Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

53 fabricantes na 48 Festa do Queixo de Arzúa

24/2/2023

0 Comentarios

 
48 Festa do Queixo de Arzúa / queixosdegalicia.com
Os artífices do feiral presentaron hoxe en Arzúa o programa da 48 Festa do Queixo
G.S.L.

A 48 Festa do Queixo de Arzúa pechou cartel. Hoxe presentouse na vila coruñesa a programación completa, que concentra as principais actividades no 3,4 e 5 de marzo. Todo adornado nos días previos cun amplo abano de convocatorias que teñen  na cultura un importante soporte, sen esquecer as propostas relacionadas co mundo educativo -con catas comentadas ou unha campaña de sensibilización medioambiental-. Exposicións, un estudo sobre comercialización e valorización de produtos con denominación ou o concurso de tapas e petiscos, son igualmente reclamos para os próximos días. E para os amantes dos queixos, 53 fabricantes no recinto feiral cos seus mellores produtos.

Na presentación, lembrou o alcalde do municipio coruñés, Xosé Luis García, que foron invitados para a ocasión veciños dos concellos galegos de Boimorto e Melide para promocionar as súas festas. Dixo tamén que todo o queixo que se venda no recinto feiral Terra do Queixo contará cos obrigados rexistros sanitarios e, como "herdanza" da pandemia, quedarán medidas como o control de acceso e o límite de aforo no recinto feiral e na carpa destinada aos eventos musicais.

O queixo, espíritu da festa

Xosé Luis García explicou que a filosofía e o espíritu da festa vai seguir sendo a proxección do queixo arzuán, e expresou a súa decepción polo escaso interese amosado pola Administración autonómica no apoio do feiral. Advertiu, neste senso, que non é a súa intención "andar mendigando" tres ou catro mil euros para un evento dun innegable prestixo, "que están copiando noutros sitios".

Medrando ao 5,2%

O queixo Arzúa-Ulla volveu marcar en 2022 un novo récord de facturación, con 4.240.000 etiquetas expedidas e un aumento das vendas do 5,2%. Estes bos datos de crecemento sostido permiten que a Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa  manteña a primeira posicion na produción en leite de vaca de España e a segunda en produción xeral, con 1.500 explotacións vencelladas a un sector que o presidente deste consello regulador, Xosé Luis Carrera, non dubidou en cualificar de "estratéxico".

Xosé Luis Carrera, desvelou na presentación da 48 Festa do Queixo de Arzúa, que despois de 24 anos á fronte do consello regulador da DOP, "toca xa o relevo". Nas próximas semanas, coñecerase, previsiblemente, o novo titular. 
​
48 Festa do Queixo Arzúa / queixosdegalicia.comFoto
O presidente do consello regulador da DOP Arzúa-Ulloa (á dereita) adiantou na presentación que despois de 24 anos "toca relevo" no cargo
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia