Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

A Capela: requeixo para a sobremesa de 5.000 visitantes

26/8/2018

0 Comentarios

 
Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
A XXX Festa do Requeixo da Capela proxectou unha especial atención polo mundo rural
A Festa do Requeixo da Capela congregou hoxe a máis de 5.000 persoas na súa trixésima edición, na que se puxeron á venda arredor de 6.000 terrinas deste prezado produto da comarca coruñesa do Eume. A xornada estivo marcada polo bo tempo e por unha ampla oferta expositora, con  28 vendedores nas carpas e outros 60 repartidos por todo o recinto feiral.

Entre as novidades, este ano acudiron representacións da denominación de orixe Rías Baixas e da Ribeira Sacra. A ambientación da festa foi nesta ocasión, "moi rural", segundo resaltou a xerente da Cooperativa Campo Capela, Ana Vence, xa que se pretendeu facer un encontro con múltiples connotacións ao campo galego e cunha orientación destinada tamén aos nenos, con xogos como un laberinto e outros motivos como un tractor ou unha vaca e unha araña xigantes, todo elaborado a partir de pacas e rolos de herba seca.

A Cooperativa Campo Capela, que xunto co concello e coa colaboración veciñal, organizan este encontro, sacou este ano un novo produto, un queixo de inverno que non estivo hoxe á venda, xa que se fixo con leite recollido entre setembro e marzo e xa se esgotou.

O pregón

O pregón deste ano estivo adicado ao mestre e escritor Xabier P. Docampo, finado o pasado mes de xuño na Coruña. Foi pronunciado polo seu fillo, Xabier, fotógrafo e ilustrador, que teceu a historia voltando a moito tempo atrás, antes de que houbera gando na casa.
Argumentou que o único vestixio que ao parecer hai no mundo dese proceso no que o gando pasou de ser bravo a doméstico está en Galicia. Aquí atopouse o corpo dunha muller que os científicos lle puxeron de nome Elba. Era persoa nova e morreu nun accidente cando a  acompañaban bois e vacas, que daquela aínda eran salvaxes e as vacas aínda non se deixaban muxir.

Puxo  o pregoeiro a Elba nesta historia como a inventora dos nomes dos animais, un primeiro e fundamental paso para a súa domesticación, aínda que tiveran que pasar miles de anos para que as vacas chegaran a deixarse munguir. E lembrou que concluíron os científicos que aínda que non era do lugar onde morrera, Elba perdeu a vida "nun terreo de rochas graníticas, como é A Capela e de gando salvaxe que aquí tanto hai".

Receitas con requeixo

Para a ocasión, convocouse tamén unha nova edición do concurso de receitas con requeixo, tanto para pratos doces como para para pratos salgados, con premios para os dous primeiros clasificados.
​
Houbo igualmente exposicións de artesanía ou maquinaria agrícola, degustación de produtos, e boa música durante toda a xornada, que rematou cunha noite folk amenizada por 'Tiruleque' e 'A Roda'.
Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
O fotógrafo profesional Xabier Puente, adicou o pregón ao seu pai, Xabier P. Docampo, recentemente falecido
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia