Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

3.000 queixeiros do mundo 'en liña' coa Festa do Arzúa

8/3/2021

0 Comentarios

 
46 Feira do Queixo Arzúa / R.Roldán/ queixosdegalicia.com
A 46 Festa do Queixo Arzúa foi transmitida en streaming na súa totalidade

A 46 Feira do Queixo Arzúa pechou edición coa participación de máis de 3.000 afeccionados que ao longo do pasado fin de semana se achegaron pola rede de internet aos actos programados para o encontro anual da exaltación do produto.  Houbo usuarios activos 'en liña' o sábado e o domingo procedentes de países como Arxentina, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Francia, Italia, Holanda, Suíza Bélxica ou Rusia. Foron moitas tamén as conexións desde múltiples puntos de España. En 48 horas, os novos visitantes representaron o 84% do total das entradas.

O Concello de Arzúa -organizador do evento- denominou esta 46ª edición como 'XS', por estar dedicada especialmente aos nenos e tamén polo seu programa de pequeno formato e adaptado este ano para celebrarse totalmente 'en liña', coa retransmisión en streaming desde a web www.festadoqueixo.org

Un pregón colaborativo

O programa arrancou o sábado, 6 de marzo, cun pregón compartido, protagonizado e escrito de xeito colaborativo polo alumnado dos centros educativos de Arzúa. O pregón completo lérono desde a capela da Madalena un representante de cada centro. Aurora Varela,  concelleira de Cultura inaugurou o acto e deulle paso a Hugo Mera, de 3º da ESO do IES de Arzúa; a Manuel Alamancos Balboa, do colexio Nosa Señora do Rosario; a Celia Zapata, de 5º de Primaria do CEIP de Arzúa;  e a María Senín, que cursa o 1º ciclo de actividades comercias no centro EFA Piñeiral. A mecánica consistiu en que un dos cursos -a elixir polo propio centro- redactara unha parte do  pregón para que o continuase o seguinte.

As actividades continuaron o sábado cos showcookings 'Desde Arzúa, con amor e queixo', desenvolvido por tres restaurantes e un centro educativo arzuán. Desde as  12 da mañá, abriron as demostracións os restaurantes 1930, Hotel Boutique e Casa Chelo. Nelssy Soriano, do 1930 Hotel Boutique inaugurou fogóns desde a cociña do recinto feiral Terra do Queixo, preparando 'O Tótem, un entrepán de dobre tradición galega'. A continuación, María José Sanmartín de Casa Chelo, foi a cociñeira encargada de pechar as demostracións do sábado preparando unha 'diferente ensalada temperada con sardiñas afumadas e queixo de Arzúa'.

O domingo, a demostración de cociña iniciouna Pilar Rodríguez, do restaurante Fonte do Picho, coa receita 'Arroz meloso con polbo e queixo Arzúa-Ulloa'. Para rematar, Luisa Sánchez e María García da EFA Piñeiral, prepararon unha doce sobremesa amosando a receita 'Doces campos de Arzúa-Ulloa'.

Na tarde do sábado, celebrouse tamén a charla 'Os queixos galegos no tempo da covid', no set instalado na Capela da Madalena, un debate entre os representantes dos Consellos Reguladores dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida, Arzúa-Ulloa e Queixo do Cebreiro. A organización considerou citar en Arzúa aos catro representantes dos queixos con DOP, pero, por dificultades de última hora, dous dos consellos non puideron estar fisicamente  presentes.

Festival do Queixo

No eido musical, o Festival do Queixo - igualmente denominado XS- programou dous concertos, un para rematar cada xornada. Ortiga pechou a  do sábado. Alma dueto fixo o propio o domingo, pechando a festa, que se celebra sen interrupción desde 1976.
​
46 Festa do Queixo Arzúa / R.Roldán/queixosdegalicia.coma
Alumnos dos centros educativos de Arzúa protagonizaron un pregón compartido
46 Feira do Queixo Arzúa / R.Roldán/queixosdegalicia.com
Na edición non faltaron demostracións culinarias dos restaurantes da zona. Na foto, Nelssy Soriano, do 1930 Hotel Boutique
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia