Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

4.000 visitantes e 7.000 terrinas de requeixo vendidas na  Capela

27/8/2017

0 Comentarios

 
Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
A Cooperativa Campo Capela vendeu este domingo queixos por arredor de 7.000 euros
Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.comO profesor Francisco Sineiro, pediu para o agro o protagonismo que merece
A XXIX Festa do Requeixo da Capela pechou edición con 7.000 terrinas vendidas, éxito de asistentes un ano máis e cumpriu a aspiración de aglutinar nun único recinto todo o feiral. O tempo, caloroso ata entrada a tarde,  tornou en forte treboada e choiva abundante a partir das cinco, o que restou un bo número de visitantes e vendas. Aínda así, calculan os organizadores que acudiron unhas 4.000 persoas tan só pola mañá. O requeixo local volveu estar presente na sobremesa, nesta ocasión tamén como base na elaboración dun acertado xeado e na preparación dunha hamburguesa recomendada para gourmets.   

Ademais dos queixos locais, que xunto co requeixo presenta cada ano a Cooperativa Campo Capela, sempre acoden a este encontro fabricantes que buscan achegar os seus queixos a novos mercados, como foi o caso nesta ocasión de 'Touza Vella', unha queixería do concello ourensán de Castro Caldelas que presenta unha tan variada como interesante oferta de produtos elaborados a partir do leite de cabra,  que se poden encontrar en tiendas especializadas de toda Galicia.  

´Campo Capela' que elabora lácteos artesáns de leite cru de vaca, oferta múltiples productos ademais do requeixo e da crema de requeixo, como son o queixo tetilla, o queixo con chourizo celta, o queixo con herbas aromáticas, o queixo con aceite e pemento picante ou a torta de requeixo, sen olvidar outros produtos como a manteiga, a nata fresca, o licor de queixo, o soro natural, o mel que acompaña ao requeixo ou as marmeladas artesás.

E non falta un queixo tenro que non fai máis que aumentar en vendas e en premios (xa van tres) que ten no café e na canela dous dos seus segredos: o queixo ‘mouro', segundo lembrou no propio campo da festa a xerente da Coperativa Campo Capela, Ana Vence, quen non dubidou en resaltar a nova proposta do 'Congreso do Bo Comer' que se celebrou o pasado venres -co que se pode falar xa de tres días adicados á festa- con cinco relatores en diversos temas que tiveron co público asistente unha gran interrelación. Ou sexa, que haberá nova edición en 2018.

A falta de coñecer os datos do que poden supoñer os contactos nos postos de maquinaria -que conlevan, en todo caso, vendas a posteriori- as pequenas operacións de venta directa deste feiral  estima Ana Vence que se poden situar  arredor dos 40.000 euros.  Na venda de queixos 'Campo Capela' avanza a súa xerente unha cifra estimativa na xornada dominical duns 7.000 euros.

Pregón de Francisco Sineiro

O pregoeiro deste ano foi  o profesor titular da Universidade de Santiago, enxeñeiro agrícola e exconselleiro de Agricultura Francisco Sineiro, quen lembrou o requeixo como “un produto natural e saudable que leva o mellor destas terras do Eume".  Dixo que o leite, o requeixo e o  queixo comparten co pan e co viño un grupo de alimentos que foron básicos para a alimentación de moita xente en moitas sociedades, entre elas a nosa.
​
Sinalou tamén que o sector lácteo é básico en moitas economías das comarcas  de Galicia. Insistíu que é o fundamental agora e que o siga sendo cara ao futuro, superando problemas como os prezos que reciben os produtores, que non son negociados e que "aínda non están á altura do que logo pagamos os consumidores".  Reclamou así mesmo máis terras para uns agricultores que poidan ser menos dependentes da compra de alimento e falou da necesidade dunha industria para un país que é o primeiro produtor pero que "ten un papel marxinal na industria láctea".

Xeado de requeixo, hamburguesa con queixo fundido
​

Entre as múltiples propostas desta festa, estivo tamén o domingo na Capela a do chef Antonio Díaz, do resturante Andarubel, instalado en pleno corazón das Fragas do Eume. O cociñeiro traballa con "produtos locais, de proximidade" e coas  razas autóctonas -entre elas a  vaca cachena- .

​No seu restaurante, un dos produtos estrela sempre foi o queixo da comarca. Na xornada dominical ofreceulle Antonio Díaz aos visitantes  á festa  os recoñecidos 'bicos de xeado', de Granxa Cancelo- un xeado de requeixo que non para de gañar adeptos- ou as non menos interesantes hamburguesas elaboradas con carne de vaca  cachena  e un bo taco de queixo cremoso fundido,  nesta ocasión  da Capela.

Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
O chef Antonio Díaz-á dereita-, en plena faena no feiral, mostra un xeado elaborado con requeixo Campo Capela
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia