Queixos de Galicia
  • Inicio
  • Arzúa-Ulloa
  • Cebreiro
  • San Simón Costa
  • Q. Tetilla
  • Ecolóxicos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces

Agosto sabe a requeixo na Capela

12/8/2017

0 Comentarios

 
Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
O requeixo da Capela, ao igual que o queixo de Tetilla da imaxe, da cooperativa local, elabórase con leitre cru
Os axustes finais fan que festas como a do Requeixo da Capela -que entra na súa XXIX edición- reteñan ata uns días antes o cartel anunciador e o groso do programa de actos,   pero unha cousa vén sendo segura ano tras ano, que o encontro se celebra cada último domingo do mes de agosto, que  a asistencia se segue a contar por milleiros de visitantes e que son moitos os  amantes do queixo os que se achegan ata este municipio coruñés para degustar no lugar un produto xenuíno, elaborado con leite de vaca cru, que sabe ao requeixo de sempre destas terras.  

O rexedor municipal da Capela, Manuel Meizoso, que leva camiño dos seis anos na alcaldía e, polo tanto, organizando xunto coa Cooperativa de produtores 'Campo Capela' a Festa do Requeixo, planea seguir o labor dos seus antecesores, mantendo o encontro, pero buscando darlle "un impulso máis".
Na súa opinión, proxectos como o da cooperativa "están na boa dirección",  polo que  aposta por que a fábrica de queixo e de requeixo se vexa recompensada con novos logros, con máis produtos, vendas e empregos.  

Está tamén  na mente dos impulsores deste encontro anual establecer un concurso entre os máis pequenos para que sexan eles os encargados de preparar o cartel anunciador do feiral, co que se contribuirá a involucralos  na festa.

O obxectivo neste último ano foi darlle un impulso  ao feiral, intentando congregar a todos os visitantes nunha soa área, porque o espazo estaba a quedar cada vez máis pequeno e "non reflectía a asistencia real no campo da festa", sinala o alcalde, que xa na Festa do Requeixo de 2016 insistía  na conveniencia de congregar toda a actividade nun espazo único.  Este ano cabe a posibilidade de que poida presentarse xa a festa no seu conxunto, tal e como é en realidade, posto que o recinto utilizado ata agora permitía meter uns 30  postos, pero fóra quedaban uns 50. Ademais da maquinaria, que son outros nove ou dez postos máis.
​
Recursos
 No plano económico, para impulsar o proxecto, están os 12.000 euros que aportou na edición de 2016 o propio concello, e os 6.000 da Deputación Provincial. Logo está a fundamental colaboración do vecindario, que aporta gratuitamente os terreos para a celebración do feiral e a súa colaboración, igualmente desinteresada, para a montaxe de todo o proxecto. "Gracias aos veciños se pode montar isto", destaca o rexedor municipal.

Un ano con outro, polo recinto da festa, na parroquia das Neves, pasan, en números redondos, uns 10.000 visitantes, fronte a unha poboación que, segundo os datos estatísticos de 2010 , ascendía a 1.399 en todo o municipio, cunha baixada  a agosto de 2016 a 1.334. A razón, segundo Manuel Meizoso hai que buscala básicamente na caída demográfica, con máis decesos que nacementos.  A media é a unha  perda de dez a 12 persoas anuais.
​
O sector primario, base da actividade do municipio, combinouse durante moitos anos co sector naval e con Endesa (As Pontes). Pero a xente nova non está apostando polo agro, segundo o alcalde, porque traballando “as 24 horas do día” gaña menos que o que ofrecen algunhas empresas, con setecentos ou oitocentos euros mensuais. O reto, polo tanto, debe estar en recuperar para a actividade local a esta xente, con empregos de calidade.

Festa do Requeixo da Capela / queixosdegalicia.com
O alcalde da Capela, Manuel Meizoso, xunto coa xerente da Cooperativa 'Campo Capela', Ana Vence, nunha entrevista para a Televisión de Galicia
0 Comentarios



Dejar una respuesta.

    Logo Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Queixos de Galicia / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina / queixosdegalicia.com
    Código QR da páxina web

    Autor

    Blog de novas de actualidade do portal web queixosdegalicia.com



    Conselleria do Medio Rural / queixosdegalicia.com

    Galicia Calidade / queixosdegalicia.com


    Archivos

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Diciembre 2022
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Agosto 2022
    Julio 2022
    Junio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Julio 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Julio 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Febrero 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Febrero 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014


    Categorias

    Todos
    Agricultura Ecolóxica
    Cata Dos Queixos
    Concurso De Pinchos
    Cooperativa Caprina Gallega
    Craega
    Ecolóxicos
    García Baquero
    Inés Abril
    J. A. Fernández
    Javier Piñeiro
    Palas De Rei
    Portomeñe
    Produtos Ecolóxicos
    Queixos Da Chaira
    Queixos Ecolóxicos


    Fuente RSS


Imagen
Aviso Legal                        Privacidade                           Política de cookies                                   O Portal dos Queixos de Galicia. Por Queixos de Galicia