiro. O seu contido en materia graxa debe estar comprendido entre o 45% e 0 60%.
Suxerencias de consumo e conservación: Este queixo, como lembra o propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, é ideal para tomar só, con mel, con doce de froitas e constitúe tamén un excelente produto na cociña para elaborar platos de todo tipo. No etiquetado vai a referencia ao seu período de conservación.
Premios: Queixo distinguido en 17 ocasións consecutivas coa medalla de ouro na Cata de Queixos de Galicia, que organiza anualmente a Consellería de Medio Rural. En 2013, o Ministerio de Agricultura recoñeceuno como o mellor queixo fresco de España.