Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Entregados os premios da Cata dos Queixos de Galicia 2014 

12/12/2014

0 Comentarios

 
Cata de Queixos 2014 / queixosdegalicia.com
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a entrega dos premios da Cata dos Queixos de Galicia 2014
Rosa Quintana / queixosdegalicia.comParticipou a conselleira Rosa Quintana (á dereita)
Santiago, 12 de decembro de 2014.-  As marcas Semana Verde (Tetilla), Ruta Xacobea (Arzúa-Ulloa), Don Gabino (San Simón da Costa) e Castelo (Cebreiro) foron as gañadoras da XVII Cata dos Queixos de Galicia. Na modalidade Arzúa-Ulloa Curado, o primeiro premio e correspondente distinción de ouro recaeu na marca Terra de Melide, elaborada por a industria queixeira Lácteos Terras de Melida S.L.

No acto de entrega dos premios, celebrado hoxe  na Cidade da Cultura, o presidente  da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse aos premiados da cata deste ano como a proba de que no rural galego hai oportunidades e que “segue a ser un espazo xerador de riqueza e emprego", dixo.

Participaron  nestas nova edición 59 queixos, 24 de Queixo de Tetilla, 22 de Arzúa-Ulloa, dez de San Simón da Costa e tres de Cebreiro. As catro  denominacións de orixe galegas colocaron no mercado en 2013 case cinco millóns de quilos de queixo, o que supón aproximadamente o 25% da producción autonómica, cun volume de facturación de 32 millóns de euros. 

Excelencia e calidade
Durante a entrega dos premios da XVII Cata dos Queixos de Galicia e da XIII Cata dos Meles de Galicia, que este ano rexistraron un récord de participación, Feijóo afianzou o compromiso da Xunta na mellora da produtividade, competitividade e posta en valor dos produtos do sector. “Estamos comprometidos coa mellora da produtividade, coa transformación, coa comercialización e coa promoción dos produtos do sector agroalimentario”, manifestou.

Recalcou tamén o titular do Goberno Autonómico a excelencia e a calidade dos produtos galegos que "ofrecemos aos visitantes", argumentando que a enogastronomía é o segundo motivo polo que os viaxeiros escollen Galicia e apuntou que, segundo as enquisas, un de cada tres turistas asegura que a gastronomía é o principal factor de atracción da  comunidade autónoma. 

Cata a cegas
Esta cata a cegas anual de queixos de Galicia está organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración coas catro denominacións de orixe protexidas. Celebrouse na tarde do mércores 3 de novembro e na mañá do xoves 4. O sistema de cata a cegas garante o anonimato das mostras durante todo o proceso, de xeito que os queixos premiados non se coñeceron ata hoxe,  día da entrega de premios.

Doce expertos en análise sensorial encargáronse de escoller os mellores queixos das catro Denominacións de Orixe Protexidas (D.O.P.) recoñecidas en Galicia. Neste grupo de catadores, ademais de varios membros do panel dos queixos de Galicia e mestres de hostelería, había escritores  expertos na arte da gastronomía e cociñeiros e cociñeiras especialistas en pratos elaborados cos queixos obxecto da cata, algún deles con estrela Michelín incluída. 



Os premiados na Cata 2014

Premios cata de queixos / queixosdegalicia.com
Premios cata de queixos / queixosdegalicia.com
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia