Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

  'Slow food' e a guía Repsol poñen o ollo no requeixo da Capela

29/8/2016

1 Comentario

 
Imagen
Como é tradición xa, este último domingo de agosto celebrouse no Concello coruñés da Capela  unha nova edición da Festa do Requeixo. As primeiras cifras falan dunha oferta de 8.000 terrinas ofertadas deste produto estrela no municipio  e dunha asistencia de arredor de 12.000 visitantes.

Hai para o colectivo produtor novas intesantes, como que se fixase nos seu requeixo a Guía Repsol como un dos mellores alimentos de España, e  o movemento 'Slow food' (comida lenta), que escolleu este ano ao produto como un dos alimentos mundiais que se deben preservar, unha candidatura esta última que está aínda en proceso, pero que di moito do produto exaltado hoxe na Capela.

Facendo balance da última edición, Ana Vence Permuy, xerente da Cooperativa Campo Capela e secretaria tamén do consello reitor, sinalaba que o pasado año vendéronse arredor de 7.600 terrinas de requeixo, cunha previsión para a festa celebrada este domingo dunhas 7.000 ou 8.000 terrinas. Os visitantes, a falta de estimacións definitivas, poderían estar "entorno aos 12.000", afirma.

Os organizadores -Concello da Capela e Cooperativa Campo Capela-, non chegaron a valorar aínda nesta xornada de exaltación do requeixo local  poñer toldos para dar comidas e ofertar logo a esperada sobremesa do requeixo.

E certo que hai unha abondosa oferta en materia de restauración, o que non levou ata agora á instalación dun "toldo para comer no campo ca festa", segundo Ana Vence, que non descarta que en próximas edicións se poida optar por esta medida. Parece que os restaurantes non dan acollido toda a demanda que hai.  En previsión,  este domingo, , engadíuse xa a oferta culinaria unha pulpeira.

Na Capela hai moita xente que queda a comer. Son milleiros de persoas, polo que bares, mesóns e restaurantes traballan xa con reservas. Por iso, sinala a xerente de 'Campo Capela' que para 2017 estase a valorar a posibilidade de ampliar a oferta.
 
Leite cru, valor engadido
Esta festa, e o pruduto estrela que se oferta, teñen un importante valor engadido. O requeixo está feito con leite cru. Esta cooperativa, foi a primera en España en facer unha gama de maduración corta con leite cru, con todas as garantías esixidas sanitariamente, para calquer outro producto, incluídos os pasteurizados.

Pero hai outros valores alimentarios engadidos para o requeixo, como que non se lle bote callo, xa que se "é leite que calla por si só", resalta Ana Vence, o que leva a que sexan tres os días para a súa elaboración. 
XXVIII Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
Ana Vence, xerente da Cooperativa Campo Capela
1 Comentario
Pembroke Pines Office Cleaning link
5/7/2022 02:35:49

Hello mate niice blog

Responder



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia